A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades é o órgano da Xunta de Galicia encargado dos asuntos culturais e da regulación do ensino dende a primaria ata a educación universitaria, a formación profesional e o ensino de adultos. O titular actual é Román Rodríguez González.
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades | |
---|---|
Tratamento | Excelentísimo señor |
Ámbito | Comunidade Autónoma de Galicia |
Designado por | Presidencia da Xunta de Galicia |
Duración | Catro anos, sen límite de mandatos |
Sitio web | www.edu.xunta.gal |
Historia
A consellería de Educación e Ordenación Universitaria comezou chamándose unicamente de Educación, e é un dos departamentos máis estables da historia da Xunta de Galicia polo que corresponde ás súas funcións. Ademais, e ata o ano 2005, foi o departamento encargado da xestión da política lingüística, función que recuperou a partir de 2009. En 2012 asumiu as funcións da extinta consellería de Cultura.
Conselleiros
Competencias de Educación
- Francisco Cacharro Pardo (1982–1983). Consellería de Educación.
- Víctor Manuel Vázquez Portomeñe (1983–1986).
- María Xesús Sáinz (1986–1987).
- Xavier Suárez-Vence (1987–1988).
- Aniceto Núñez (1988–1990). Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- Xoán Piñeiro Permuy (1990–1996)
- Celso Currás (1996–2005)
- Laura Sánchez Piñón (2005–2009)
- Xesús Vázquez Abad (2009–2015)
- Román Rodríguez González (2015-2018)
- Carmen Pomar Tojo (2018-2020). Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
- Román Rodríguez González (2020-)
Competencias de Cultura
- Xosé Filgueira Valverde (1982–1983). Consellería de Cultura.
- Alejandrino Fernández Barreiro (1986–1987). Consellería de Cultura e Benestar Social.
- Alfredo Conde (1987–1990). Consellería de Cultura e Deportes.
- Daniel Barata Quintas (1990–1993). Consellería de Cultura e Xuventude.
- Víctor Manuel Vázquez Portomeñe (1993–1996). Consellería de Cultura.
- Xesús Pérez Varela (1996–2005). Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
- Ánxela Bugallo (2005–2009). Consellería de Cultura e Deporte.
- Roberto Varela (2009–2012). Consellería de Cultura e Turismo.
- Xesús Vázquez Abad (2012–2015). Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
- Román Rodríguez González (2015-). Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (2015-2018). Consellería de Cultura e Turismo (2018-2020). Consellería de Cultura, Educación e Universidade (2020-)
Estrutura interna
Secretarías e direccións xerais
Ademais da necesaria Secretaría Xeral Técnica da consellería (ocupada por Manuel Vila López), a consellería de Educación conta coas seguintes direccións xerais e secretarías xerais:
- Secretaría xeral de Cultura: Anxo Lorenzo Suárez.
- Dirección xeral de Patrimonio Cultural: María del Carmen Martínez Insua.
- Secretaría xeral de Política Lingüística: Valentín García Gómez.
- Secretaría Xeral de Universidades: José Alberto Díez de Castro.
- Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional: José Luis Mira Lema.
- Dirección xeral de Centros e Recursos Humanos: Jesús Manuel Álvarez Bértolo.
Órganos colexiados
- Consello Escolar de Galicia.
- Consello Galego de Formación Profesional.
- Consello Galego de Universidades.
Entres adscritos
- Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
- Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
- Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (BUGALICIA).
- Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).
- Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).
- Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sitio web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
- Sitio web de Cultura de Galicia
- Sitio web do Portal da Lingua Galega. Secretaría Xeral de Política Lingüística.
- Sitio web de Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia
- Sitio web do Centro Autonómico de Formación e Innovación
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.