From Wikipedia, the free encyclopedia
Ángela Pumariega Menéndez, nada o 12 de novembro de 1984 en Xixón, é unha regatista española do Real Club Astur de Regatas[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ángela Pumariega Menéndez 12 de novembro de 1984 (40 anos) Xixón, España |
Educación | Universidade Católica San Antonio de Murcia (2018–2019) Universidade de Oviedo - economía (2003–2009) Colegio de la Inmaculada (2001–2002) |
Altura | 165 cm |
Peso | 60 kg |
Actividade | |
Ocupación | regatista |
Partido político | Partido Popular |
Deporte | vela |
Participou en | |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
Premios | |
Comezou a competir en Vela lixeira con 6 anos e iniciou a súa formación na clase internacional Optimist, pasando logo a Cadet e posteriormente a Snipe. Nesta última clase foi onde comezou a destacar, e foi elixida por Félix Gancedo para os campionatos do mundo e de Europa de categoría máster en 2004.
En 2008, con Carmen Mateo de tripulante quedou sétima no campionato do mundo feminino de Snipe, e con Nuria Lacera gañou a Copa de España desa mesma clase[2].
Na modalidade Match Race, compartindo tripulación coas galegas Támara Echegoyen e Sofía Toro, foi campioa de España en 2010 e 2011[3], campioa iberoamericana en 2010[4] e campioa de Europa en 2011[5]. Así mesmo, tamén coas dúas galegas como compañeiras, conseguiu a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2012 nesta mesma modalidade[6], con barcos da clase Elliott 6m, sendo esta a primeira vez que se introduciu o match race na categoría feminina nuns Xogos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.