From Wikipedia, the free encyclopedia
O factor de crecemento epidérmico (EGF, do inglés epidermal growth factor) é un factor de crecemento que estimula o crecemento, proliferación, e diferenciación celular ao unirse co seu receptor, que é o EGFR. O EGF humano é unha proteína de 6045 Da[1] formada por 53 residuos de aminoácidos e con tres pontes disulfuro intramoleculares.[2]
Estrutura de RMN coas cores do arco da vella da EGF de rato (N-terminal = azul, C-terminal = vermello). PDB 1a3p | |
Identificadores | |
Símbolo | EGF |
Símbolos alt. | HOMG4; URG |
Entrez | 1950 |
OMIM | |
RefSeq | NP_001171601 |
UniProt | P01133 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 4 :(109.91 – 110.01 Mb) |
O EGF foi descrito orixinalmente de forma independente como un péptido segregado atopado nas glándulas submaxilares de rato e na urina humana. Inicialmente, o EGF humano coñecíase co nome de urogastrona.[3]
O EGF orixina a proliferación, diferenciación, e supervivencia celular.[4] O EGF é un polipéptido de baixo peso molecular que foi purificado primeiramente da glándula submaxilar de rato, pero que desde entón se encontrou en moitos tecidos humanos incluíndo as glándulas submandibulares e parótides. O EGF salivario, que parece estar tamén regulado polo iodo inorgánico da dieta, tamén xoga un importante papel fisiolóxico no mantemento da integridade dos tecidos gástricos e oroesofáxico. Entre os efectos biolóxicos do EGF salivario están a curación das úlceras gastroesofáxicas e orais, a inhibición da secreción ácida gástrica, a estimulación da síntese de ADN e tamén a protección das mucosas dos factores daniños intraluminais, como o ácido gástrico, ácidos biliares, pepsina, e tripsina e axentes físicos, químicos, e bacterianos.[5]
O EGF pode encontrarse na urina, saliva, leite, e plasma.[6] A produción de EGF é estimulada pola testosterona.
O EGF actúa uníndose con alta afinidade ao receptor do factor de crecemento epidérmico (EGFR) situado na superficie celular. Isto estimula a dimerización inducida por ligando,[7] activando a actividade de proteína tirosina quinase intrínseca do receptor. A actividade de tirosina quinase, á súa vez, inicia unha fervenza de transdución de sinais que ten como resultado diversos cambios bioquímicos na célula: aumento nos niveis de calcio intracelular, incremento da glicólise e a síntese de proteínas, e un aumento da expresión de certos xenes, como o xene do EGFR. Estes cambios finalmente levan a estimular a replicación do ADN e a proliferación celular.[8]
O EGF é o membro fundador da familia de proteínas de EGF. Os membros desta familia proteica teñen características funcionais e estruturais moi similares. Ademais do propio EGF, outros membros da familia son:[9]
Todos os membros da familia conteñen unha ou máis repeticións da secuencia de aminoácidos conservada seguinte:
onde X representa calquera aminoácido.[9]
Esta secuencia contén 6 residuos de cisteína que forman tres pontes disulfuro intramoleculares. A formación de pontes disulfuro xera tres bucles estruturais que son esenciais para a alta afinidade de unión entre os membros da familia de EGF e ao seus receptores da superficie celular.[10]
Observouse un incremento da actividade do receptor do factor de crecemento epidérmico (EGFR) en certos tipos de cancro, a miúdo correlacionado con mutacións no receptor e funcionamento anormal como a sinalización do receptor constitutiva independente dos niveis de EGF ou da unión do EGF.[11] Por iso, o EGF e o EGFR foron aproveitados para desenvolver métodos de obtención de imaxes e terapias dirixidas a diana contra cancros que sobreexpresan o EGFR.
Entre os fármacos desenvolvidos para inhibir o receptor do EGF están gefitinib, erlotinib, afatinib e osimertinib para o cancro de pulmón, e Cetuximab para o cancro de colon. Os inhibidores de EGFR son inhibidores da tirosina quinase ou anticorpos monoclonais que fan que vaia máis lento ou deteñen o crecemento celular. CimaVax-EGF orixina a produción de anticorpos contra o propio EGF, o que priva aos cancros dependentes de EGFR dun estímulo proliferativo;[12] está en uso como terapia anticancerosa contra o cancro de pulmón de células non pequenas, e están realizándose máis ensaios para obter unha posible licenza no Xapón, Europa, e os Estados Unidos.[13]
Desenvolvéronse axentes para obter imaxes que identifican doadamente os cancros dependentes de EGFR usando EGF marcado[14] ou anti-EGFR.[15]
O EGF presenta interaccións co EGFR.[16][17]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.