xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Camellia é un xénero de plantas da familia Theaceae que producen as flores coñecidas como camelias. O xénero Camellia inclúe moitas plantas ornamentais e a planta do té. A Camellia japonica é moi cultivada como especie ornamental en Galicia e, moi particularmente nas Rías Baixas, onde a climatoloxía e acidez do solo favorecen o seu cultivo e inducen unha longa floración.
Camelia (xénero Camellia) | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Camellia sinensis | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Ver texto. |
Todas as especies son arbustos e pequenas árbores que poden acadar os 10 m de altura. A follaxe é perenne, con follas coriáceas, dun verde escuro brillante, enteiras, aguzadas e de bordos enteiros ou lixeiramente serrados.
As flores son xeralmente grandes, con cinco sépalos e cinco pétalos (téñense conseguido híbridos con dobre ou múltipla corola e gran cantidade de pétalos), as cores varían do branco ao vermello, pasando polo rosa, e ocasionalmente poden aparecer combinadas no mesmo pé e incluso manchadas nesas tonalidades.
A especie máis estendida en xardinería é C. japónica. Nativa do Xapón e Corea, dela deriva a variedade Adolphe Audusson, indicada para cultivo en interiores. Das follas de C. sinensis obtense o té.
O xénero foi descrito polo naturalista sueco Carl von Linné na súa obra magna Species Plantarum, e bautizado en homenaxe ao misioneiro xesuíta Georg Kamel. Algunhas especies deste xénero pertencían ao xénero Thea, mais este epíteto foi sinonimizado con Camellia cando se observou que Camellia e Thea non presentaban diferenzas significativas entre si.
Todas as especies de Camellia son designadas, na China, pola palabra mandarina "chá" (茶), complementada por algún termo que, xeralmente, caracteriza o seu hábitat ou as súas peculiaridades morfolóxicas. As camelias cultivábanse nos xardíns da China e do Xapón dende hai séculos, moito antes da súa chegada a Europa. O botánico alemán Engelbert Kaempfer informou da "Rosa do Xapón"[1], como el lle chamou, unha planta que medraba brava en fragas, pero da cal moitas variedades foran seleccionadas para os xardíns orientais. Dixo que a planta tiña 900 nomes no Xapón. As primeiras representacións que os occidentais ollaron das camelias foron as das frecuentes pinturas das porcelanas chinesas.
A primeira camelia de que se teñen referencias en Inglaterra foi cultivada en Essex polo Lord Robert Petre en 1739. O seu xardineiro, James Gordon, foi o primeiro en comercializar camelias en occidente do seu alcouve preto de Londres.
Coa expansión do comercio do té a finais do século XVIII, novas variedades entraron en Inglaterra a través da British East India Company. Contra o 1819, vinte e cinco camelias floreceran en Inglaterra, cando apareceu o primeiro monográfico escrito por Samuel Curtis, A Monograph on the Genus Camellia, onde aparecían ilustracións a toda cora. Pola década de 1840, as camelias estaban moi de moda na Gran Bretaña. Isto inspirou a moitos artistas da época. Alexandre Dumas viuse influenciado pola morte moi temperá da cortesá parisiense Marie Duplessis en 1847, cando escribiu A dama das camelias. Verdi baseouse na obra de Dumas para compor La traviata.
As camelias máis antigas que se coñecen en Galicia e que aínda sobreviven son as do parque de Castrelos (Quiñones de León) en Vigo. O xardín creouse en tempos do primeiro marqués de Alcedo, existindo constancia de que o marqués de Loureiro cultivara en 1860 as primeiras camelias provenientes do seu alcouve de Portugal. O cultivo continuou co noveno Marqués de Valladares, a cargo de persoal inglés. Desa época conservamos un impresionante exemplar de C. japonica no xardín de buxos inglés na parte traseira do pazo.[2] Autores como Rosalía, Curros Enríquez, Pondal, Pardo-Bazán, Fernández Flórez ou Cunqueiro mencionan a camelia nas súas obras.
"As dez virtudes da camelia: Son todas éstas: Lonxevidade; inmutabilidade; continuidade; resurrección; pureza; beleza; coorido; tesón; servicio e utilidade". Álvaro Cunqueiro.
En Galicia abundan os exemplares de Camellia japonica e, en menor número, os de Camellia sasanqua e Camellia reticulata. Todas estas especies son arboriñas ou arbustos de follas persistentes, opostas, coriáceas e lustrosas. A Camellia saluenensis e maila Camellia oleifera, e outras especies que teñen importancia para a formación de híbridos, non son moi coñecidas en Galicia[3].
A camelia é a árbore de xardinaría por excelencia nas Rías Baixas. Aparece en moitísimos xardíns privados e públicos, e é común atopala como especie de aliñación das rúas, sendo moi frecuente en Vigo, onde incluso hai unha rúa co seu nome: a avenida das Camelias. Hai en Galicia un circuíto de xardíns de interese histórico e artístico vencellados á cultura da camelia[4]. A ruta da camelia inclúe os seguintes pazos e xardíns[5]:
|
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.