From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa do Mundo de Fútbol sub-20 é un torneo internacional de seleccións nacionais de fútbol compostas por xogadores masculinos menores de 20 anos. O torneo é organizado cada dous anos pola FIFA e xurdiu en 1977 como derivado da Copa do Mundo de Fútbol, o principal evento deste deporte.
Nome na lingua orixinal | (en) FIFA U-20 World Cup |
---|---|
Tipo | evento deportivo recorrente |
Deporte | fútbol |
Organizador | FIFA |
Número de participantes | 24 |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1977 – |
Calendario da tempada | primavera – |
Período de ocorrencia | 2 |
Outro | |
Páxina web oficial | fifa.com… |
Dos dezasete torneos disputados, só foi gañado por oito nacións. Arxentina, con seis títulos, lidera o torneo, seguido polos cinco campionatos do Brasil. Mentres Portugal gañou dúas veces o evento, España, Alemaña, Ghana e os desaparecidos Estados de Iugoslavia e Unión Soviética gañaron a copa nunha ocasión.
A Copa do Mundo Feminina de Fútbol sub-20 é o equivalente deste torneo para mulleres. Devandito torneo iniciouse en 2002 cunha idade máxima de 19 anos, cambiando aos 20 actuais desde 2006. Tamén existe a Copa do Mundo de Fútbol sub-17 para xogadores aínda máis novos.
24 equipos participan en cada un dos eventos. A excepción do país anfitrión, os 23 equipos restantes participan nun proceso clasificatorio dentro de cada unha das confederacións continentais, as cales organizan diversos torneos xuvenís.
A lista a continuación mostra aos 26 equipos que estiveron entre os catro mellores dalgunha edición do torneo. En cursiva, indícase o torneo en que o equipo foi local.
Equipo | Campión | Subcampión | Terceiro lugar | Cuarto lugar |
---|---|---|---|---|
Arxentina | 6 (1979, 1995, 1997, 2001, 2005, 2007) | 1 (1983) | 1 (2003) | |
Brasil | 5 (1983, 1985, 1993, 2003, 2011) | 3 (1991, 1995, 2009) | 3 (1977, 1989, 2005) | |
Portugal | 2 (1989, 1991) | 1 (2011) | 1 (1995) | |
España | 1 (1999) | 2 (1985, 2003) | 1 (1995) | |
Ghana | 1 (2009) | 2 (1993, 2001) | 1 (1997) | |
Rusia1 | 1 (1977) | 1 (1979) | 1 (1991) | 1 (1985) |
Alemaña2 | 1 (1981) | 1 (1987) | ||
Serbia3 | 1 (1987) | |||
Nixeria | 2 (1989, 2005) | 1 (1985) | ||
Uruguai | 1 (1997) | 1 (1979) | 2 (1977, 1999) | |
México | 1 (1977) | 1 (2011) | ||
Qatar | 1 (1981) | |||
Xapón | 1 (1999) | |||
República Checa4 | 1 (2007) | |||
Polonia | 1 (1983) | 1 (1979) | ||
Inglaterra | 1 (1993) | 1 (1981) | ||
Chile | 1 (2007) | 1 (1987) | ||
Romanía | 1 (1981) | |||
Alemaña Democrática | 1 (1987) | |||
Irlanda | 1 (1997) | |||
Malí | 1 (1999) | |||
Exipto | 1 (2001) | |||
Colombia | 1 (2003) | |||
Hungría | 1 (2009) | |||
Australia | 2 (1991, 1993) | |||
Corea do Sur5 | 1 (1983) | |||
Estados Unidos | 1 (1989) | |||
Paraguai | 1 (2001) | |||
Marrocos | 1 (2005) | |||
Austria | 1 (2007) | |||
Costa Rica | 1 (2009) | |||
Francia | 1 (2011) |
1 Inclúe os datos da Unión Soviética. 2 Inclúe os datos da Alemaña Federal. 3 Inclúe os datos de Iugoslavia. 4 Inclúe os datos de Checoslovaquia. 5 Inclúe os datos da Corea unificada.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Copa do Mundo de Fútbol sub-20 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.