Canle de Panamá
vía navegable artificial entre os océanos Atlántico e Pacífico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A canle de Panamá (en castelán: Canal de Panamá) é unha canle de navegación interoceánica de 77,1 quilómetros, localizada en Panamá, no punto máis estreito entre o mar Caribe e o océano Pacífico. Os cortes da canle a través do istmo de Panamá son un conduto clave para o comercio marítimo internacional. Hai esclusas en cada extremo para alzar barcos ata o lago Gatún, un lago artificial creado para reducir a cantidade de traballo de escavación necesaria para a canle, 26 metros sobre o nivel do mar. Inaugurado o 15 de agosto de 1914, tivo un grande efecto na economía mundial ao diminuír a distancia e os tempos da comunicación marítima entre os océanos Atlántico e Pacífico, xa que antes os pasos naturais utilizados entre estes océanos eran o estreito de Magallanes e o cabo de Fornos, situados no extremo austral de Chile,[1] este feito provocou melloras económicas e comerciais durante case todo o século XX.
Canle de Panamá | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | Panamá |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Pacífico - mar Caribe (océano Atlántico) |
Continente | América Central |
Coordenadas | |
Xeografía | |
Mares contiguos | Océano Atlántico e océano Pacífico |
Illas interiores | Barro Colorado |
Afluentes | Chagres |
Cidades ribeiregas | Balboa Panamá |
Características | |
Lonxitude máxima | 76,9 |
Outros datos | |
Construción | 1878-1914 |
Posta en servizo | 15 de agosto de 1914 |
Ampliación | 26 de xuño de 2016 |
Medidas máximas dos buques: | 33,53 m (110 pés) de manga e 320 m (1050 pés) de eslora Dende 2016: 426,72 m (1400 pés) de eslora, 54,86 m (180 pés) de manga |
Mapa | |
A Canle de Panamá uniu dous océanos. Cara ao leste (arriba da imaxe) o mar Caribe (O. Atlántico) e abaixo á esquerda o océano Pacífico). (Imaxe NASA) | |
Esquema_do_Canle_de_Panamá | |
Proporciona unha vía de tránsito curta e relativamente barata entre estes dous grandes océanos, influíu considerablemente sobre os padróns do comercio mundial, impulsou o crecemento nos países desenvolvidos e deulle a moitas áreas do mundo o impulso básico que necesitan para a súa expansión económica. Por exemplo, un barco carboeiro que saia da costa oriental dos Estados Unidos en dirección ao Xapón pola canle de Panamá, aforra uns 4.800 km, en comparación coa alternativa máis curta dunha ruta marítima; un barco bananeiro que sae de Colombia en dirección a Europa, aforra unha distancia duns 9.000 km.
En 2012, Estados Unidos, China, Chile, Xapón e Corea do Sur foron os cinco principais usuarios da canle.[2]