From Wikipedia, the free encyclopedia
O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015 foi a 66ª tempada de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Competiron dez equipos e vinte e dous pilotos, que disputaron dezanove Grandes Premios, comezando o en Australia o 15 de marzo e terminando en Abu Zabi o 29 de novembro.
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 22 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 15 de marzo de 2015 – 29 de novembro de 2015 |
Número de edición | 66 (2015) |
Competición | |
Campionato do Mundo de Construtores | Mercedes |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Lewis Hamilton |
Datos estatísticos | |
Carreires | 19 |
Lewis Hamilton gañou o campionato de pilotos que defendía logo de conseguir o seu segundo título no Gran Premio de Abu Zabi de 2014[1] O seu equipo, Mercedes, comezou a tempada como defensor do campionato de construtores, logo de lograr o seu primeiro título de campión no Gran Premio de Rusia de 2014.[2]
O calendario contou con dous cambios significativos; o primeiro foi o regreso do Gran Premio de México, que se celebrou por primeira vez desde 1992, mentres que o Gran Premio de Alemaña foi eliminado en última instancia, logo de non conseguir finanzación, deixando ao país sen unha proba do Campionato do Mundo por primeira vez en cincuenta e cinco anos.
A tempada 2015 viu a introdución do "Teito de Custos", unha serie de medidas de redución de custos negociados pola FIA en 2013.[3]
Hamilton conseguiu o seu terceiro campionato de pilotos a falta de tres carreiras para o fin da tempada. O subcampión foi o seu compañeiro de equipo Nico Rosberg, 59 puntos por detrás, con Sebastian Vettel de Ferrari terceiro, outros 44 puntos máis atrás. Mercedes asegurou o título de construtores de 2015 no Gran Premio de Rusia, por diante de Ferrari e Williams, e terminou a tempada cunha marca de 703 puntos. Hamilton gañou o Trofeo Pole da FIA, logo de lograr once poles na tempada e o Premio DHL á volta rápida. Ferrari gañou o primeiro Premio Pit Stop DHL.
Os seguintes equipos e pilotos participaron no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015.
Equipo | Foto | Construtor | Chasis | Motor | Pneu. | Nº | Piloto | Roldas | Nº | Piloto probas |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Scuderia Ferrari | Ferrari | SF15-T | Ferrari 059/4[4] | P | 5 7 |
Sebastian Vettel Kimi Räikkönen |
todas Todas |
— | ||
Sahara Force India F1 Team | Force India-Mercedes | VJM08 VJM08B[5] |
Mercedes PU106B Hybrid | P | 11 27 |
Sergio Pérez Nico Hülkenberg |
Todas Todas |
— | ||
Lotus F1 Team | Lotus-Mercedes | E23 Hybrid | Mercedes PU106B Hybrid | P | 8 13 |
Romain Grosjean Pastor Maldonado |
Todas Todas |
30 | Jolyon Palmer | |
Manor Marussia F1 | Marussia-Ferrari | MR03B[6][7] | Ferrari 059/3[8][9] | P | 28 98 53 |
Will Stevens Roberto Merhi Alexander Rossi |
Todas‡ 1‡–12, 15, 19 13–14, 16–18 |
42 | Fabio Leimer | |
McLaren Honda | McLaren-Honda | MP4-30 | Honda RA615H Hybrid | P | 20 14 22 |
Kevin Magnussen Fernando Alonso Jenson Button |
1 2–19 Todas |
— | ||
Mercedes AMG Petronas F1 Team | Mercedes | F1 W06 Hybrid | Mercedes PU106B Hybrid | P | 6 44 |
Nico Rosberg Lewis Hamilton |
Todas Todas |
— | ||
Infiniti Red Bull Racing | Red Bull-Renault | RB11 | Renault Energy F1-2015 | P | 3 26 |
Daniel Ricciardo Daniil Kvyat |
Todas Todas |
— | ||
Sauber F1 Team | Sauber-Ferrari | C34 | Ferrari 059/4[4] | P | 9 12 |
Marcus Ericsson Felipe Nasr |
Todas todas |
36 | Raffaele Marciello | |
Scuderia Toro Rosso | Toro Rosso-Renault | STR10 | Renault Energy F1-2015 | P | 33 55 |
Max Verstappen Carlos Sainz |
Todas Todas |
— | ||
Williams Martini Racing | Williams-Mercedes | FW37 | Mercedes PU106B Hybrid | P | 19 77 |
Felipe Massa Valtteri Bottas |
Todas Todas |
41 | Susie Wolff | |
Fontes:[10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][20][21][22][23] |
Notas:
‡ – Will Stevens e Roberto Merhi foron incluídos na primeira rolda en Australia, pero aínda que tanto eles como Marussia estaban presentes, non competiron porque o equipo non puido completar os seus coches a tempo para a carreira.
En decembro de 2013, a FIA anunciou a súa intención de abrir a grella a máis equipos, buscando o que denominou "equipos competitivos" dispostos a comprometerse co campionato ata a tempada 2020.[24] Recibíronse tres solicitudes, incluíndo unha oferta de Gene Haas, copropietario do equipo Stewart-Haas Racing da NASCAR Sprint Cup Series unha solicitude de Romanía,[25] en conxunto co exdirector de Jordan, Midland, Spyker, Force India HRT Colin Kolles,[26][27] e unha terceira de Zoran Stefanovic, un enxeñeiro aeroespacial serbio que xa o intentara na tempada 2010 e 2011 baixo o nome de Stefan GP.[28] O proceso de licitación atrasouse, a FIA só estaba buscando un equipo para agregar á grella, pero que o as dúas primeiras ofertas eran igualmente viables.[26] Haas F1 foi o candidato elixido,[29][30] pero Haas aprazou a súa participación ata a tempada 2016.[31] Bernie Ecclestone anunciou que o equipo romanés, chamado Forza Rossa Racing, fora aceptado,[32][33] pero o equipo non se incluíu na lista provisional de inscritos para a tempada 2015.[34]
Seguindo as recomendacións do informe do accidente de Jules Bianchi no Gran Premio do Xapón de 2014, a hora de inicio de 5 carreiras adiantarase unha hora, xa que as carreiras téñense que iniciar como mínimo 4 horas antes do anoitecer. Polo tanto, os Grandes Premios de Australia, Malaisia, China, Xapón e Rusia comezarán unha hora antes que en 2014.[62]
Os seguintes dezanove grandes premios están programados para levarse a cabo en 2015.[63]
Desde 2011, Pirelli e o fornecedor de pneumáticos do campionato oficial de F1.
* Pirelli designa 2 tipos de pneumáticos secos para cada Gran Premio. O máis brando é chamado "option" e o máis duro "prime".
Compostos | AUS |
MAL |
CHN |
BHR |
ESP |
MON |
CAN |
AUT |
GBR |
HUN |
BEL |
ITA |
SIN |
XAP |
RUS |
USA |
MEX |
BRA |
ABU |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Option | Brando | Medio | Brando | Brando | Medio | Super Brando | Super Brando | Super Brando | Medio | Brando | Brando | Brando | Super Brando | Medio | Super Brando | Brando | Brando | Brando | Super Brando |
Prime | Medio | Duro | Medio | Medio | Duro | Brando | Brando | Brando | Duro | Medio | Medio | Medio | Brando | Duro | Brando | Medio | Medio | Medio | Brando |
Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio | Intermedio |
Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia | Chuvia |
Pneu. que foi utilizado no Gran Premio. | |
Pneu. que non foi utilizado no Gran Premio. |
Puntuación: os puntos outórganse aos 10 finalistas clasificados.
Posición | 1º | 2º | 3º | 4º | 5º | 6º | 7º | 8º | 9º | 10º |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Puntos | 25 | 18 | 15 | 12 | 10 | 8 | 6 | 4 | 2 | 1 |
|
Negra – Pole |
|
Negra – Pole |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.