especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A xesta branca (Cytisus multiflorus) é un arbusto da familia das fabáceas. Trátase dunha xesta caracterizada polas súas flores de cor branca (a maioría das xestas teñen as flores amarelas). En Galicia é frecuente nas montañas interiores de Lugo e Ourense.
Xesta branca | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xesta branca (Cytisus multiflorus) en Póvoa de Lanhoso, Portugal | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Cytisus multiflorus' (L´Hér.) Sweet |
Arbusto ergueito que pode acadar e superar os 2 m de altura, con pólas angulosas e flexíbeis: as novas aveludadas e estriadas.
As follas son caedizas, verdes e de dous tipos. As inferiores son compostas trifoliadas case sentadas, de apenas 1 cm. As superiores son simples, alongadas, lanceoladas e sedosas no face.
As flores son a xeito de bolboreta, brancas, de 9 a 12 mm, con pétalos case iguais e estandarte desprovisto de pelos ao dorso. Aparecen en gran número ao longo das pólas, illadas ou en acios de dous ou tres, sempre nacendo das axilas das follas e formando en conxunto longas inflorescencias. Cáliz acampanado, aveludado e dividido en 2 labios diverxentes. Corola de 9–12 mm cos pétalos da mesma lonxitude; estandarte sen pelos no dorso, ergueito e escotado, matizado de vermello na base. Florea de maio a xullo.
Froito en legume moi esmagada, aveludada, de até 3 cm de longo.
Crece en terreos silíceos, principalmente graníticos, gnéisicos e de cuarcitas, entre rochas ou en lugares fragosos e pedrentos, en clareiros e estremas dos bosques. Nas matogueiras altas ou piornais do piso inferior ou montano, até uns 1.500 m de altitude.
En Galicia é na zona interior e montañosa do país, nos piornais altos, en solos non calcáreos. Adoita medrar nos pisos da aciñeira ou do cerquiño.
De xeito natural, unicamente na Península Ibérica, repartida polo centro e metade occidental, dende Galicia e Asturias, até Estremadura e Montes de Toledo, incluíndo as provincias de León, Zamora, Ávila, Madrid, Cidade Real etc. En Portugal está moi estendida, chagando até o Algarve. Naturalizouse en Italia, Francia, Inglaterra, Estados Unidos e Nova Zelandia,[1] considerándose planta invasora.
Números cromosomáticos de Cytisus multiflorus (Fam. Leguminosae) e taxons infraespecificos: 2n=48[2]
Tamén recibe en galego os nomes de piorno branco e codeso branco (non confundir con outras especies).
Ter tamén en conta que se lle chama tamén xesta branca a outros arbustos coma:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.