Un machete é un coitelo longo, aínda que máis curto que unha espada. Comunmente mide menos de 60 cm e ten só un lado afiado.
Emprégase para segar a herba, cortar a cana de azucre, podarplantas, abrirse paso na selva...[1]
Xeralmente, o gume é moi fino na parte máis próxima á punta, que sobresea lixeiramente do machete, sendo a fronte do machete curva.
Tamén existe outro tipo de machete cuxa fronte é puntiaguda, tendo o terzo final da coitela fío por ambas beiras. Úsase para cortar maleza e segar herba.
O facón (ou coitelo gaucho), orixinario das pampasarxentinas.
O bolo filipino é unha ferramenta moi similar, pero a súa folla ensánchase chegando á punta, para facelo máis pesado no extremo cortante. Usouse como arma durante a Revolución Filipina contra os españois, e posteriormente foi arma representativa nas guerrillas da Guerra Filipino-Estadounidense.
O golok de Indonesia consta dunha folla curta e grosa e unha empuñadura básica (máis efectivo en vexetaciónarborada).
O kukri ou kukuri nepalés consiste nunha folla curva que se usa normalmente para tarefas similares.