O 22 de decembro é o 356º día do ano do calendario gregoriano e o 357º nos anos bisestos . Quedan 9 días para finalizar o ano .
69 - Vespasiano é proclamado emperador de Roma .
401 - En Roma Inocencio I é elixido Papa .
1248 - Fernando III entra na conquistada Sevilla .
1622 - Miguel Trujillo e Andrés Paez de Sotomayor fundan a cidade colombiana de Bucaramanga .
1666 - en París fúndase a Academia de Ciencias , obra de Jean-Baptiste Colbert .
1711 - O arquiduque Carlos é coroado emperador en Frankfurt co nome de Carlos VI .
1815 - José María Morelos , líder revolucionario de México , é fusilado en San Cristóbal Ecatepec .
1849 - O escritor ruso Fiódor Dostoievski é indultado ante o pelotón que o ía fusilar.
1857 - Forzas militares de Inglaterra e Francia toman a cidade chinesa de Cantón , que será gobernada ata 1901 por unha comisión anglofrancesa.
1885 - o samurai Itō Hirobumi convértese no primeiro Primeiro Ministro do Xapón .
1919 - O secretario norteamericano de Xustiza, Palmer, ordena a detención de membros comunistas e anarquistas perante o temor de que se produzan desordes.
1922 - Un choque de trens en Ontinyent (provincia de Valencia ) causa 11 mortos e 90 feridos.
1928 - As grandes potencias recoñecen a autonomía alfandegaria da China .
1929 - Fracasa o plebiscito organizado pola extrema dereita alemá contra o Plan Young .
1933 - As mulleres españolas votan por primeira vez nunhas eleccións lexislativas.
1938 - Otto Hahn , director de química do Instituto Kaiser de Berlín , e mailo seu equipo acadan a primeira fisión nuclear da historia.
1939 - Fracasa a ofensiva soviética en Finlandia .
1940 - Ataque aéreo alemán sobre Manchester (Inglaterra ).
1944 - Fúndase o Exército Popular Vietnamita para loitar contra a ocupación xaponesa .
1945 - A empresa aeronáutica estadounidense Beech Aircraft Corporation fai voar por primeira vez o avión Bonanza 35.
1947 - Na Revolución Chinesa , os comunistas chegan as portas de Pequín .
1965 - O comandante das tropas norteamericanas no Vietnam , o xeneral William Westmoreland , anuncia unha tregua polo Nadal .
1966 - Rodesia do Sur , abandona a Commonwealth .
1969 - Bernadette Devlin , membro da Cámara dos Comúns , é condenada en Londonderry (Irlanda do Norte ) a seis meses de cárcere, acusada de participar nas desfeitas do mes de agosto pasado.
1970 - O goberno peruano concede unha amnistía total para os presos políticos.
1971 - O austríaco Kurt Waldheim é elixido novo secretario xeral da ONU .
1972 - Rescátanse os 16 superviventes dun accidente aéreo ocorrido 70 días antes nos Andes con 36 persoas no interior.
1973 - A OPEP duplica os seus prezos pola crise do petróleo.
1989 - Durante a Revolución Romanesa , Ion Iliescu proclámase presidente de Romanía rematando coa ditadura comunista de Nicolae Ceauşescu .
2001 - Burhanuddin Rabbani , líder político de Alianza Afgá no Norte , cede o poder sobre Afganistán ao goberno interino encabezado polo Presidente Hamid Karzai .
Giacomo Puccini.
Álvaro Cunqueiro.
1639 - Jean Racine , dramaturgo francés (m. 1699).
1856 - Frank Billings Kellog , político estadounidense, premio Nobel da Paz en 1929 (m. 1937 ).
1858 - Giacomo Puccini , compositor italiano (m. 1924 ).
1864 - Federico Gamboa , xornalista, narrador e autor dramático mexicano.
1859 - Manuel Gutiérrez Nájera , poeta mexicano.
1876 - Filippo Tommaso Marinetti , poeta italiano (m. 1944 ).
1879 - Armando Cotarelo Valledor , escritor galego (m. 1950).
1887 - Srinivasa Ramanujan , matemático indio.
1884 - Antón Losada Diéguez , escritor galego (m. 1929 ).
1896 - Fernando Pérez Barreiro , xornalista, escritor e político galego (m. 1968).
1900 - Ofelia Uribe de Acosta , política colombiana.
1903 - Haldan Keffer Hartline , fisioloxista estadounidense, Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía (m. 1983 ).
1932 - Rafael Úbeda Piñeiro , pintor galego.
1933 - Abel Pacheco , presidente da Costa Rica entre 2002 e 2006 .
1942 - Dick Parry , músico británico (Pink Floyd ).
1947 - Porfirio Lobo Sosa , presidente de Honduras.
1949 - Robin Gibb , músico e cantante inglés (Bee Gees ).
1949 - Maurice Gibb , músico e cantante inglés (Bee Gees ) (m. 2003 ).
1953 - Pantera Rodríguez , boxeador galego (m. 2000).
1956 - Michele Alboreto , piloto de fórmula 1 italiano.
1959 - Bernd Schuster , xogador de fútbol alemán.
1963 - Giussepe Bergomi , xogador de fútbol italiano.
1966 - María Pujalte , actriz galega.
1989 - Jordin Sparks , cantante estadounidense.
Andrés do Barro.