From Wikipedia, the free encyclopedia
A independencia de Panamá ou a separación de Panamá de Colombia[1] foi un feito ocorrido o 3 de novembro de 1903, despois da Guerra dos Mil Días, e que desencadeou a proclamación da República de Panamá.[2][3][4][5][6][7]
O istmo de Panamá foi parte integral de todas as formas de organización política e territorial que tivo a República de Colombia dende 1831 até 1903, con ó redor de dezasete intentos de secesión e catro separacións consumadas durante o século XIX.[8][9]
Para a historiografía panameña, a proclamación da República de Panamá foi o resultado dun proceso nacionalista e autonomista que se foi construíndo dende finais do século XVIII, e que concluíu coa separación de Panamá de Colombia.[10][11][12] En troques, para a historiografía colombiana, a secesión de Panamá, constitúe un atentado contra a integridade político-territorial de Colombia, que foi ideado polos Estados Unidos de América en asociación coa oligarquía istmeña da época.[13][14][15]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.