Val Miñor
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Val Miñor[1][2][3][4][5][6], historicamente Val de Miñor[7], é unha bisbarra natural, formada polos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar.
| |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 43.999 (2014) (305,97 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 143,8 km² | ||||
Abrangue unha superficie total de 143,75 km², que sumaba en 2022 unha poboación de 45 373 habitantes.
Os concellos conforman unha mancomunidade que presta diversos servizos, como a piscina ou os bombeiros.
Segundo Gonzalo Navaza,[7] Val de Miñor é a forma tradicional e orixinal para se referir a esta bisbarra.[7] Documéntase dende o século XIII.[7] A forma Val Miñor debe entenderse como unha regaleguización da forma deturpada e castelanizada Valle Miñor, que se espallou grazas á prensa.[7] Dende esta publicación, varias entidades, como o Instituto de Estudos Miñoráns, empregan a forma orixinal Val de Miñor.[8][9]
Secasí, ao carecer de entidade administrativa (na división comarcal de Galicia, os tres concellos pertencen a comarca de Vigo), ningún dos dous topónimos pode denominarse oficial.
Debido a expansión da cidade de Vigo, os concellos que formaban o Val Miñor foron absorbidos pola comarca de Vigo a comezos do século XXI. O seu nome débese ao río Miñor. A foz do río é de gran valor ecolóxico especialmente polas súas aves, que son permanentemente rexistradas por numerosos ornitólogos.[6]
Hoxe en día o termo Val Miñor é usado por distintas asociacións comúns aos tres concellos (ás veces dous) de carácter político, empresarial ou cultural, entre outros. Unha das institucións máis representativa é a asociación cultural Instituto de Estudos Miñoráns (IEM).[4]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Parroquia | Concello | Poboación |
Baiona | Baiona | 4.788 |
A Ramallosa | Nigrán | 4.712 |
Nigrán | Nigrán | 3.897 |
Panxón | Nigrán | 3.744 |
Gondomar | Gondomar | 3.588 |
Santa Cristina da Ramallosa | Baiona | 3.246 |
Priegue | Nigrán | 2.168 |
Vincios | Gondomar | 2.096 |
Baíña | Baiona | 1.749 |
Donas | Gondomar | 1.458 |
Camos | Nigrán | 1.449 |
Mañufe | Gondomar | 1.364 |
Borreiros | Gondomar | 1.249 |
Belesar | Baiona | 1.204 |
Morgadáns | Gondomar | 1.199 |
Parada | Nigrán | 1.154 |
Baredo | Baiona | 1.085 |
Peitieiros | Gondomar | 918 |
Chaín | Gondomar | 889 |
Vilaza | Gondomar | 879 |
Chandebrito | Nigrán | 455 |
Couso | Gondomar | 416 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.