From Wikipedia, the free encyclopedia
A Declaración de independencia de Kosovo foi un acto unilateral do Parlamento kosovar acontecido o 17 de febreiro do ano 2008 que declaraba a escisión da entón provincia de Serbia, dando lugar á creación dun novo Estado independente baixo a supervisión dos Estados Unidos e a Unión Europea.
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A diferenza da primeira declaración de independencia de Kosovo acontecida o 7 de setembro de 1990, soamente recoñecida polas autoridades albanesas, a derradeira declaración xa foi recoñecida por máis de 47 países a data do 7 de agosto do 2008, entre os que se atopan Costa Rica, Afganistán, os Estados Unidos, o Reino Unido, Francia, Alemaña, Turquía, Bélxica, Perú, Polonia, Suíza, Austria e Dinamarca, sen contar os demais países nos que o recoñecemento está pendente. Porén existen 18 países, incluíndo Arxentina, Bolivia, Chipre, Casaquistán, Kirguizistán, Romanía, Rusia, Serbia, España, Sri Lanka, Taxiquistán, Vietnam e Venezuela que rexeitaron esplicitamente o recoñecemento da república balcánica. Serbia declarou que vai retirar todos os seus embaixadores dos países que recoñeceron a independencia de Kosovo.
Kosovo foi unha provincia serbia ata a declaración de independencia, o 17 de febreiro do ano 2008. Dende 1999 ata a súa secesión foi administrada pola ONU de xeito interino, como resultado da derrota do exército serbio na Guerra de Kosovo. A misión KFOR da OTAN aprobouse co obxectivo de evitar as represalias e ataques entre a poboación de etnia serbia e albanesa. Malia que Kosovo formalmente seguía pertencendo a Serbia, en virtude do cumprimento da resolución 1244, na práctica o Goberno serbio non interviña na administración da súa provincia.
A resolución de devandita guerra trouxo como consecuencia o éxodo de 200.000 kosovares de orixe serbia cara ao resto de Serbia, mentres que se reafirmou a maioría étnica albanesa. No momento da secesión, o 90% da poboación pertencía a devandita etnia, mentres que a comunidade de orixe serbia representaba o 10%, localizada principalmente en enclaves no norte da rexión.
Antes de chegar á solución da independencia unilateral, sucedéronse varios feitos e acontecementos ao redor do futuro status que debía ter Kosovo.
O expresidente de Finlandia, Martti Ahtisaari, levou a cabo un informe como enviado especial da ONU a Kosovo no cal propuña como solución ao status da antiga provincia serbia a adopción dunha independencia tutelada pola comunidade internacional, a oficialidade do serbio e do albanés, a laicidade do novo estado, a adopción de medidas para garantir a seguridade da minoría serbia de Kosovo, a adopción de símbolos nacionais de seu (bandeira, himno etcétera), a presenza militar de forzas internacionais lideradas pola OTAN, exército, profesional, multiétnico e democrático composto de 2 500 membros activos e 800 reservistas, o dereito dos refuxiados e desprazados retorno a Kosovo e á restitución das súas propiedades, un sistema xudicial integrado e independente do serbio e a posibilidade de que Kosovo poida ingresar en organismos internacionais coma a ONU.[1] Este plan foi rexeitado polas autoridades serbias por consideraren que abría a porta a que Kosovo se independizase de Serbia.[2]
O 17 de novembro de 2007 celebráronse eleccións lexislativas e municipais marcadas pola incerteza do futuro status da rexión. O antigo guerrilleiro do UÇK, Hashim Thaçi, gañou as eleccións cun 35% dos votos[3] e unha participación en torno ao 45%, inferior ao 53% dos derradeiros comicios ata a data, celebrados no ano 2003. Con anterioridade Thaçi anunciara que declararía a independencia da entón provincia serbia no caso de gañar as eleccións.
O primeiro ministro de Kosovo, Hashim Thaçi, afirmou o 16 de febreiro do ano 2008 que "mañá esa provincia proclamará a súa independencia de Serbia", respectando "a vontade dos cidadáns". Dende o sábado 16 de febreiro de 2008, Kosovo, co apoio da Unión Europea, moitos estados europeos, e o dos Estados Unidos de América, pero co frontal rexeitamento de Rusia. Segundo noticias da BBC, os estados pactaron, "Sr. Thaci dixeron o domingo sería outro día de tranquilo durante o que as institucións serían contratadas en realizar a vontade dos cidadáns de Kosovo"
A Unión Europea preparou a misión civil EULEX para axudar ás autoridades kosovares na estabilización da rexión, mediante a chegada de 2 000 policías, xuíces e funcionarios de aduana, ademais de dotacións de seguridade e defensa, co fin de que colaborasen na protección das minorías, especialmente a serbia. Tal desembarco da UE en Kosovo foi visto polos líderes serbios da rexión en disputa e as autoridades rusas como "unha ocupación ilegal". Finalmente, esta misión púxose en marcha o 16 de febreiro de 2008, un día antes da declaración de independencia.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde febreiro de 2014) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.