A dos ánguidos,[2] Anguidae, é unha familia de réptiles escamosos.[3]
Ánguidos Anguidae Rango fósil: Cretáceo tardío - Actualidade (125 - 0 Ma) [1] | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anguis fragilis | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Subfamilias e Xéneros | |||||||||||||||||||||||||||
|
Caracterízanse pola atrofia das patas en numerosas especies, o que non quere dicir que estean directamente emparentados coas serpentes nin coas anfisbenas; trátase, pois, dun notábel caso de converxencia evolutiva.
A súa área de distribución abarca as rexións do hemisferio norte do Vello e o Novo Mundo, América, Asia, Europa e África do Norte.[3]
A maioría das súas especies son terrestres, viven na follaxe e os detritos do solo dos bosques. Hai especies que son ovovivíparas, o cal é particularmente vantaxoso, como protección para os inmaturos, especialmente en zonas de climas fríos e húmidos.
Taxonomía
Descrición
A familia foi descrita en 1825 polo naturalista inglés John Edward Gray, no seu traballo "A synopsis of the genera of Reptiles and Amphibia, with a description of some new species".[4]
Etimoloxía
O nome científico da familia, Anguidae, está formado, segundo a norma, sobre a raíz Angu- do nome do seu xénero tipo, Anguis, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais.[5][6]
Clasificación
Na familia distínguense tres subfamilias, cos xéneros que se indican:[7] Abrangue unhas 100 especies nos 12 xéneros descritos.
Familia Anguidae Gray, 1825
- Subfamilia Anguinae Gray, 1825 Comprende as especies máis coñecidas, ten poucas especies pero cunha área de distribucióngama moi ampla, encontrándose en toda Europa (incluíndo as súas rexións máis inhóspitas) e Asia, cunhas poucas no norte de África.
- Xénero Anguis, 2 especies. Europa, Asia, o Cáucaso, Irán, Alxeria e Tunisia.
- Xénero Ophisaurus, 14 especies. Norteamérica, sueste de Asia, Taiwán, China, India, norte de África.
- Xénero Pseudopus, 1 especie. Sueste e leste de Europa, incluído o sur de Rusia, o sur de Ucraína, o Medio Oriente e o Cáucaso.
- Subfamilia Diploglossinae Bocourt, 1873 Encóntrase a través de América Central e algunhas partes do Caribe, e alcanza o sur da Arxentina.
- Xénero Celestus, 27 especies. Habitan nalgunhas illas das Antillas (A Española, Xamaica, as illas Caimán), e en Costa Rica, México, Honduras, Guatemala e Belize.
- Xénero Diploglossus, 18 especies. En México, Porto Rico, Guatemala, Nicaragua, O Salvador, Costa Rica e Panamá, Honduras, Cuba, o Brasil, Bolivia, o Perú, Colombia, Ecuador.
- Xénero Ophiodes, 4 especies. De Bolivia, Paraguai, a Arxentina, o Brasil e o Uruguai.
- Subfamilia Gerrhonotinae McDowell & Bogert, 1954 Distribúsee máis ao norte, desde América Central até o Canadá.
- Xénero Abronia, 28 especies. Viven en Guatemala, México, Belize, O Salvador e Honduras.
- Xénero Barisia, 3 especies. Exclusivas de México.
- Xénero Coloptychon, 1 especie. Oeste de Panamá, leste de Costa Rica.
- Xénero Elgaria, 7 especies. Canadá, Estados Unidos de América, México.
- Xénero Gerrhonotus, 2 especies. Estados Unidos de América, México, Guatemala.
- Xénero Mesaspis, 6 especies. México, Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua, Costa Rica, Panamá.
Características morfolóxicas
As características comúns deste grupo inclúen un arco supratemporal reducido, estriacións nas caras mediais das coroas dos dentes, osteodermos, e un pregamento lateral na pel da maioría dos taxons.[8] Os osteodermos, duros, baixo as escamas, dándolle a estes animais un aspecto blindado. Moitas das especies teñen os membros reducidos ou ausentes, o que lles dá unha aparencia de serpe, mentres que outros teñen os membros completamente desenvolvidos.[9] A forma do corpo varía entre as diferentes especies, con tamaños que oscilan entre os 10 cm e os 1,5 m.[8][9]
Alimentación e hábitat
Estes lagartos son carnívoros ou insectívoros, alimentándose principalmente de insectos, aínda que se sabe que as especies máis grandes aliméntanse de pequenos réptiles e anfibios. Habitan nunha ampla gama de hábitats diferentes en todo o mundo, desde os ambientes áridos até os tropicais. A maioría das especies coñecidas son terrestres ou semisubterráneas, coa excepción dun único xénero arbóreo, Abronia.[8]
Reprodución
O grupo inclúe especies ovíparas e vivíparas, que poden presentarse nun mesmo xénero ás veces.[8][9]
Evolución
Os ánguidos teñen un rexistro fósil relativamente bo, e son relativamente comúns como fósiles no Cretáceo final e o Paleóxeno do oeste de América do Norte. O ánguido máis antigo coñecido, co rexistro fósil máis completo de calquera lagarto, é Odaxosaurus, do Campaniano tardío do Canadá, hai uns 75 millóns de anos. O Odaxosaurus e outros ánguidos do Cretáceo tardío xa presentan moitas características atopadas nos ánguidos actualmente viventes, incluíndo dentes parecidos a ciceis e placas de armadura na pel, o que suxire unha longa historia evolutiva para o grupo. Os ánguidos foron particularmente diversos durante o Paleoceno e o Eoceno en América do Norte.[8]
Algunhas especies, como as pertencentes ao xénero Glyptosaurus, dunha extinta subfamilia de ánguidos, creceron a até chegar a teren grandes dimensións, e evolucionaron cunha dentición esmagadora altamente especializada.[8]
O longo rexistro fósil dos ánguidos en América do Norte suxire que o grupo probabelmente evolucionou alí durante o Cretáceo, antes de dispersarse a Europa no Paleóxeno.
En Galicia
En Galicia unicamente vive unha especie, Anguis fragilis, concretamente da subespecie Anguis fragilis fragilis Linnaeus, 1758.[11]
Galería
- Dopasia harti
- Ophiodes sp.
- Ophisaurus attenuatus
- Abronia graminea
- Barisia levicollis
- Elgaria multicarinata
- Gerrhonotus lugoi
- Mesaspis monticola
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.