San Pedro de Muro, Porto do Son

parroquia civil do concello de Porto do Son From Wikipedia, the free encyclopedia

San Pedro de Muro, Porto do Sonmap

San Pedro de Muro é unha parroquia situada no sur do concello de Porto do Son. Segundo o INE, no 2020 tiña 852 habitantes (434 homes e 418 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
San Pedro de Muro
Thumb
Igrexa de San Pedro de Muro.
ConcelloPorto do Son[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°37′11″N 9°01′21″O
Poboación852 hab. (2020)
Entidades de poboación20[1]
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Toponimia

Segundo Nicandro Ares San Pedro deriva do antropónimo latino relacionado con petra (pedra). É un nome de santo, haxiotopónimo.[2]

Patrimonio

Igrexa parroquial

Trátase dunha igrexa que data do ano 1720, sinxela en canto a formas e ornamentación a excepción da fachada principal, de inspiración neoclásica, que lle foi engadida posteriormente.

O interior conta cunha única nave dividida pola transepto. No exterior destaca a xa citada fachada neoclásica con abundante decoración, así como o campanario dividido en tres corpos.

Ermida de San Bieito de Seráns

Capela cunha planta rectangular con muros de cantería. Ten unha nave principal, un presbiterio (ambos cubertos mediante unha bóveda de canón) e unha sancristía.

O exterior carece de ornamentación e destaca unha espadana con dúas arcadas.

Outros elementos

No lugar do Campo das Patas áchanse as Mámoas de Campo das Patas.

  • Na miña vida tal vin/ nesa aldea de Seráns:/ unha cadela con pitos,/ unha galiña con cans [3].

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de San Pedro de Muro

Lugares da parroquia de San Pedro de Muro no concello coruñés de Porto do Son

Alboreda | Os Anovados | O Arrús | As Barreiras | Basoñas | O Campo de Patas | O Canido | A Canteira | Carballosa | Cimadevila | Espiñeirido | Fonte Espiñosa | A Igrexa | O Lapido | A Pedreira | Prado de Cima | Rial | O Ribeiro | Santa Clara de Novás | Seráns

Parroquias de Porto do Son

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son

Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Pedro) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.