Remove ads
parroquia civil do concello de Porto do Son From Wikipedia, the free encyclopedia
San Fins de Ribasieira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 87 habitantes (46 homes e 41 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación.
Ribasieira | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Porto do Son[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°40′11″N 8°59′07″O |
Poboación | 87 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa igrexa parroquial, de estilo neoclásico, data do século XVIII. Está formada por muros ben definidos de cantería de granito, que lle dan unha forma compacta. A nave é rectangular, dividida en dous treitos por un arco de medio punto que separa o presbiterio do resto do templo. No lateral esquerdo deste presbiterio hai unha pequena sancristía, desmarcándose da igualdade da nave, co coro situado aos pés.
A cuberta, a dúas augas, está sobre unha estrutura de madeira. No exterior a decoración é moi sobria, o que resalta a súa volumetría. A fachada principal ten unha pequena espadana de arcada única.
Lugares da parroquia de Ribasieira no concello coruñés de Porto do Son | |
---|---|
Bustiguillade | Bustoseco | Cabrais | Calvelle | Godón | Inxerto | A Madanela | Pousacarro | Tara | Xufres |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.