Óso temporal

From Wikipedia, the free encyclopedia

Óso temporal
Remove ads

O óso temporal e unha das pezas que forman o cranio, en concreto as súas partes laterais ou tempas[1]. Trátase dun óso par xa que o atopamos en ámbalas dúas metades da cabeza e posúe un estrutura complexa formada por rexións morfoloxicamente distintas chamadas en conxunto “porcións” e que, no caso deste óso, reciben os seguintes nomes: escamosa, mastoide e timpánica (que se aprecian sobre todo na cara exocranial) e petrosa (que observamos na cara endocranial ou cerebral).

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Remove ads
Thumb
Visión do óso temporal do cranio humano (no centro da imaxe)
Thumb
Situación dos ósos temporais, coloquialmente tempas, no cranio humano

O temporal artéllase nos bordos superiores co óso parietal, no bordo posterior co occipital, no bordo de diante co esfenoide e pómulo, por dentro e fóra respectivamente, e coa mandíbula no bordo inferior.

Remove ads

Estrutura externa

Está formado por catro porcións:

  • Porción escamosa : o seu nome é debido a que ten forma de escama. Trátase dunha rexión cóncava e relativamente lisa que ocupa gran parte do óso e que se presenta na cara temporal (externa) e na interna o suco da arteria temporal media.
  • Porción petrosa (penedo): de forma triangular e rematada en vértice. Esta porción contén o oído interno e nela atopamos o conduto carótide e o conduto musculotubárico ademais do poro auditivo interno.
  • Porción mastoide: nesta parte existen unhas células mastoides que se atopan separadas do encéfalo por unha delgada capa de tecido óseo. Nela aparece a incisura mastoide, a apófise mastoides e o orificio mastoide.
  • Porción timpánica: nela atopamos o conduto auditivo externo e a espiña suprameática, ademais da fenda timpanomastoide que separa esta da porción mastoide.
Remove ads

Eminencias

No temporal existen unha serie de saíntes entre os que podemos destacar:

  • Apófise cigomática: artéllase coa apófise temporal do óso cigomático.
  • Apófise mastoide: é un saínte redondeado que se sitúa detrás do conduto auditivo externo e forma un punto de inserción dos músculos.
  • Apófise estiloide: ten forma afiada e é un punto de inserción de varios músculos e ligamentos da lingua e colo.
  • Tubérculo articular: conecta coa apófise cigomática. Ten forma redondeada e está unido á fosa mandibular.
  • Apófise intraxugular
  • Eminencia arcuata
  • Apófise vaxinal da estiloide
  • Espiña suprameática
Remove ads

Fendas e incisuras

No temporal aparecen algunhas salientables:

  • Fenda timpoanomastoide
  • Fenda petrotimpánica
  • Fenda petroescamosa
  • Incisura parietal
  • Incisura mastoide

Depresións

No temporal obsérvanse unha serie de orificios, condutos, fosas e depresións característicos:

  • Conduto carótide: por onde pasa a arteria carótide interna.
  • Fosa xugular: burato polo que pasa a vea xugular.
  • Fosa mandibular: entre a parte escamosa e petrosa.
  • Conduto auditivo externo: comunica co oído medio.
  • Conduto auditivo interno: atravesado por varios nervios.
  • Orificio mastoide: atravesado pola vea emisaria.
  • Fosa subarcuata.
  • Orificio externo do acueduto do vestíbulo.
  • Conduto musculotubárico.
  • Fosa petrosa.
  • Orificio estilomastoide.
Remove ads

Sucos

No temporal temos os seguintes sucos:

  • Suco da arteria temporal media.
  • Suco do seo sigmoide.
  • Suco do seo petroso inferior.
  • Suco dos nervios petrosos menores.
  • Suco dos nervios petrosos maiores.
  • Suco da arteria occipital.

Funcións

Entre outras o óso temporal amosa dúas funcións:

  • Forma unha estrutura ríxida que protexe o cerebro dos posibles golpes.
  • Serve de estrutura ríxida para o asento das partes do oído.

Galería

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads