especie de paxaro From Wikipedia, the free encyclopedia
Aerodramus brevirostris é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que comprende as salanganas),[2] unha das vinte e seis integradas hoxe no xénero Aerodramus.
Aerodramus brevirostris | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aerodramus brevirostris en voo | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Aerodramus brevirostris (Horsfield, 1840) | |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
A especie foi descrita en 1840 polo médico e naturalista estadounidense Thomas Horsfield,[3] baixo o nome de Hirundo brevirostris,[4] dada a súa morfoloxía, moi semellante á das anduriñas.
Para a do xénero, véxase Aerodramus
O epíteto específico, brevirostris, está formado pola unión dos elementos brevi- e -rostris, ambos os dous derivados do latín, o primeiro de brevis, -e, "curto", e o segundo de rostrum, -i, "pico de ave".[5] Literalmente: "de pico curto".
Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC), organización cuxas decisións seguen a maioría dos ornitólogos, establece na actualidade (2019) a seguinte clasificación da especie, coas tres subespecies que se indican:[6]
Na actualidade recoñécense dentro da especie, as tres subespecies seguintes:
Porén, algúns autores recoñecen unha máis:[3]
Por outra parte, outros engaden unha quinta subespecie, Aerodramus brevirostris inopina (Bangs, 1909).[7]
Ademais da súa inicial inclusión no xénero Hirundo, a especie reclasificouse despois no xénero Collocalia e, máis recentemente, en Aerodramus.
A dúas das súas subespecies algúns autores outórganlle o rango de especies sepradas: A. b. rogersi, de Indochina, como Aerodramus rogersi,[8] e a A. b. vulcanorum, de Xava, como Aerodramus vulcanorum.[9]
En case todas as linguas coñécese vulgarmente como salagana do Himalaia, coas variacións correspondentes de cada idioma.
Mide de 13 a 14 cm de lonxitude e, coas ás despregadas semella unha media lúa ou un búmerang. O seu corpo é delgado, e a cola está lixeiramente bifurcada. É, en moitos aspectos, unha salangana típica, coas ás longas e estreitas que lle permiten facer un voo rápido, e cunha boca ancha e un pico pequeno rodeado de serdas para atraparen insectos en voo. As súas patas son moi curtas, o que impide que a ave pouse no chan ou en superficies horizontais, pero lle permiten aferrarse a superficies verticais.
Os seus hábitats naturais son os bosques tropicais e subtropicais húmidos, os bosques de montaña húmidos, terras con cultivos, onde caza polo día, refuxiándose pola noite en covas ou en edificios abandonados, onde tamén aniña.[1]
A especie reprodúcese en colonias no Himalaia e no sueste asiático. Algunhas das súas poboacións son migratorias.
Encóntrase en Bangladesh, Bután, a China, a India, en Myanmar, Nepal, na República Democrática Popular Lao, Tailandia e Vietnam. Ademais, visita Malaisia, aínda que non se reproduce alí.[1]
A especie é común, polo que a UICN considera o seu status como LC (pouco preocupante), Pero a salangana de Xava, Aerodramus brevirostris vulcanorum, de considerarse como especie separada, está ameazada de extinción. Encóntrase só en volcáns activos en Xava, con catro lugares de asentamento definidos e cinco probábeis, pero non confirmados. Birdlife International estima un total de menos de 400 aves nas localidades coñecidas. Dado que esta forma aniña nas fendas dos cráteres, que en todas as localidades coñecidas son de volcáns activos, crese que as súas colonias son susceptíbeis de extinción periódica.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.