From Wikipedia, the free encyclopedia
Écurie Ecosse foi un equipo de carreiras de motor de Edimburgo Escocia. O equipo fundouse en novembro de 1951 por un empresario e piloto de carreiras de Edimburgo David Murray e o mecánico Wilkie Wilkinson, o seu logro máis salientable foi gañar as 24 Horas de Le Mans de 1956 e 1957. O equipo tamén correu en tres carreiras de Fórmula Un. Os coches da Écurie Ecosse foron sempre distingidos polaazul metalizada.
Nome completo | |
---|---|
Bandeira | Reino Unido |
Baseada en | merchiston, Edimburgo |
Tempadas en activo | 3 |
Número de pilotos | David Murray Ian Stewart Jimmy Stewart Leslie Thorne |
Debut | Gran Premio do reino Unido de 1952 |
Carreiras | 3 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | gran Premio do Reino Unido de 1954 |
Écurie Ecosse inscribiuse catro veces nun Gran Premio de Fórmula Un durante tres tempadas. O primeiro foi do propio David Murray, pilotando un Cooper T20 no Gran Premio do Reino Unido de 1952. Non obstante, retirouse con problemas no motor no inicio da carreira.
Para 1953, o equipo inscribiu dous coches un Cooper T20 para Jimmy Stewart e un novo Connaught Type A para Ian Stewart. Por desgraza, ningún dos pilotos rematou a carreira; Jimmy saíuse da pista na volta 79 e Ian retirouse con problemas no motor.
A última saída do equipo na F1 foi no Gran Premio do Reino Unido de 1954, onde volveu a inscribir ao Connaught, esta vez pilotado por Leslie Thorne. Aínda que o coche conseguiu rematar, quedou a doce voltas dos líderes. A partir deste momento, o equipo concentrouse en eventos de coches deportivos.
(Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Piloto | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1952 | Cooper T20 | Bristol BS1 2.0 L6 | D | SUI | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | NED | ITA | ||
David Murray | Ret | ||||||||||||
1953 | Connaught Tipo A Cooper T20 |
Lea-Francis 2.0 L4 Bristol BS1 2.0 L6 |
D | ARX | 500 | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | SUI | ITA | |
Ian Stewart | Ret | ||||||||||||
Jimmy Stewart | Ret | ||||||||||||
1954 | Connaught Tipo A | Lea Francis 2.0 L4 | D | ARX | 500 | BEL | FRA | ALE | ALE | SUI | ITA | ESP | |
Leslie Thorne | 14† | ||||||||||||
Fonte:[1] |
† Non clasificado; 12 voltas por detrás
Écurie Ecosse tamén correu no Campionato Europeo de Fórmula 2, desde 1969 ata 1971. A súa primeira carreira foi en 1969 en Thruxton onde o piloto Graham Birrell terminou 11º nun Brabham BT23C. En Enna Birrell non puido comezar a carreira porque estrelara o coche na práctica e o equipo non puido reparalo antes da carreira. En 1970 Ecurie Ecosse entrou co mesmo coche para Birrell. En Crystal Palace Birrell terminou na undécima posición. Na seguinte carreira celebrada en Hockenheimring Birrell terminou na 12ªa posición. En Imola Richard Attwood tomou o relevo de Birrell; despois de quedar sexto na primeira manga, non puido comezar a segunda manga e, polo tanto, non clasificou. En 1971 Écurie Ecosse tiña un novo piloto, Tom Walkinshaw, tamén tiñan un coche novo, un March 712M. En Thruxton Walkinshaw retirouse na terceira volta debido a unha picada nunha roda. En Nürburgring, Gerry Birrell terminou na novena posición. Nas súas dúas últimas carreiras, no Jarama e no Crystal Palace, Walkinshaw non puido clasificarse para a carreira.
(clave) (Os resultados en grosa indican pole position, os resultados en cursiva indican volta rápida; † indica a condución compartida.)
Ano | Chasis | Motor(es) | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1969 | Brabham BT23C | Cosworth FVA | THR | HOC | NÜR | JAR | TUL | PER | VAL | |||||
Graham Birrell | 11 | NTS | ||||||||||||
1970 | Brabham BT30 | Cosworth FVA | THR | HOC | BAR | PAL | HOC | PER | TUL | IMO | HOC | |||
Graham Birrell | 11 | 12 | ||||||||||||
Richard Attwood | Ret | |||||||||||||
1971 | March 712M | Cosworth FVA | HOC | THR | NÜR | JAR | PAL | ROU | MAN | TUL | ALB | VAL | VAL | |
Tom Walkinshaw | Ret | NSC | NSC | |||||||||||
Gerry Birrell | 9 |
Nas 24 Horas de Le Mans de 1956 Ron Flockhart e Ninian Sanderson foron os pilotos gañadores nun Jaguar D-Type.[2]
Ron Flockhart gañou de novo cun Type De no evento de 1957, asociado esta vez con Ivor Bueb.[3] O segundo tipo D do equipo pilotado por Sanderson e o seu novo compañeiro John Lawrence, terminou segundo, un raro dobrete privado.
Na carreira de Le Mans de 1958 tiveron menos éxito, os dous Ecurie Ecosse tipo D, esta vez con Masten Gregory e Jack Fairman engadidos á formación de pilotos, sufriron fallos no motor ás poucas voltas do arranque.[4]
O equipo participaría de novo cun tipo D en Le Mans en 1959, xunto cun recentemente adquirido Tojeiro - Jaguar. Unha vez máis, ningún dos dous vehículos chegou á bandeira final, o Type D sufriu un fallo de motor despois de 70 voltas e o Tojeiro un incendio despois de 137.[5]
As cousas foron de mal en peor para o equipo na carreira de 1960. O Type D, agora moi modificado, entrou de novo e durou ata a 168º volta antes de ser forzado a retirarse cun cegoñal roto. O segundo coche de Ecurie Ecosse para este ano, un Cooper T49 Monaco, nin sequera chegou á liña de saída.[6]
Os participantes nas 24 Horas de Le Mans de 1961 - un Cooper T57 Monaco e un Austin-Healey Sebring Sprite, retiráronse despois de accidentes na súas 32ª e 40ª volta respectivamente.[7]
1962 viu a Ecurie Ecosse pasar a un Tojeiro EE, pero tampouco puido rematar despois de problemas na caixa de cambios. Esta sería a última vez que o equipo orixinal Ecurie Ecosse presentaría un coche para a maior carreira de resistencia do mundo. Os problemas financeiros e o autoimposto exilio fiscal do fundador David Murray remataron definitivamente a era competitiva do equipo a mediados dos anos sesenta.
Entre os pilotos figuraban o propio David Murray, Jimmy Stewart, o irmán máis novo, do tres veces campión do mundo de F1 Jackie Stewart, [8] compañeiro de F1 Jim Clark e Innes Ireland. Masten Gregory Ian Stewart, Leslie Thorne, Ron Flockhart, Ninian Sanderson, Roy Salvadori, Ivor Bueb, John Lawrence, Jack Fairman; Bill Stein.
O equipo orixinal deixou de operar en 1971, pero o nome do equipo revivíuno na década de 1980 o entusiasta e piloto Hugh McCaig. En 1986 o equipo gañou a clase C2 do Campionato Mundial de Resistencia, quedaran subcampións o ano anterior. Tamén inscribiron un Vauxhall Cavalier no British Touring Car Championship con certo éxito en 1992 e 1993, incluíndo unha vitoria en Thruxton en 1993 para David Leslie.
O xefe do equipo Hugh McCaig anunciou que catro pilotos novos, Alasdair McCaig, Andrew Smith, Joe Twyman e Oliver Bryant, reavivarían o equipo unha vez máis e volverían ás carreiras de automóbiles deportivos co equipo, 25 anos despois de gañar o Campionato Mundial de Resistencia na tempada 1986 na clase C2. O equipo inscribiu un Aston Martin DBRS9, xunto coa axuda do Aston Martin Racing Partner Team Barwell Motorsport, nas 24 Horas de Spa de 2011 da clase GT3.
O equipo ía acompañado dun camión portacoches de dous pisos de 2 eixes capaz de transportar tres coches (un dentro e dous enriba) xunto cun equipo de apoio e con instalacións de taller móbil.
O transporte deseñouno Selby Howgate [9] e construído polo carroceiro Alexander, de Falkirk, Escocia. Baseado nun chasis Commer está alimentado por un motor diésel de dous tempos horizontalmente oposto de tres cilindros Commer TS3.
Desde principios dos anos 90, o entusiasta coleccionista Dick Skipworth construíu a súa notable colección Ecurie Ecosse. En 2013 compoñíana un Jaguar XK120, Tipo C e un Tipo D, un Tojeiro-Jaguar, un Cooper-Climax Monaco, un Le Mans Austin-Healey Sprite, un Tojeiro EE-Buick Cupé e o camión portacoches Commer. O 5 de decembro de 2013, Bonhams vendeu toda esta colección nunha poxa en New Bond Street, Londres. A colección vendeuse por un total de 8,8 millóns de libras esterlinas, só o camión logrou un récord mundial de 1,8 millóns de libras esterlinas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.