From Wikipedia, the free encyclopedia
O Forza de Kosovo ou KFOR (siglas en inglés de Kosovo Force) é unha forza militar multinacional liderada pola OTAN que entrou en Kosovo dous días despois de que o Consello de Seguridade das Nacións Unidas aprobara a resolución 1244. O seu obxectivo era mantener a orde e a paz no territorio.
Tipo de operación | Mantemento da paz e a orde |
Nome da forza | KFOR (Kosovo Force) |
Data de entrada | 12 de xuño de 1999 |
Data de salida | Actualmente en curso |
Lugar do despregamento | Provincia serbia de Kosovo |
Países de maior contribución | Unión Europea Estados Unidos |
Total efectivos | 50.000 |
Efectivos actuais | 18.000 |
Antes de que a forza multinacional entrara en Kosovo, esta provincia sufría un déficit humanitario moi serio, debido á guerra que libraban soldados do Exército de Liberación de Kosovo (UÇK) e o Exército da República Federal de Iugoslavia (FRY). O conflito étnico chegou a momentos de extrema virulencia nos que moitas persoas pereceron. Cerca dun millón de persoas abandonaron Kosovo como refuxiados en busca dun lugar onde estar seguros.
A KFOR está estruturada en 5 Forzas Operacionais (Task Forces) multinacionais e cada forza opera nun punto específico, pero todas están sometidas a un mesmo mando, baixo a autoridade do comandante da KFOR.
No estado de máximos houbo destinados en Kosovo 51.500 soldados de 30 países diferentes.
O resto de países manteñen unha contribución mínima
Commons ten máis contidos multimedia sobre: KFOR |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Resolución 1244 del Consejo de Seguridad de las Naciones Unidas |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.