Dinastía Han
dinastía chinesa From Wikipedia, the free encyclopedia
dinastía chinesa From Wikipedia, the free encyclopedia
A dinastía Han (chinés tradicional: 漢朝, chinés simplificado: 汉朝) gobernou China dende o 206 a. C. ata o 220 d.C. marcando un período de prosperidade económica e cultural e unha expansión territorial na Historia da China. Foi precedida pola dinastía Qin (221–206 a.C.) e seguiuna o período dos Tres Reinos (220-280 d.C.)
漢朝 (zh) | |||||
Epónimo | Han (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Luoyang (pt) (25–190 (Gregoriano)) Chang'an (190 (Gregoriano)–195 (Gregoriano)) Luoyang (pt) (196–196) Xuchang (en) (196 (Gregoriano)–220 (Gregoriano)) Chang'an (202 a. C.–9) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 59.594.978 (2) (9,93 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 6.000.000 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 206 a. C. | ||||
Disolución | 220 | ||||
Sucedido por | Cao Wei, Shu Han (pt) e Wu Oriental (pt) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía | ||||
Durante a dinastía Han, os seus reis adoptaron os ensinos dos grandes filósofos da antigüidade, Lao Zi e Confucio. O goberno desenvolveuse ben logrando expansión territorial. Fomentouse a educación e a escritura co recentemente inventado papel de arroz. Propiciouse un grande intercambio de mercadorías pola ruta da seda, que vai do océano Pacífico ata Persia e a India. A China converteuse oficialmente nun Estado confuciano e prosperou no ámbito interno: a agricultura, os produtos manufacturados e o comercio floreceron, e a poboación chegou aos 50 millóns. Entrementres, o imperio estendeu a súa influencia cultural e política sobre os actuais Vietnam, Asia central, Mongolia e Corea antes de se derrubar baixo unha combinación de presións internas e externas. O primeiro dos dous períodos da dinastía, chamado Dinastía Han Anterior (前漢朝, qián hàn cháo) ou Dinastía Han Occidental (西漢朝, xī hàn cháo) que durou ata o ano 9, tivo a súa capital en Chang'an (actual Xi'an, provincia de Shaanxi). A Dinastía Han Posterior (後漢朝, hòu hàn cháo) ou Dinastía Han Oriental (東漢朝, dōng hàn cháo), que durou do 25 ao 220, tivo a súa capital en Luoyang. A convención de denominalas occidental e oriental úsase hoxe en día para evitar a confusión coa dinastía Han do período das Cinco Dinastías e os Dez Reinos, aínda que a nomenclatura de anterior/posterior se usaba nos textos históricos, incluíndo en Zizhi Tongjian de Sima Guang. A dinastía foi fundada pola familia Liú (劉).
Os logros intelectuais, artísticos e literarios reviviron e floreceron durante a dinastía Han. O período Han produciu o historiador máis famoso da China, Sima Qian (145 a.C. - 87a.C.?), cuxas Memorias históricas provén unha crónica detallada desde os tempos da lendaria dinastía Xia a aqueles do emperador Wu (141a.C. - 87 a. C.). Os avances tecnolóxicos tamén marcaron este período. Un dos grandes inventos chineses, o papel, data da época Han.
Sería correcto afirmar que os imperios contemporáneos dos Han e os romanos eran os maiores que existían nese momento no mundo coñecido. A pesar de que non había unha relación directa entre os dous, ambos eran conscientes da existencia do outro, e existía un vínculo comercial a través dos outros imperios que existían en Asia Central e que actuaban como intermediarios, como Partia. Era un intercambio bastante desigual; China exportaba especias, teas, e, principalmente, seda. O imperio romano unicamente podía ofrecer ouro e prata en troco, pois non posuían outras manufacturas de interese para os chineses. Un dos poucos contactos directos rexistrados entre ambos os imperios aparecen no Hou Hanshu onde se conta que un convoi romano representando a Antonino Pío alcanzou a capital Luoyang e foi recibido polo emperador Huan.
A dinastía Han, que deu nome ao principal grupo étnico da China, "Os Han", foi notable tamén polo seu poderío militar. O imperio expandiuse cara ao oeste ata chegar á depresión de Tarim (na actual Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang. Os exércitos chineses tamén invadiron e se anexionaron partes do norte da Vietnam e Corea no final do século II a. C. Pero o control por parte dos Hans das rexións periféricas era xeralmente escaso. Para asegurar a paz cos poderes locais fóra da China, a Corte Han desenvolveu un "sistema tributario" mutuamente benéfico. Aos estados non chineses permitíase autonomía a cambio da aceptación simbólica da dominación Han. Os lazos tributarios confirmáronse e reforzáronse a través de ligazóns matrimoniais entre clases altas e intercambios periódicos de agasallos e bens.
Segundo os Rexistros do Gran Historiador, tras o colapso da dinastía Qin o hexemón Xiang Yu nomeou a Liu Bang príncipe do pequeno feudo de Hanzhong, chamado así pola súa localización no río Han (no moderno suroeste de Shaanxi). Tras a vitoria de Liu Bang na disputa Chu-Han, a dinastía Han resultante recibiu o nome do feudo de Hanzhong.[1]
A primeira dinastía imperial da China foi a dinastía Qin (221-206 a.C.), que instaurou as bases da futura China. Os Qin, mediante a conquista militar, unificarón o territorio tras o período dos Reinos Combatentes, pero o seu imperio volveuse inestable despois da morte do seu primeiro emperador, Qin Shi Huang. Xurdiron en todo o país unha serie de revoltas que envolveron campesiños, prisioneiros, soldados e descendentes dos nobres dos nomeados Reinos Combatentes. Chen Sheng e Wu Guang, membros dun grupo de 900 soldados asignados á loita contra os xiongnu,[n. 1] foron os líderes da primeira revolta.
As continuas revoltas e enfrontamentos levaron á caída definitiva da dinastía Qin no 206 a.C., co ascenso ao poder de Xiang Yu, un destacado comandante militar sen coñecemento político, que dividiu China en 18 estados feudais. Como resultado desta división comezou un novo período de catro anos de revoltas e enfrontamentos,[2] e cada un dos dezaoito estados tomou unha posición entre o bando de Xiang Yu e o de Liu Bang.[3] Finalment o ano 202 a.C. as tropas partidarias de Liu Bang derrotan as de Xiang Yu na batalla de Gaixian (actualment Anhui). Como resultado da derrota Xiang Yu suicidase e Liu Bang proclamouse a si mesmo emperador (huangdi) por pedimento dos seus seguidores, e postumamente sería coñecido como emperador Gaozu (r. 202–195 a.C.).[4] Chang'an (actual Xi'an) vai ser elixida como a nova capital de imperio reunificado.[5]
Emprégase a convención de denominar estes períodos como occidental e oriental para evitar a confusión coa dinastía Han do Período das Cinco Dinastías e os Dez Reinos. A nomenclatura de anterior e posterior é empregada en textos históricos como no Zizhi Tongjian de Sima Guang.
.
A principios da dinastía dos Han occidentais (en chinés), tamén coñecido como o Antigo Han (en chinés), no terzo occidental do imperio existían trece comandancias controladas centralmente -incluída a rexión da capital-, mentres que os dous terzos orientais estaban divididos en dez reinos semiautónomos..[6] Para aplacar aos seus destacados comandantes da guerra con Chu, o emperador Gaozu enfeudou a algúns deles como reis.
No ano 196 a.C., a corte Han substituio a todos estes reis menos a un (a excepción estaba no Reino de Changsha) por membros da familia real Liu, xa que se cuestionaba a lealdade ao trono dos non parentes.[6] Tras varias insurreccións dos reis Han -a maior das cales foi a Rebelión dos Sete Estados no ano 154 a.C.-, a corte imperial promulgou unha serie de reformas a partir do ano 145 a.C. que limitaban o tamaño e o poder destes reinos e dividían os seus antigos territorios en novas comandancias controladas centralmente.[7] Os reis xa non podían nomear ao seu propio persoal; este deber foi asumido pola corte imperial.[8][9] Os reis convertéronse en xefes nominais dos seus feudos e recadaron unha parte dos ingresos fiscais como os seus ingresos persoais.[8][9] Os reinos nunca foron abolidos do todo e existiron durante o resto da era Han Occidental e Oriental.[10]
Ao norte da China propia[n. 2], o xefe nómade xiongnu Modu Chanyu (r. 209 174 a.C.) conquistou varias tribos que habitaban a parte oriental da Estepa euroasiática. Ao final do seu reinado, controlaba Manchuria, Mongolia, e a Conca do Tarim, subxugando a máis de vinte estados ao leste de Samarcanda.[11][12][13] O emperador Gaozu estaba preocupado polas abundantes armas de ferro fabricadas por Hanos que se comerciaban cos xiongnu ao longo das fronteiras setentrionais, e estableceu un embargo comercial contra o grupo.[14]
En represalia, os xiongnu invadiron a actual provincia de Shanxi, onde derrotaron ás forzas Han en Baideng no 200 a.C. [15][16]. Tras as negociacións, o acordo heqin de 198 a.C. mantiña nominalmente aos líderes dos xiongnu e hanos como socios iguais nunha alianza matrimonial real, pero os hanos víronse obrigados a enviar grandes cantidades de artigos de tributo como seda, roupa, comida e viño aos xiongnu. [17][18][19]
A pesar do tributo e a negociación entre Laoshang Chanyu (r. 174- 160 a.C.) e o Emperador Wen (r. 180-157 a.C.) para reabrir os mercados fronteirizos, moitos dos subordinados xiongnu do Chanyu optaron por non obedecer o tratado e asaltaban periodicamente os territorios Han ao sur da Gran Muralla en busca de mercadorías adicionais.[21][22][23] Nunha conferencia da corte convocada polo Emperador Wu (r. 141-87 a.C.) no 135 a.C., o consenso maioritario dos ministros foi manter o acordo heqin. O emperador Wu aceptouno, a pesar das continuas incursións xiongnu.[24][25]
Con todo, unha conferencia da corte ao ano seguinte convenceu á maioría de que un enfrontamento limitado en Mayi que implicase o asasinato do Chanyu sumiría ao reino xiongnu no caos e beneficiaría os Han.[26][27] Cando este complot fracasou no 133 a.C.,[28] O emperador Wu lanzou unha serie de invasións militares masivas en territorio xiongnu. O asalto culminou no 119 a.C. na batalla de Mobei, cando os comandantes Han Huo Qubing (m. 117 a.C.) e Wei Qing (m. 106 a.C.) obrigaron á corte xiongnu a fuxir cara ao norte do deserto de Gobi, e as forzas han chegaron tan ao norte como o lago Baikal.[29][30]
Tras o reinado de Wu, as forzas Han continuaron loitando contra os xiongnu. O líder xiongnu Huhanye Chanyu (r. 58-31a.C.) someteuse finalmente a os Han como vasalo tributario no 51 a.C. O pretendente rival de Huhanye ao trono, Zhizhi Chanyu (r. 56-36a.C.), foi asasinado polas forzas Han ao mando de Chen Tang e Gan Yanshou (甘延壽) na batalla de Zhizhi, na actual Taraz, Casaquistán.[31][32]
No ano 121 a.C., as forzas Han expulsaron os xiongnu dun vasto territorio que abarcaba desde o Corredor de Hexi ata Lop Nur. Repeleron unha invasión conxunta dos xiongnu e dos qiangs deste territorio noroccidental no 111 a.C. Nese mesmo ano, a corte Han estableceu catro novas comandancias fronteirizas nesta rexión para consolidar o seu control: Jiuquan, Zhangyi, Dunhuang e Wuwei.[33][34][35] A maioría dos habitantes da fronteira eran soldados.[36] En ocasións, a corte trasladaba pola forza a campesiños a novos asentamentos fronteirizos, xunto con escravos propiedade do goberno e convictos que realizaban traballos forzados.[37] A corte tamén animou aos plebeos, como granxeiros, comerciantes, terratenentes e traballadores contratados, a emigrar voluntariamente á fronteira.[38]
.
Mesmo antes da expansión dos Han por Asia Central, as viaxes do diplomático Zhang Qian do 139 ao 125 a.C. estableceran contactos chineses con moitas civilizacións circundantes. Zhang atopouse con Dayuan (Fergana), Kangju (Sogdiana) e Daxia (Bactriana, antigo reino grecobactriano); tamén recompilou información sobre Shendu (val do río Indo do norte da India) e Anxi (o imperio parto). Todos estes países acabaron recibindo embaixadas Han.[39][40][41][42][43] Estas conexións marcaron o comezo da ruta da seda, rede comercial que se estendeu ata o Imperio Romano, levando artigos Han, como a seda, a Roma e artigos romanos, como artigos de vidro, a China.[44][45]
Entre os anos 115 e 60 a.C. aproximadamente, as forzas Han loitaron contra os xiongnu polo control das cidades-estado dos oasis da conca do Tarim. Os Han acabaron vencendo e estableceron o Protectorado das Rexións Occidentais no 60 a.C., que se ocupaba da defensa e os asuntos exteriores da rexión.[46][47][48][49] Os Han tamén expandironse cara ao sur. A conquista naval de Nanyue no 111 a.C. expandiu o reino Han ao que hoxe son as modernas Guangdong, Guangxi, e norte de Vietnam. Yunnan foi incorporada ao reino Han coas conquista do reino de Dian no 109 a.C., seguida de partes da Península de Corea coa conquista Han de Gojoseon e os establecementos coloniais da comandancia de Xuantu e da comandancia de Lelang no 108 a.C. [50][51] No primeiro censo nacional coñecido da China, realizado no 2 d.C., rexistrouse unha poboación de 57.671.400 individuos en 12.366.470 fogares.[52]
Para pagar as súas campañas militares e a súa expansión colonial, o emperador Wu nacionalizou varias industrias privadas. Creou monopolios do goberno central administrados en gran parte por antigos comerciantes. Estes monopolios incluían a produción de sal, ferro e licor, así como moeda de bronce. O monopolio do licor só durou do 98 ao 81 a.C., e os monopolios do sal e o ferro foron finalmente abolidos a principios dos Han orientais. A emisión de moeda seguiu sendo monopolio do goberno central durante o resto da dinastía Han.[53][54][55][56][57][n. 3]
Os monopolios gobernamentais foron finalmente derrogados cando unha facción política coñecida como os reformistas adquiriu maior influencia na corte. Os reformistas opuxéronse á facción modernista que dominara a política da corte no reinado do emperador Wu e durante a posterior rexencia de Huo Guang (m. 68 a.C.). Os modernistas defendían unha política exterior agresiva e expansionista apoiada nos ingresos procedentes da forte intervención do goberno na economía privada. Os reformistas, porén, anularon estas políticas, favorecendo un enfoque cauteloso e non expansivo da política exterior, unha reforma orzamentaria frugal e taxas impositivas máis baixas impostas aos empresarios privados.[58][59][60]
Wang Zhengjun (71 a.C. – 13 d.C.) foi a primeira emperatriz, daquela emperatriz viúva e finalmente gran emperatriz viúva durante os reinados dos emperadores Yuan. (r 49-33 a.C.), Cheng (r 33-7 a.C.), e Ai (r 7-1 a.C.), respectivamente. Durante este tempo, unha sucesión dos seus parentes homes ostentou o título de rexente.[62][63] Tras a morte de Ai, o sobriño de Wang Zhengjun, Wang Mang (45 a.C.-23 d.C.), foi nomeado rexente como Mariscal de Estado o 16 de agosto baixo o mandato do emperador Ping (r 1 a,C-6 d.C).[64]
Cando Ping morreu o 3 de febreiro do 6 d. C., Ruzi Ying (m. 25 d. C.) foi elixido como herdeiro e Wang Mang foi designado para servir como emperador en funcións do neno.[65] Wang prometeu cederlle o control a Liu Ying unha vez que fose maior de idade.[66] A pesar desta promesa, e contra as protestas e revoltas da nobreza, Wang Mang afirmou o 10 de xaneiro que o divino Mandato do Ceo esixía o fin da dinastía Han e o comezo da súa: a dinastía Xin (9-23 dC).[67][68][69]º
Wang Mang iniciou unha serie de importantes reformas que finalmente non tiveron éxito. Estas reformas incluíron prohibición da escravitude, nacionalización da terra para distribuír equitativamente entre os fogares, e introdución de novas moedas, un cambio que degradou o valor da moeda.[70][71][72][73] Aínda que estas reformas provocaron unha considerable oposición, o réxime de Wang sufriu a súa caída definitiva coas inundacións masivas dos anos c. 3 e 11 a. C.. A acumulación gradual de limo no río Amarelo elevara o seu nivel de auga e desbordara as obras de control de inundacións. O río Amarelo dividiuse en dous novos brazos: un que desembocaba ao norte e outro ao sur da península de Shandong, aínda que os enxeñeiros Han conseguiron represar o brazo meridional cara ao ano 70 d.C.[74][75][76]
A inundación desaloxou a miles de campesiños, moitos dos cales se uniron a grupos itinerantes de bandidos e rebeldes como as Cellas Vermellas para sobrevivir.[74][75][77] Os exércitos de Wang Mang foron incapaces de sufocar estes grupos rebeldes ampliados. Finalmente, unha turba insurxente forzou a súa entrada no Palacio de Weiyang e matou a Wang Mang.[78][79]
O emperador Gengshi (r. 23-25 d.C.), descendente do emperador Jing (r. 157-141 a.C.), tentou restaurar a dinastía Han e ocupou Chang'an como capital. Con todo, os rebeldes da Cella Vermella derrotaron, depuxeron, asasinaron e substituírono polo monarca monicreque Liu Penzi.[80][81] O curmán afastado de Gengshi, Liu Xiu, coñecido postumamente como Emperador Guangwu (r. 25-57 d.C.), tras distinguirse na Batalla de Kunyang no 23 d.C., houbo de suceder a Gengshi como emperador.[82][83]
Baixo o goberno de Guangwu restaurouse o Imperio Han. Guangwu fixo de Luoyang a súa capital no ano 25 d.C., e no 27 d.C. os seus oficiais Deng Yu e Feng Yi obrigaran ás Cellas Vermellas a renderse executando aos seus líderes por traizón.[83][84] Do 26 ao 36 d.C., o emperador Guangwu tivo que librar guerras contra outros caudillos rexionais que reclamaban o título de emperador; cando estes caudillos foron derrotados, China reunificouse baixo os Hans.[85][86]
O período comprendido entre a fundación da dinastía Han e o reinado de Wang Mang coñécese como Han Occidental (西漢; 西汉; Xīhàn) ou Han Antigo (前漢; 前汉; Qiánhàn) (206 a.C.-9 d.C.). Durante este período, a capital estivo en Chang'an (a actual Xi'an). A partir do reinado de Guangwu, a capital trasladouse cara ao leste, a Luoyang. A época que vai desde o seu reinado até a caída dos Han coñécese como Han Oriental ou Han Posterior (25-220 d.C.).[87]
A corte foi centro de actividade intelectual, literaria, musical e artística. Desenvolveuse a poesía fu. Salientan os templos funerarios e os obxectos de terracota ou bronce, os parques e xardíns exóticos, as figuriñas que substituían aos sacrificios humanos. O defunto de sangue real era cuberto con placas de xade, que chegou a unha elaboración exquisita como pedra do ceo.
Ademais da creación dunha universidade propiciada polo letrado Dong Zongshu, salientou o historiador Sima Qian autor das Shiji ou Memorias históricas. Continuou o seu labor Ban Gu, quen escribiu o Han Shu que narra a historia da dinastía Han occidental.
O confucianismo impregnou a mentalidade chinesa e foi utilizado para fundamentar o poder dos emperadores.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.