Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A toxina diftérica é unha exotoxina segregada principalmente pola bacteria Corynebacterium diphtheriae causante da difteria, pero tamén por Corynebacterium ulcerans e Corynebacterium pseudotuberculosis. O xene da toxina está codificado por un profago (virus bacteriófago co seu xenoma inserido no xenoma da bacteria hóspede), chamado corinefago β.[1][2] A toxina causa a difteria en humanos ao entrar no citoplasma da célula e inhibir a síntese de proteínas.[3]
Precursor da toxina diftérica tox | |
---|---|
Representación da proteína da toxina difteria | |
Identificadores | |
Organismo | |
Símbolo | tox |
Entrez | 2650491 |
RefSeq (Prot) | NP_938615 |
UniProt | P00587 |
Outros datos | |
Número EC | 2.4.2.36 |
Cromosoma | xenoma: 0.19 - 0.19 Mb |
A toxina diftérica é unha cadea polipeptídica de 535 aminoácidos que consta de dúas subunidades enlazadas por pontes disulfuro, coñecida como toxina A-B. Como a subunidade B se une á superficie celular e esta é a menos estable das subunidades, a subunidade A (máis estable) pode penetrar na célula hóspede.[4]
A estrutura cristalina da toxina diftérica homodímera foi determinada con resolución de 2,5 Å. A estrutura revela que é unha molécula con forma de Y que consta de tres dominios. O fragmento A contén o dominio catalítico C, e o fragmento B consta dos dominios T e R:[5]
A toxina diftérica ten o mesmo mecanismo de acción que o encima NAD(+)—diftamida ADP-ribosiltransferase (EC 2.4.2.36). Cataliza a ADP-ribosilación do aminoácido pouco común diftamida no eEF-2 transferindo o grupo ADP-ribosil desde o NAD+. A ADP-ribosilación da diftamida inactiva a proteína eEF-2, inhibindo dese modo a tradución do ARNm. A reacción catalizada é a seguinte:
A exotoxina A de Pseudomonas aeruginosa usa un mecanismo de acción similar.
A toxina diftérica é extraordinariamente potente.[4] A dose letal para as persoas é de 0,1 μg de toxina por kg de peso corporal. A morte ocorre pola necrose do corazón e o fígado.[10] A toxina diftérica tamén foi asociada co desenvolvemento da miocardite. A miocardite secundaria para a toxina diftérica é considerada un dos maiores riscos para nenos inmunizados.
A toxina diftérica descubrírona en 1888 Émile Roux e Alexandre Yersin. En 1890, Emil Adolf von Behring desenvolveu unha antitoxina obtida de sangue de cabalos inmunizados con bacterias atenuadas.[11] En 1951, Freeman atopou que o xene da toxina non estaba codificado no cromosoma bacteriano, senón por un fago lisoxénico (o corinefago β)[2] que infecta todas as cepas toxixénicas da bacteria.[12][13][14]
O fármaco denileukin diftitox usa a toxina da difteria como axente antineoplástico.
Resimmune é unha inmunotoxina que está en ensaios clínicos en pacientes de lifoma de células T cutáneo. Usa a toxina diftérica (truncada polo dominio de unión á célula) acoplada a un anticorpo para a CD3ε (UCHT1).[15]
Igual que outras toxinas A-B, a toxina diftérica está especializada en transportar proteínas exóxenas a través da membrana de membranas celulares de mamíferos, que adoitan ser impermeables ás grandes proteínas. Esta capacidade exclusiva pode ser reorientada para a entrega de proteínas terapéuticas, en vez do dominio catalítico da toxina.[16][17]
Esta toxina tamén foi utilizada en investigacións neurocientíficas e do cancro para eliminar poboacións específicas de células que expresan o receptor da toxina diftérica (HB-EGF). A administración da toxina no organismo que non expresa de forma natural este receptor (por exemplo, ratos) ten como resultado a eliminación selectiva da poboación celular que o expresa.[18][19]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.