Condado portucalense

condado do Reino de Galicia previo a formación do Reino de Portugal From Wikipedia, the free encyclopedia

Condado portucalensemap

No actual territorio de Portugal, ao longo do proceso da Reconquista, houbo dúas entidades políticas coñecidas como condados portucalenses[1] ou condados de Portucale.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Modelo:Xeografía políticaCondado portucalense
Condado Portucalense (pt)
Condado de Portucale (pt) Editar o valor en Wikidata
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 41°32′N 8°25′O
CapitalBraga Editar o valor en Wikidata
Escindido deReino de Galicia Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación868 Editar o valor en Wikidata
Disolución1139 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Sucedido porReino de Portugal Editar o valor en Wikidata

Pechar

O primeiro condado foi fundado polo nobre galego Vimara Pérez (ou Vímara Peres, ou Guímara Peres), conde da Coruña, despois da toma (ou repoboación) de Portucale (Porto), en 868. Ocupaba un territorio aproximado ao do actual Entre-Douro-e-Minho. O condado foi gobernado por varios descendentes de Vimara, até que foi incorporado plenamente ao Reino de Galicia en 1071, cando o rei García tivo que sufocar a rebelión do seu titular, o conde Nuno II Menendiz, que sería derrotado na batalla de Pedroso, pasando o título a mans reais. Porén, durante toda a súa existencia, aínda que gozando de ampla autonomía, o condado constituíu sempre unha dependencia dos Reinos de Asturias, León e Galicia)

O segundo instituíuse contra 1095 como feudo que o rei Afonso VI de León e Castela lle concedeu a Henrique de Borgoña, un nobre borgoñón que viñera auxilialo na reconquista de terras aos musulmáns, e que casara coa filla do rei, a infanta Tareixa de León. Este último condado era moito maior en extensión que o primeiro, xa que abarcaba tamén os territorios do antigo condado de Coímbra, suprimido en 1091, e partes de Trás-os-Montes e aínda do sur da actual Galicia (mormente da diocese de Tui).

Cómpre sinalar que Condado é un termo xenérico para designar o territorio portucalense, xa que os seus gobernantes eran denominados indistintamente Comite (conde), Dux (duque) ou Princeps (príncipe).

Algún historiadores portugueses, por razóns didácticas, refírense ao primeiro condado portucalense como condado de Portucale, e ao segundo como condado portucalense, para evitaren confusións entre ambos os dous condados.

Historia

Véxase tamén: Historia de Portugal.

O nome do condado vén do topónimo Portucale, co que desde o século IX se designaba unha vila situada preto da foz do río Douro, chamada Portus Cale, "Porto de Cale", que se xulga ser un nome híbrido formado por un termo latino (Portus 'porto') e outro grego (καλός kalós 'belo'), é dicir, 'porto belo'. Outra posíbel explicación é que o nome derivaría dos pobos de cultura castrexa que habitaban a zona de "Cale" nos tempos prerromanos, os Callaeci. Unha explicación alternativa é a de que o nome deriva da deusa venerada pola tribo e que podería historicamente relacionarse coa palabra Cailleach (definida como "deusa ancestral"), en Irlanda. Finalmente, outra teoría afirma que a palabra cale ou cala, sería celta e significaría "porto", "enseada" ou "abrigo", e implicaría a existencia dun porto celta máis antigo.[2] Aínda que outra teoría propón que Cale deriva de Caladunum.[3]

No século I a.C. Salustio, nas súas Historiae, refírese a unha "Cales civitas" localizada na Gallaecia.

No século IV, no Itinerario de Antonino fálase dunha poboación chamada "Cale" ou "Calem". E no século V, Hidacio escribe sobre un "Portucale castrum".[4]

Thumb
Mapa do reino Suevo.

Portucale

Aínda que a existecia da entidade de poboación na foz do Douro durante o período romano estea confirmada, non ocorre o mesmo coa súa localización exacta.

O Parochiale suevorum de San Martiño de Dumio, estudado polo cóengo Pierre David despois da súa identificación polo tamén cóengo Avelino de Jesus da Costa, un dos máis importantes especialstas en diplomática portuguesa,[5] refírese, séculos despois, a un poboado que se designaba como Portucale Castrum Antiquum, na marxe esquerda, e outro, o Portucale Castrum Novum, á dereita.

Durante o dominio dos suevos, Portucale foi escenario de varios acontecementos, contándose entre eles o aprisionamento de Requiario durante a invasión do rei visigodo Teodorico II (457), a revolta do seu gobernador Aguiúlfo, que pretendía ser aclamado rei e foi executado, e a última batalla (585) de Andeca, derradeiro rei suevo, vencido por Leovixildo.

Cando ocorre a invasión musulmá da Península Ibérica, Portucale era xa, desde a segunda metade do século VI, a sede da diocese Portucalense, situada na provincia da Gallaecia e tendo por metropolita o bispo de Braga. Despois da invasión, a diocese non sobreviviu, e non foi restaurada até a reconquista de Porto, en 868.

Primeiro Condado de Portucale

Thumb
Estatua de Vímara Peres na cidade de Porto. Obra de Salvador Barata Feyo (1968).

A reocupación e posíbel reconstrución ou fortificación de Portucale verificouse despois da presura de Vimara Pérez, en 868, vivindo, a partir de entón, un próspero período da súa historia. Da cidade partiu toda a acción de reorganización da zona e, nalgúns casos, de repoboamento, máis alá dos límites da antiga diocese que tiña nela a súa sede, ben ao norte do río Ave, ben ao sur do río Douro. Nesta época, o territoio designábase xa Terra Portugalense.

A reconquista permitiu tamén a restauración diocesana, intalándose os bispos de Portucale nunha pequena vila chamada Magneto (que os especialistas fan corresponder coa actual Meinedo, no concello de Lousada).

Apenas dez anos despois da reconquista definitiva de Portucale foi tomada a cidade de Coímbra e erixida en condado independente nas mans de Hermenexildo Guterrez. A súa posición de bisagra entre os mundos cristán e musulmán permitiu unha convivencia en paz no espazo entre o Douro e o Miño. As campañas do Almanzor, a finais do século X, porén, fixeron recuar a liña de fronteira de novo até o Douro.

Na segunda metade do século XI reconstituiuse ao sur o condado de Coímbra (que incluía non só a cidade do Mondego, senón tamén as terras de Lamego, Viseu e Feira), sendo entregado ao conde Sisnando Davides, un mozárabe valido do rei Fernando I de León e Castela, que conquistara definitivamente a cidade en 1064 (este condado sería máis tarde incorporado ao Portucalense).

Paulo Merêa refire a existencia de documentos achados na provincia de Ourense nos que se encontran referenciacias expresas a terras situadas en Portugal, ou sexa, ao sur do río Limia, e que entón pertencían, e aínda pertenceron durante algún tempo, ao ámbito da organización eclesiástica de Tui, repoboada durante o reinado de Ordoño I.

O repoboamento da Terra Portugalense ocorreria no tempo de Afonso o Magno, baixo o goberno de Vimara Pérez e os seus descendentes.

Condes de Portucale: a casa de Vimara Pérez

Máis información #, Nome ...
#NomeComezo
do
goberno
Fin do
goberno
Notas
1Vimara Pérez 868873
2Lucidio Vimaranis 873 ?Fillo de Vimara Pérez.
3Onega Lucides
(con Diego Fernandes)
 ?antes de 924Filla de Lucidio Vimaranis. Goberna conxuntamente co seu esposo, Diego Fernandes.
4Muniadona Díaz
(con Mendo I Gonçalves)
924950Filla de Onega Lucides e Diego Fernandes. Goberna conxuntamente co seu esposo, Mendo I Gonçalves.
5Gonzalo Menendiz 950999Fillo de Muniadona Díaz e Mendo I. En 997 titúlase magnus dux portucalensium.
6Mendo II Gonçalves 9991008Fillo (ou neto?) de Gonzalo Menendiz.
7Alvito Nunes 10081015
8Ilduara Mendes
(cob Nuno I Alvites)
10151028Filla de Mendo II Gonçalves. Goberna conxuntamente co seu esposo, Nuno I Alvites, fillo de Alvito Nunes.
9Mendo III Nunes 10281050
10Nuno II Mendes 10501065Último conde da familia de Vimara Pérez; derrotado polo rei García de Galicia na batalla de Pedroso.
Pechar

En 1065, o condado de Portucale e Galicia formaban parte do territorio atribuído por Fernando I ao seu fillo máis novo García, que foi o primeiro monarca que usou o título de "Rei de Portugal e Galicia". Mentres, el loitaba para controlar os seus nobres irascíbeis. Coa súa vitoria en 1071, na batalla de Pedroso, onde derrota a Nuno II Mendes, o condado de Portucale extínguese, pasando ao rei García.

Máis tarde, en 1071, os seus irmáns Afonso VI e Sancho II tomaran o reino de Portugal e Galicia, expulsando a García. Na primavera seguinte, Sancho, á súa vez, expulsou a Afonso, volvendo a xuntar os tres reinos, o de León, o de Portugal e Galicia e o de Castela. Sancho aparece identificado como rei nun documento portugués de 1072. Co asasinato de Sancho, máis tarde, no mesmo ano, Afonso VI sucedeuno na coroa de León (que abranguía os tres reinos).

Condado portucalense

Non se debe confundir o condado portucalense —concesión dos territorios dos condados de Coímbra e de Portucale ao conde Henrique— co condado de Portucale, que comezou a existir desde a presura de Vimara Pérez, prolongado polos seus descendentes até a morte do último conde, na batalla de Pedroso, en 1071, conde que tentaba conseguir maior autonomía de García II de Galicia, que gobernaba o Reino de Galicia e Portugal do seu pai, Fernando I.

Porén, a atrofia do condado de Coímbra, creado en 878, pero suprimido coa conquista da cidade por Almanzor ao final do século X, permitiu a supremacía norteña, que nin mesmo a reconstitución dunha autoridade equivalente á do conde —en beneficio de Sisnando Davídiz, en 1064, e prolongada até a súa morte, en 1092— puido impedir.

Entre tanto, a ambición de Afonso VI reconstituíu novamente a unidade dos Estados paternos e, cando García morreu, despois de estar preso no castelo de Luna, en plena montaña leonesa da Babia, o 21 de marzo de 1090, os territorios que posuíra pasaron ás mans de Raimundo, casado coa infanta Orraca.

Nesta altura, o pulo das expedicións almorábides recomendaba a distribución dos poderes militares, para reforzar mellor o territorio: un mando na zona central, a cargo do propio rei Afonso VI; outro, non oficial, exercido por Rodrigo Díaz en Valencia, e o terceiro en occidente, entregado a Raimundo. Pero este último non conseguiu defender eficazmente a liña do Texo —tendo xa perdido Lisboa, que fora cedida aos leoneses polo rei da taifa de Badaxoz, xuntamente con Santarém, que estaba tamén a piques a caer nas mans dos almorábides— e esta sería unha das razóns que atribúen algúns historiadores modernos da decisión tomada por Afonso VI [6] de reforzar aínda máis a defensa militar occidental, dividindo en dúas a zona atribuída inicialmente a Raimundo, e entregando a máis exposta a Henrique de Borgoña.

O conde Henrique, apoiado polos intereses políticos cluniacienses, introduciuse ambiciosamente na política do reino, adquirindo gran poder na corte. Véndose na condición de subordinados ao rei, os condes ou gobernadores, a pesar de que tiñan amplos poderes administrativos, xudiciais e militares, o seu pensamento orientábase, naturalmente, cara a adquirir unha completa autonomía cando as condicións foran propicias (no caso portugués, eran).

Thumb
O castelo de Guimarães.

Co fin de aumentar a poboación e revalorizar o seu territorio, Henrique deu foro e fundou vilas en varias terras, entre elas Guimarães, á cal fixo vila de burgueses, atraendo alí, con diversas regalías, moitos francos, seus compatriotas.

En Guimarães fixou Henrique a súa residencia, en pazos propios, dentro do castelo que alí fora edificado no século anterior.

Falecido Henrique (1112) a súa viúva Tareixa pasa a gobernar o condado durante a minoridade do seu fillo Afonso Henriques.

Tareixa comeza a titularse "Raíña", pero os conflitos co alto clero e, sobre todo, a intimidade con Fernán Pérez de Traba, nobre galego a quen entregara o goberno dos distritos do Porto e Coímbra, provocaron a revolta dos portucalenses e do seu propio fillo, que se sentían sistematicamente afastados, por estraños, da xestión dos negocios públicos.

Aos catorce anos de idade (1125), Afonso Henriques ármase a si mesmo cabaleiro –segundo o costume dos reis– transformándose así en guerreiro independente. A cerimonia levouse a cabo en Tui, en presenza do arcebispo de Braga, que fora forzado a emigrar.

En 1128 trábase a batalla de San Mamede (Guimarães) entre os partidarios do infante Afonso e os da súa nai. Vencida esta, Afonso Henriques toma o poder do condado, do que faría, máis tarde, o reino de Portugal.

Loitando contra os cristiáns de León e Castela e contra os musulmáns, Afonso Henriques conseguiu unha importante vitoria contra os mouros na batalla de Ourique, en 1139, declarándose rei, independente, por tanto, do reino de León. Nacía así, en 1139, o reino de Portugal e a súa primeira dinastía, co rei Afonso I de Borgoña (Afonso Henriques).

Condes Portucalenses: Casa de Borgoña

Máis información #, Nome ...
#NomeComezo
do
goberno
Fin do
goberno
Notas
1Henrique de Borgoña 10961112Pai de Afonso Henriques.
2Teresa de León 11121128Rexente na minoridade do fillo (1112 - 1128), co título de regina ("raíña"). Nai de Afonso Henriques.
3Afonso Henriques 112827/7/1139Conde de Portucale e despois primeiro rei de Portugal
Pechar

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.