Colón, Panamá

From Wikipedia, the free encyclopedia

Colón, Panamámap
Remove ads

Colón é a capital da provincia panameña de Colón, situada na costa caribeña de Panamá. A poboación estimada para 2016 é dunhas 206 553 persoas na súa conurbación, sendo a terceira concentración urbana máis poboada do país despois da cidade de Panamá e San Miguelito.[1][2] Está comunicada coa capital por medio da Estrada Transísmica (autoestrada Panamá-Colón), que a une coa costa do océano Pacífico en 78,9 km. É a segunda cidade máis poboada do Caribe de Centroamérica. O seu centro urbano ten uns 79 000 habitantes. Posúe un dos portos máis grandes de América Latina.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Colón está situada preto da entrada caribeña da Canle de Panamá. É de importancia comercial para o país debido á Zona Libre de Colón (a segunda máis grande do mundo) e pola actividade nos diferentes portos. É a principal entrada ao país polo Caribe.

Remove ads

Historia

Thumb
Estación de tren de Colón.

A Compañía do ferrocarril de Panamá necesitaba unha terminal no Atlántico para construír o primeiro ferrocarril interoceánico no Novo Mundo e decidiron construír a terminal na illa de Manzanillo no lado leste da baía de Limón, a illa contaba con 650 acres (263 ha) ou aproximadamente unha milla cadrada. En maio de 1850 comezou a limpeza do terreo para a terminal Atlántica onde se localizaría no futuro Colón; non houbo ningunha cerimonia ou celebración pola iniciación dos traballos; os traballadores atopáronse cun pantano virxe, e o aire estaba ateigado de mosquitos de día e de noite. Nos traballos do ferrocarril viñeron traballadores xamaicanos, españois, antillanos, italianos, entre outros. Durante os seguintes meses non foi fácil o traballo na illa, pois achegábase a época chuviosa e os homes enfermaron de malaria ou disentería. En agosto de 1850 comezaron en firme os traballos da construción do ferrocarril na terminal do Atlántico.

Durante dous anos, o terminal Atlántico na illa de Manzanillo permaneceu sen nome. John Lloyd Stephens suxeriu chamala Aspinwall, por William Henry Aspinwall, un dos directores da Pacific Mail, empresa que financiaba a compañía do ferrocarril de Panamá. O 27 de febreiro de 1852 bautizouse e fundouse formalmente Colón. Encheuse unha sección pantanosa da illa, trazaron rúas, erixiron edificios e instalouse un tanque para o almacenamento de auga pura. Con todo, este porto bulicioso, por onde pasaban miles de viaxeiros cada ano, presentaba unha aparencia deplorable de abandono.

O nome do pobo deu lugar a unha longa e prolongada disputa. O Goberno e os cidadáns insistían en chamalo Colón, mentres que os estadounidenses aferrábanse á súa elección. O nome Aspinwall-Colón non satisfacía a ningunha das partes e este desacordo persistiu até 1890 cando o goberno colombiano terminou a controversia ao dar instrucións aos carteiros de regresar aos seus remitentes toda correspondencia dirixida a Aspinwall. Desde entón o nome oficial foi o de Colón.

Gran parte de Colón foi queimada durante a guerra civil colombiana de 1885, e de novo nun incendio en 1915.

A poboación en 1900 era de 3.000 persoas, pero creceu substancialmente pola construción da Canle de Panamá (31 203 habitantes en 1920).

En 1953, Colón foi transformado desde a rúa 16 cara aos Cuatro Altos nunha zona segregada para o comercio internacional sendo Zona Libre de Colón a primeira zona libre do mundo. As compañías que funcionan nela mercan produtos de Oriente e Europa e os seus maiores clientes proveñen de América Central e de América do Sur.

A partir do final da década de 1960, Colón entrou nunha brutal depresión económica. Durante o lustro de 2000-2005 mellorou o comercio e ampliouse a Zona Libre de Colón sobre todo na área de adegas de France Field.

Con todo, Colón é as cidade máis desenvolvida do Caribe panameño e do Caribe centroamericano.

Remove ads

Organización político-administrativa

Colón divídese en dous correxementos: Barrio Norte e Barrio Sur. Un sector desde a rúa 13 e avenida Meléndez cara ao suroccidente foi dada á zona libre, que administra esta área comercial. Colón comprende ademais o sector de 4 Altos, Cristóbal e a parte noroccidental do correxemento de Cativá.

Thumb
Coloridos buses frecuentan a terminal de transportes de Colón.
Thumb
Colón. Vista desde o mar.
Thumb
Cristo Redentor de Colón, fronte á desembocadura da canle de Panamá.
Remove ads

Clima

O clima é tropical húmido cunha curta estación seca entre decembro e marzo, mentres que a húmida vai de marzo a decembro. De feito a estación seca non o é tanto pois no mes de xaneiro (o máis seco) cae 39 mm de choiva, converténdoa na cidade máis chuviosa de Panamá.

Máis información Datos climáticos para Colón, Mes ...

Cidades irmandadas

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads