avogado e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Alejandrino Fernández Barreiro, nado en Leiro o 1 de xuño de 1943 e finado na Coruña o 14 de outubro de 2014,[1][2] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1943 Leiro, España |
Morte | 14 de outubro de 2014 (71 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Empregador | Universidade de Granada |
Familia | |
Cónxuxe | Lutgarda García-Boente |
Licenciouse en Dereito na USC (1966) e doutorouse na Universidade de Navarra (1968)[1] cunha tese sobre La previa información del adversario en el proceso privado romano, dirixida por Álvaro D'Ors.[3] Seguiu formándose na Sorbona de París canda a Jean Gaudemet. Despois traballou en Roma xunto a Giovanni Pugliese.
Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela, na UNED e na Universidade de Granada. En 1974 obtivo a Cátedra de Dereito romano da USC. En 1989, trala creación da Universidade da Coruña, pasou a ser catedrático de dereito romano e secretario xeral da mesma,[4] e entre 1991 e 1999 foi decano da Facultade de Dereito da Coruña. Entre 2005 e 2013 dirixiu o departamento de Dereito público.
Membro do Partido Demócrata Popular, partido integrado en UCD. Foi responsable do departamento de educación durante a Xunta Preautonómica co goberno de Antonio Rosón, e nomeou Ricardo Carballo Calero como presidente da comisión encargada de establecer unhas normas lingüísticas para o uso administrativo. Posteriormente, foi conselleiro de Educación e Cultura[2] no primeiro goberno da Xunta de Galicia, o de Xosé Quiroga Suárez. Deputado no Parlamento de Galicia (1985-1989), e conselleiro de Cultura e Benestar (1986-1987) con Xerardo Fernández Albor,[1] durante o seu mandato púxose en marcha o Centro de Coordinación Bibliotecaria de Galicia. En febreiro de 1988 pasou do Grupo Popular ao de Coalición Galega.
Predecesor: Víctor Manuel Vázquez Portomeñe |
Conselleiro de Cultura e Benestar Social 1986 - 1987 |
Sucesor: Alfredo Conde |
Estaba casado coa tamén avogada e política Lutgarda García Boente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.