Carlos Francisco Delfino, nado o 29 de agosto de 1982 en Santa Fe, Arxentina, é un xogador profesional de baloncesto que actualmente é axente libre. Foi unha das figuras da selección arxentina que gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e a medalla de Bronce en Pequín 2008. Mide 1,98 metros e pesa 104,3 quilogramos.

Datos rápidos Posición, Liga ...
Carlos Delfino
Thumb
Axente libre
Posición Ala
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 29 de agosto de 1982 (42 anos)
Santa Fe
Nacionalidade Arxentina
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 104 kg (230 lb)
Información da carreira
Pre-draft club Fortituto Bologna (Italia)
NBA Draft 2003 / Rolda: 1 / Elección: 25
Por Detroit Pistons
Carreira dende 1998
Historial de equipos
Olimpia (1998–1999) Arx.
Unión de Santa Fe (1999–2000) Arx.
Reggio Calabria (2000–2002) LEGA
Skipper Bologna (2002–2004) LEGA
Detroit Pistons (2004–2007)
Toronto Raptors (2007-2008)
Khimki Moscova (2008-2009) БC
Milwaukee Bucks (2009-2012)
Houston Rockets (2012-2013)
Milwaukee Bucks (2013-2014)
Información en nba.com
Pechar

Traxectoria profesional

Foi elixido vixésimo quinto na primeira rolda do draft da NBA por Detroit Pistons no Draft de 2003. É o único xogador arxentino da historia que foi elixido nesta rolda. Na tempada 2007-08 da NBA xogou para os Toronto Raptors, onde cumpriu a súa mellor campaña na NBA no seu rol de sexto home. Na tempada 2008-09 marchou a Europa a xogar no Khimki BC da Superliga rusa onde se converteu nun dos xogadores mellor pagados de Europa.

O 18 de agosto de 2009, os Raptors asinaron e traspasaron a Delfino ós Milwaukee Bucks xunto a Roko Ukić, a cambio de Amir Johnson e Sonny Weems.[1]

O 20 de agosto de 2012, Delfino asinou un contrato cos Houston Rockets.[2]

O 17 de xullo de 2013, asinou un contrato cos Milwaukee Bucks.[3]

Selección Arxentina

Debutou na selección o 13 de xullo de 2004 contra Paraguai no Suramericano de Campos do Brasil. As súas presenzas internacionais en seleccións foron no Suramericano de Cadetes de 1997 e 1998, Suramericano Xuvenil do 2000, Panamericano Sub 21 de 2000, Mundial Sub 21 de 2001, Suramericano 2004, Xogos Olímpicos de 2004, Torneo Preolímpico de 2007 e Xogos Olímpicos de 2008.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.