escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xulio Xabier López Valcárcel, nado en Romeán (Lugo) en 1953[1], é un escritor galego. Irmán de Xesús Manuel Valcárcel, tamén escritor.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 (70/71 anos) Romeán, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, solicitor, poeta |
Xénero artístico | Narrativa, crítica literaria, ensaio, poesía |
Familia | |
Irmáns | Xesús Manuel Valcárcel |
Premios | |
Reside na Coruña. Estudou no Seminario de Lugo e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela traballando como procurador dos tribunais.[2] Coñecido sobre todo como poeta, participou nos colectivos Cravo Fondo e De amor e desamor. Foi parte do consello de redacción de Luzes de Galiza e presidente da Agrupación Cultural O Facho. É membro da Asociación Española de Críticos Literarios.[3]
Obtivo o Premio Nacional de Poesía para menores de 25 anos, Premio Guimarães, en Portugal, gañador do Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1979, Premio "Antonio Tovar" en Ourense, 1993, e Premio da Crítica Española en 1994 e 2004. Así mesmo é autor de diversos traballos sobre arte e literatura e algúns libros de relatos. Foi ademais colaborador de prensa participando na Páxina literaria de El Ideal Gallego, que obtivo o Premio Irmandade do libro outorgado pola Federación de Librarías de Galicia no 2002. Tamén participou na radio co programa Entre libros con X.L.V. de Radio Coruña, Cadena SER.[4]
É membro destacado da Xeración Poética dos 80.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.