From Wikipedia, the free encyclopedia
Un pombal (do latín palumbalem, derivado á súa vez de palumbam, pomba) é unha construción rural para a cría de pombas. En xeral, é un raro complemento da vivenda rural, xa que por mor do seu custo e escaseza de rendibilidade, só aparece nas leiras pertencentes ós pazos, ás casas reitorais ou ás casas grandes de campesiños acomodados.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2020) |
É unha construción que pode adoptar diversos xeitos: en Galiza na meirande parte dos casos é un corpo cilíndrico cun raio de preto de dous metros e unha altura aproximadamente igual ó seu diámetro. A súa cuberta pode ser cónica ou chan, a xeito de ferradura, e inclinada a unha auga. Adoita estar construído con cachotería vista ou revocada, con varias entradas para as pombas, unha cornixa para que estas engalen e unha porta de acceso para as persoas. No seu interior dispóñense os niños formando parte do paramento do muro de pedra.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pombal |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.