pintor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Aramburu Núñez, nado en León o 10 de abril de 1936[1] e finado en Pontevedra o 20 de xuño de 2015[2], foi un pintor e debuxante galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuel Aramburu Núñez 10 de abril de 1936 León, España |
Morte | 20 de xuño de 2015 (79 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor, debuxante |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Fillo de pais galegos, a súa familia viu vivir a Pontevedra despois da guerra civil española, e nesa vila iniciou a súa aprendizaxe no mundo da pintura.
Aramburu foi un dos grandes mestres da pintura actual de Galicia,[Cómpre referencia] pertencente á chamada "xeración de vangardas e silencios", da que forman parte un grupo de artistas que desenvolveron a súa actividade creativa a partir da posguerra española. É posterior, polo tanto, a artistas como Manuel Colmeiro Guimarás ou Laxeiro, e anterior á xove escola artística galega, marcada quizais a partir da experiencia "Atlántica" nos anos 80. En 1969 foi pensionado pola Deputación de Pontevedra para estudar en París, momento en que tivo a oportunidade de estudar o impresionismo, polo que se sentiu especialmente atraído e cuxa influencia nunca abandonou.
A obra de Manuel Aramburu pódese dividir nos seguintes períodos:
Etapa correspondente aos duros anos da posguerra española nunha cidade de gran tradición cultural na Galicia da primeira metade do Século XX. Trátase da súa primeira etapa de aprendizaxe, influído polos artistas galegos das xeracións inmediatamente anteriores: Manuel Colmeiro Guimarás, Arturo Souto Feijoo, Luís Seoane, e Manuel Torres; tamén, Laxeiro ou Manuel Pesqueira, artistas estes tres últimos cos que Aramburu tivo moito contacto e unha grande amizade e respecto mutuo.
Nesta etapa obsérvase unha grande influencia dos impresionistas do S. XIX, especialmente Paul Cezanne e Van Gogh.
Durante os anos 1971 a 1975 na pintura de Aramburu atópase un tema recorrente: Os montes do Paraño, que levan a súa obra a distintos museos e a ser recoñecido en publicacións nacionais como representación da moderna pintura española.
No ano 1975 presentou na Bienal Nacional de Arte de Pontevedra a súa obra "Desmantele" que obtivo a primeira medalla de ouro (posteriormente obtería a de bronce na bienal Internacional), e marcou a temática da súa obra, que non abandonou. Nese momento, Aramburu xa estaba dedicado plenamente á pintura e compaxinaba o seu labor artístico coa docencia nunha academia privada e como profesor de debuxo nun centro público.
Unha constante ao longo de toda a súa traxectoria é a súa faceta de retratista, estudoso de mestres como Velázquez, Goya ou Fernando Álvarez de Sotomayor, que o levan a aceptar o encargo de retratar en diversas ocasións a Xoán Carlos I, rei de España, a Filipe de Borbón, Príncipe de Asturias, ou a realizar a galería de retratos da Academia Naval de Marín ou dos decanos da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
Para o retrato, Aramburu utiliza tanto o óleo como a sanguina.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.