Borreiros, Gondomar
parroquia civil do concello de Gondomar From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Gondomar From Wikipedia, the free encyclopedia
San Martiño de Borreiros é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o IGE, no 2014, tiña 1.254 habitantes (666 mulleres e 588 homes), distribuídos en 20 entidades de poboación,[2] o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.047 habitantes. O lugar de cabeceira, onde está a igrexa e o centro cultural, é San Martiño. Eclesiasticamente, pertence ao arcipretado de Miñor.[3]
Borreiros | |
---|---|
Borreiros | |
Concello | Gondomar[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°06′12″N 8°48′12″O |
Poboación | 1.254 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 20[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A primeira referencia escrita data do 1170, onde o rei Fernando II de León doa ó Bispo de Tui a igrexa de San Martiño de Borreyros. Neste documento, sinala os seus longos límites. E outra referencia data de 1409, onde Lorenzo Canes de Cadaval, escudeiro morador en terra da Louriña, fai doazón ó Mosteiro de Oia, a metade do Coto de Borreyros coas súas casas, as súas herdades, as súas viñas, as súas devesas etc. Durante tempo, a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona), pertenceu a ela ata que se independizou.[4]
Pola parroquia discorre o río Miñor. Posúe unha capela, chamada Capela da Xunqueira que data do ano 1723 (segundo a inscrición que hai no arco da entrada).[4]
No monte veciñal atópase un poboado castrexo da idade de ferro, o castro da Pedra Moura. Ten parapetos defensivos, e desde el vese o Val Miñor e a ría de Vigo. Está en terreos propiedade da Comunidade de Montes.
Na parroquia tamén se encontra a Fraga de Oliveira, que está situada entre as parroquias de Borreiros, Belesar e Donas no contorno do río da Groba, aínda que os sendeiros que están dentro do sendeiro da Grela, están sen sinalizar e abandonados.
Lugares da parroquia de Borreiros no concello de Gondomar (Pontevedra) | |
---|---|
O Aciquelo | A Bandeira | Borreiros | Os Boucelos | O Burgovedro | Cabaleiros | O Castro | O Cruceiro | A Esparadela | A Estrada | Guntín | O Lousado | O Monteiro | A Oliveira | As Regadas | San Martiño | O Seixo | O Telleiro | A Tomada | A Valada | Viso de Calvos | A Xunqueira |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.