Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os factores de crecemento ou GF (do inglés growth factors) chamados tamén "factores tróficos" son un conxunto de substancias, a maioría de natureza proteica que, xunto coas hormonas e os neurotransmisores, desempeñan unha importante función na comunicación intercelular[1]. A función principal dos factores de crecemento é o control externo do ciclo celular, mediante o abandono da quiescencia celular (fase G0 do ciclo) e a entrada da célula en fase G1. O aumento do tamaño celular é tamén estimulado ao incrementarse a síntese proteica, xunto coa proliferación celular.[2]
A función dos factores de crecemento non só é estimular a proliferación celular por medio da regulación do ciclo celular iniciando a mitose, senón tamén manter a supervivencia celular, estimular a migración celular, a diferenciación celular e mesmo a apoptose.
Os factores de crecemento desempeñan a súa función a moi baixa concentración nos líquidos corporais, da orde de picogramos. Actúan uníndose a receptores celulares situados na membrana celular que transmiten o sinal do exterior ao interior da célula, mediante o acoplamento de diferentes proteína quinases que se fosforilan e que activan unha fervenza de sinais que acaba coa activación dun ou varios xenes (transdución de sinais).
A función dos factores de crecemento está regulada por diferentes mecanismos que controlan a activación xenética como:
En estudos con cultivos celulares descubriuse que os factores de crecemento son transportados polo soro. Son producidos por gran número de células e os requirimentos son moi variables entre diferentes células. Para que as células proliferen nun cultivo cómpre a existencia de soro que achegue os factores de crecemento e as moléculas de adhesión celular como a fibronectina e a vitronectina, e nutritivas como lipoproteínas e a transferrina, xunto con nutrientes: aminoácidos, ións, moléculas enerxéticas.
Os principais son:[3]
Nas dúas últimas décadas o uso terapéutico dos factores de crecemento foise incrementando, e actualmente úsanse en tratamentos de doenzas hematolóxicas e oncolóxicas como :
Ás veces os termos "factor de crecmento" e "citocina" úsanse case como sinónimos entre os científicos.[4] Historicamente, as citocinas foron asociadas con células hematopoéticas (formadoras de sangue) e células do sistema inmunitario (como linfocitos e células do bazo, timo, e ganglios linfáticos). No sistema circulatorio e na medula ósea, onde as células poden atoparse en suspensión líquida e non unidas a un tecido sólido, tiña senso que as células se comunicasen por medio de moléculas proteicas solubles circulantes. Porén, a medida que diversas liñas de investigación converxeron, empezou a parecer claro que algunhas das mesmas proteínas de sinalización das células dos tecidos hematopoéticos e inmunitarios tamén se utilizaban por todo tipo de células doutros tecidos, durante o desenvolvemento e tamén no organismo adulto.
Mentres que o termo factor de crecemento implica un efecto positivo na división celular, o termo citocina é un termo neutro en canto a se a célula afecta ou non á proliferación. Algunhas citocinas poden ser factores de crecemento, como G-CSF e GM-CSF, pero outras mesmo teñen un efecto inhibitorio sobre o crecemento e proliferación celular. Algunhas citocinas, como o ligando de Fas, utilízanse como sinais de "morte", xa que causan que as células diana sufran unha morte celular programada ou apoptose.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.