Alfredo Conde Cid , nado en Allariz o 6 de xaneiro de 1945 , é un escritor e político galego tanto en lingua galega como en lingua castelá .[1]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Naceu no seo dunha familia galeguista de clase media.[Cómpre referencia ] Estudou náutica na Escola Superior de Náutica da Coruña e Historia na Universidade de Santiago de Compostela . Traballou como mariño mercante e tamén como profesor de historia nun colexio privado.
Xa vai o Griffón no vento incluíuse na Biblioteca Galega 120 .
En 1973 foi cofundador, con outros oito socios (José Luis Llácer, Margariña Valderrama , María Victoria Moreno , Blanca Varona, Ramón Yuste, Carmen María Echarre, Paco Gulías e Javier Yuste) da librería Xuntanza, na rúa Andrés Muruais de Pontevedra , que pechou en 1976 polas débedas.[2] [3]
Foi deputado no Parlamento de Galicia como independente no grupo do PSdeG (1981 -1993 ) e conselleiro de cultura con Fernando González Laxe (1987 -1990 ). Foi o primeiro presidente do PEN Clube de Galicia (1990-1991 ).
A súa primeira obra foi o poemario Mencer de lúas (1968 ), pero Alfredo Conde é coñecido sobre todo pola súa obra narrativa que comeza en 1974 co libro de relatos Mementos de vivos .
“
Deixei de escribir en galego porque me dei de conta de que levaba vinte anos facendo o parvo, de que non se me quere e de que non teño amigos. […] Agora todo é mercado, a excelencia non pinta nada […] O que acontece é que preciso tempo e cartos. Paréceme un cachondeo que me traduzan do castelán, fareino eu cando teña tempo. [4]
”
Narrativa
Un detalle deste cadro de Arturo Fernández Cersa empregouse para ilustrar a portada de María das Batallas , Galaxia, 2007.[5]
Mementos de vivos (1974, Galaxia ).
Contubernio catro de Tomé S. (1978. Reeditado en 1988 en Sotelo Blanco como O contubernio ).
Come e bebe que o barco é do amo (1978, Akal ).
Breixo (1981, Xerais e 1990, Galaxia). Traducida ao castelán.[6]
Memoria de Noa (1982, Xerais e 1986, Galaxia). Traducida ao castelán[7] e ao ruso.[8]
Xa vai o Griffón no vento (1984, Galaxia), Premio Nacional de Narrativa de España . Traducida ao castelán,[9] ao italiano,[10] ao inglés[11] e ao ruso.[12]
Música sacra (1990, Galaxia). Traducida ao castelán.[13]
A morte de Blas (1992, Contos do Castromil ).
Sempre me matan (1995, Ir Indo ). Traducida ao castelán.[14]
A casa de Adara (1996, Xerais).
O fácil que é matar (1998, Xerais).
Memoria do soldado (2002, Sotelo Blanco). Traducida ao castelán.[15]
Romasanta. Memorias incertas do home lobo (2004, Sotelo Blanco). Traducida ao castelán,[16] ao ruso[17] e ao inglés.[18]
Lukumí (2006, Galaxia).[19] Traducida ao castelán.[20]
María das Batallas (2007, Galaxia). Traducida ao castelán.[21]
Chovida do ceo (2014, Xerais).
O beato (2016, Xerais).
Un vento que pasa (2019, Galaxia). 228 páxs. ISBN 978-84-9151-353-7 .[22] [23]
Homes de ferro (2020, Ézaro Ediciones ).
A conto do político (2023, Ézaro Ediciones).
Poesía
Mencer de lúas (1968 , Galaxia)
ColeccionAN. 69 poemas de amor (2014 , Trifolium , edición bilingüe galego-castelán)
Obras colectivas
Os novísimos da poesía galega (1973 , Akal)
Contos da xustiza (1991, Ir Indo)
Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN (1993, Xunta de Galicia/PEN Clube)
Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979 -1996) (1996, Xerais)
Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001 , Consello da Cultura Galega )
Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia)
Narradio. 56 historias no ar (2003 , Xerais)
Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009 , Difusora)
Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015 , Concello de Pontevedra/Galaxia)
Na Praza do Obradoiro
Narrativa
Los otros días (1991)
Cubita, la bella (1992, Biblioteca 114 , El Correo Gallego )
Azul cobalto. Historia posible del Marqués de Sargadelos (2001, Edhasa). Traducida ao ruso.[24]
María de las batallas (2008 )
Huesos de santo (2010 )
El beato (2016)
Premio Nadal no 1991, por Los otros días .
Premio Ateneo-Ciudad de Valladolid 2016 por El beato [25]
Estivo casado con Margariña Valderrama , con quen tivo dúas fillas.[26]
Foi nomeado fillo predilecto da provincia de Ourense .[27]
"Breixo" . bibliotraducion.uvigo.es . Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17 .
"El Griffón" . bibliotraducion.uvigo.es . Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17 .
"Il Grifone" . bibliotraducion.uvigo.es . Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17 .
"The Griffon" . bibliotraducion.uvigo.es . Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17 .
"Grifon" . bibliotraducion.uvigo.es . Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17 .
"Lukumí" . bibliotraducion.uvigo.es . Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-17 .
López Silva, Xosé Antonio (outubro, novembro, decembro 2019). "Lúcida reflexión sobre a vellez". Grial LVII (224): 102–103. ISSN 0017-4181 .
La Voz de Galicia, 25-7-1985, p. 17.