Rafael Alonso Fernández nado en Pontevedra en 1924 e finado setembro en 1995, foi un pintor galego, especializado na acuarela.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaRafael Alonso
Biografía
Nacemento1924 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte1995 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1184451
Pechar

Traxectoria

Comezou a estudar arquitectura en Madrid en 1946, mais deixouno ao pouco tempo. En 1947 fixo a súa primeira exposición en Vigo e Pontevedra simultaneamente.[1] En 1952 marchou durante dous anos a París cunha pensión e alí coñeceu tendencias innovadoras (postimpresionismo, fauvismo, técnica de Duby...), que serviron de base para a súa propia creatividade.[2]

Nos seus comezos a temática era máis paisaxística, derivando cara a formas esquemáticas.

Amigo do editor Sabino Torres, ilustrou a obra de Celso Emilio Ferreiro Musa alemá.

Recibiu a medalla de Ouro da primeira Bienal de Arte de Pontevedra (1970) e a da cuarta Bienal Internacional de Pontevedra (1980), os dous únicos concursos ós que se presentou.[3][4][2] A súa obra está en poder de institucións como os Paradores Nacionais de Turismo, o BBVA, a Colección Afundación, o Museo Provincial de Pontevedra ou o Museo Municipal Quiñones de León de Vigo e coleccións privadas do Canadá, Cuba, Estados Unidos de América, Francia, Reino Unido, Rusia[1][2]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.