Remove ads
conxunto museístico da cidade de Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia
O museo municipal Quiñones de León é un conxunto museístico localizado no pazo de Castrelos, na parroquia de Castrelos de Vigo.
Museo Municipal Quiñones de León | |
---|---|
Museo Quiñones de León. | |
Coordenadas | 42°12′48″N 8°43′40″O |
País | España |
Cidade | Vigo |
Inauguración | 1937 |
Na rede | |
http://www.museodevigo.org | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O parque de Castrelos e o seu pazo pertenceron entre 1678 e 1918 á familia Gago de Mendoza Oca Sarmiento e Montenegro, desde Antonio Feliz Tavarés Ozores e Soutomaior até Fernando Quiñones de León e Elduayen, marqués de Valadares e de Mos. Casado con Marianne Wythe, finou sen descendencia aos 34 anos, deixando como herdeiro ao seu pai, Fernando Quiñones de León, Marqués de Alcedo, duque de Santo Magno e Conde de Vañuelas. Este, ao non ter netos, doou o parque e o palacio ao concello de Vigo. O concello indemnizou á viúva para que renunciase ao seu dereito usufructuario en xullo de 1934. O 9 de marzo de 1935 constitúese o primeiro padroado e abre ao público como museo o 22 de xullo de 1937.
No exterior, a transformación da horta traseira do pazo a finais do século XIX, segundo parece coa firma lusa Jacintho de Mattos do Porto, ofrece cinco hectáreas con categoría de xardín histórico e unha ruta botánica de alto valor estético. Está dividido en cinco sectores: acceso, roseiras da parte superior, xardín francés, xardín inglés e bosque.
Orientados ao sur, todo o contraste entre os diferentes conceptos de xardín. Ao pé das ventás, o racionalista: simétrico, estable e proporcionado no que salienta a escultura vexetal da sebe de buxos. Na parte baixa, o romántico inglés: estilo subxectivo, camiños imprevistos, especies de crecemento libre e elementos sacados do orientalismo como pavillóns e pagodes a escala. Destaca o paseo con dobre fila de camelias chamado Paseo de Antonio Odriozola en honor do estudoso deste xénero. Conduce cara ao viveiro e a cancha de tenis, que data da introdución deste deporte en Galicia cando na ría fondeaban cableiros ingleses. Asemade, atoparemos nesta zona estremeira do bosque unha liña dos eucaliptos plantados no ano 1872 e un orixinal pombal erguido sobre un emerxente penedo, no cal cría unha colonia controlada de pombas zuras.
Foi declarado Xardín Histórico e Ben de Interese Cultural en 1955[1] e dispón dun percorrido sinalizado en linguaxe braille.
O pazo barroco inclúe salas de arqueoloxía e colección de pintura galega.
A colección arqueolóxica abrangue desde o Paleolítico até a romanización de Galicia. Os achados da necrópole romana do Areal en 1953 propiciaron a fundación da sala naquela mesma década.
O Museo Municipal Quiñones de León (no Pazo de Castrelos) comparte fondos coa Pinacoteca Francisco Fernández del Riego (na Casa de Arias Taboada), por ser ambos de titularidade municipal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.