especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Para ver outros vexetais con este nome ver: cana (vexetal).
Cana de azucre | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar de cana de azucre nun invernadoiro | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Saccharum officinarum L. |
A cana de azucre (Saccharum officinarum), é unha das seis especies do xénero Saccharum, gramíneas altas que proveñen do sueste asiático. É un vexetal co cal se fabrican azucre e alcol.
Hai uns 13 millóns de hectáreas de cultivo de cana de azucre no mundo, espallados por uns 100 países. Os principais produtores mundiais son o Brasil, a India e a República Popular da China.
Son plantas cespitosas con talos de até 5 m x 2–5 cm, con numerosos entrenós alongados vexetativamente, doces e zumarentos. Vaíñas glabras ou vilosas; lígula de 2–4 mm; lamelas 1–2 m x 2–6 cm, glabras ou a costela media vilosa. Panícula 25–50 cm; pedúnculo glabro ou densamente puberulento; eixo glabro ou viloso; entrenós do raque de 5 mm, glabros. Espículas 3–4 mm, agudas, con tricomas de até 7 mm; gluma inferior glabra; lema inferior ciliada no 1/ 2 superior; lema superior e aresta xeralmente ausentes; anteras 3, 1.5–2 mm.[1]
A cana de azucre é unha planta orixinaria do sueste asiático. A expansión musulmá supuxo a introdución da planta en territorios onde daquela non se cultivaba. Así chegou ao continente europeo, máis en concreto á zona costeira entre as cidades de Málaga e Motril, sendo esta franxa a única zona de Europa onde arraigou. Posteriormente os españois levaron a planta, primeiro ás illas Canarias, e despois ás Américas. Disque a primeira vez que se levou ás Américas, foi por Pedro de Atienza, na segunda viaxe de Colón á Illa Española. Así esta cultura desenvolveuse en países como Cuba, Guatemala, Brasil, México, Arxentina, Perú, Ecuador, República Dominicana, Colombia[2] e Venezuela, que se atopan entre os maiores produtores de azucre do mundo.
O zume do seu talo é a principal fonte de azucre. Despois de colleitar a cana, pásase baixo unhas coitelas que a esfarelan e esmiúzan, para despois pasar ao trapiche (muíño de cana). Este zume é depurado por unha serie de filtros; despois sométese a un tratamento clarificante e de aí se coloca en depósitos de cocción ao baleiro, onde se concentra o zume; por último, cristalízase o azucre do zume. Unha vez cristalizado o azucre, extráese a auga restante ficando así o azucre branco común que se coñece habitualmente.
Nas zonas onde se colleita, tamén se masca a cana fresca, polo seu zume; mais tamén o zume doce véndese en vasos ou conos de papel pouco despois de ter sido extraído empregando unha máquina con esa fin. Nalgúns países como Cuba e República Dominicana este zume coñécese coma guarapo.
Diferentes microorganismos asociados ás súas raíces e algúns que medran dentro dos tecidos da planta (endófitos), como no seu talo e as follas, poden fixar o nitróxeno atmosférico, o que permite o seu cultivo en moitas zonas sen aporte de fertilizantes nitroxenados.
A cana é un cultivo de zonas tropicais ou subtropicais do mundo. Requiere auga e solos axeitados para medrar ben. É unha planta que asimila moi ben a radiación solar, tendo unha eficiencia achegada a 2% de conversión da enerxía incidente en biomasa. Unha cultura eficiente pode producir 100 a 150 toneladas de cana por hectárea por ano (con 14% a 17% de sacarosa, 14% a 16% de fibra e 2% doutros produtos solúbeis).
A cana propágase mediante a plantación de anacos de cana, de cada nó sae unha planta nova idéntica á orixinal; unha vez plantada a planta medra e acumula azucre no seu talo, o cal se corta cando está maduro. A planta regroma varias veces e pode seguir sendo colleitada. Estes cortes sucesivos chámanse "zafras". A planta deteriórase co tempo e polo uso da maquinaria que pisa as raíces, así que cómpre replantar cada sete a dez anos, aínda que existen canavais de 25 ou máis anos de idade.
A cana require de abundante auga. O seu período de crecemento varía entre 11 e 17 meses, dependendo da variedade de cana e da zona. Require de nitróxeno, fósforo, potasio e certos oligoelementos para a súa fertilización. En zonas salinas engádese xofre para controlar o sodio.
A cana pódese apañar a man ou a máquina. A colleita manual faise a base de persoas con machete que cortan os talos (xeralmente despois de queimada a planta para facer máis eficiente o labor) e organízanos en feixes para o seu transporte. Unha persoa pode apañar entre 5 e 7 t por día de cana queimada e 40% menos de cana sen queimar. A colleita mecánica faise con colleitadoras que cortan o mato e separan os talos das follas con ventiladores. Unha máquina pode colleitar 30 toneladas por hora, mais co inconveniente de que dana a raíz ou soca, diminuíndo en gran medida o nacemento de novas plantas por este método sendo moitas veces necesaria a replantación.
Saccharum officinarum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 54. 1753.[1]
Saccharum: nome xenérico que deriva do grego sakcharon, "azucre", e outras palabras semellantes en malaio e sánscrito para "azucre ou o zume da cana de azucre".[3]
officinarum: epíteto latino que significa "vendido coma herba medicinal".[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.