Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A proliferación celular é o proceso polo cal unha célula crece e se divide para producir dúas células fillas.[1][2][3][4] A proliferación celular leva a un aumento exponencial no número de células e é, por tanto, un mecanismo rápido de crecemento dos tecidos. A proliferación celular require xeralmente á vez un crecemento celular e a división celular, de tal maneira que o tamaño das células permanece constante na poboación de células. Nalgúns casos, a división celular pode ocorrer sen crecemento celular, producindo células progresivamene máis pequenas (como na segmentación do cigoto nas primeiras fases embrionarias), pero tmén hai casos en que se produce crecemento celular sen división celular, orixinando unha célula máis grande (como no crecemento das neuronas). Por conseguinte, proliferación celular non é sinónimo de crecemento celular nin de división celular, a pesar de que estes termos ás veces e usen indistintamente.[5]
As células nais experimentan unha proliferación celular para producir células fillas proliferantes "amplificadoras do tránsito" que posteriormente se diferencian para construír tecidos durante o desenvolvemento normal e crecemento dos tecidos, durante a rexeneración de tecidos despois de lesións ou no cancro.
O número total de células nunha poboación está determinado pola taxa de proliferación celular menos a taxa de morte celular.
O tamaño da célula depende tanto do crecemento celular coma da división celular, xa que un incremento desproporcionado na taxa de crecemento celular leva á produción de células máis grandes e un aumento desproporcionado na taxa de división celular orixina a produción de moitas células máis pequenas. A proliferación celular tipicamente implica unhas taxas de crecemento e división celulares equilibradas que manteñen un tamaño celular aproximadamente constante na poboación de células en proliferación exponencial. A proliferación de células ocorre ao combinar o crecemento celular con ciclos celulares "G1-S-M-G2" regulares para producir moita proxenie de células diploides.
En organismos unicelulares, a proliferación celular é en gran medida responsable da dispoñibilidade de nutrientes no ambiente (ou medio de crecemento do laboratorio).
En organismos multicelulares, o proceso de proliferación celular está estritamente controlado polas redes de xenes regulatorios codificados no xenoma e executado principalmente por factores de transcrición, incluíndo os regulados por vías de transdución de sinais desencadeadas por factores de crecemento durante a comunicación célula-célula no desenvolvemento. Recentemente, tamén se demostrou que o metabolismo do bicarbonato celular, que é responsable da proliferación celular, pode ser regulado pola sinalización de mTORC1.[6] [4] Ademais, a captación de nutrientes en animais pode inducir a produción de hormonas circulantes da familia da insulina/IGF-1, que tamén se considera que funcionan igual que factores de crecemento, e que promoven a proliferación celular en células de todo o corpo susceptibles.
A proliferción celular incontrolada, cun incremento da taxa de proliferación, ou unha incapacidade de que as células paren a súa proliferación no momento normal, é a causa dos cancros.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.