empresario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Policarpo Sanz Soto, nado en Marín o 25 de xaneiro de 1841 e finado en París o 9 de novembro de 1889, foi un industrial e mecenas galego.
Nome orixinal | José Policarpo Sanz Soto |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de xaneiro de 1841 Marín, España |
Morte | 9 de setembro de 1889 (48 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró Cemiterio de Picacho |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Irene de Ceballos |
Fillo do peiteador tudense Diego Sanz Cividanes e da viguesa Antonia Soto Díaz, naceu en Marín, se ben a súa infancia transcorreu en Vigo. Como emigrante en Cuba, primeiro, e nos Estados Unidos de América, despois, José Policarpo Sanz Soto construíu un importante grupo industrial, axudado tamén polo seu casamento en 1877 con Irene de Ceballos, adiñeirada herdeira de orixes cubanas.
Xunto con Xosé García Barbón, fundou a Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia en 1871, que se constituíu como a primeira sociedade de emigrantes galegos do mundo.
Fixo testamento en 1888. Despois da súa morte e a da súa muller e herdeira única e universal que o sobreviviu 46 anos, seguíndose o seu desexo, a súa inmensa colección de obras de arte foi doada ao Museo Municipal de Vigo. Nesa colección atopábanse importantes cadros de pintores flamengos, franceses, italianos e españois.[1]
Tralo seu pasamento en París en 1889, os seus restos embalsamados, foron trasladados en 1891 ao antigo cemiterio de Vigo de Picacho, e máis tarde a un panteón ao daquela novo Cemiterio de Pereiró.
Na súa honra, o concello de Vigo bautizou unha das súas principais rúas co nome do mecenas, que hoxe é o enderezo das sedes de institucións bancarias, de teatros e centros culturais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.