Vilarelho da Raia

freguesía portuguesa do concello de Chaves From Wikipedia, the free encyclopedia

Vilarelho da Raiamap

Vilarelho da Raia é unha freguesía portuguesa do municipio de Chaves, con 17,75 km² de área e 619 habitantes (2001) do que resulta unha densidade de 34,9 hab/km². Forman parte da freguesía as aldeas de Vilarelho da Raia, Cambedo, Vila Meã e Vilarinho da Raia.

Datos rápidos Localización, Xeografía ...
Modelo:Xeografía políticaVilarelho da Raia
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 41°50′33″N 7°27′04″O
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Vila Real
ConcelloChaves Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie18,03 km² Editar o valor en Wikidata

Pechar

Está situada en Trás-os-Montes, na Raia coa fronteira galega, a 200 m da parroquia de Rabal (Oímbra). A mediados do século XX foi un lugar de moito contrabando.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado do Alto Tâmega na diocese de Vila Real.[1]

Historia

Até 1836 pertenceu ó concello de Chaves. Despois formou parte do antigo concello de Ervededo desde a súa creación en 1836 até a súa extinción en 31 de decembro de 1853, cando pasou de novo para o de Chaves.[2][3]

En 1848 absorbeu a freguesía de Vila Meã.[3]

En 1868, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, en troco do Couto Mixto foron anexados a Portugal as partes galegas dos chamados pobos promiscuos, lugares que estaban situados na mesma fronteira, entre Galicia e Portugal. Deste xeito, foille incorporada a outra parte de Cambedo, que pertencía á parroquia de Oímbra.[4][5] Eclesiasticamente seguiu a pertencer á freguesía oimbrá e por tanto á diocese de Ourense. Así, en 1914 aínda dependían do párroco de Oímbra unhas 20 familias portuguesas. Porén, coa entrada de Portugal en 1910 nun novo réxime e as crecentes dificultades dos párrocos para cruzar a fronteira, a parte galega acabou sendo incorporada tamén á arquidiocese de Braga o 27 de novembro de 1914.[6]

A freguesía eclesiástica pertencía ó arcebispado bracarense até que en 1922 pasou a formar parte da nova diocese de Vila Real, igual cás demais freguesías do distrito homónimo.[7]

Demografía

Máis información Habitantes ...
1801[8] 1849[9] 1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
Habitantes 457559771966131911171115109412121570129816371260632720619558
Pechar
Gráfica de evolución demográfica de Vilarelho da Raia entre 1864 e 2011
Fonte: Instituto Nacional de Estatística.

Patrimonio

A igrexa Matriz, baixo a advocación de Santiago o Maior, foi construída en 1698. Outros templos do concello son as capelas do Señor das Almas, de Nosa Señora das Neves, de Santa Catarina e de San Gonzalo. A Água da Faxa é unha fonte de pedra con espazos para os baños e augas ferrosas, localizada entre Vilarelho da Raia e Cambedo.

Existe un museo etnográfico e arqueolóxico.

Festas e romarías

San Xosé (19 de marzo), Santiago (25 de xullo) e Senhor das Almas (penúltima fin de semana de agosto, cun grande espectáculo de pirotecnia).

Colectivos

  • Asociación Social e Cultural de Vilarelho da Raia.

Lugares e freguesías

Lugares de Vilarelho da Raia

Freguesías de Chaves

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.