Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O teatro de Epidauro (en grego antigo Ἐπίδαυρος Epìdauros, en grego moderno Επίδαυρος Epìdavros) é un teatro antigo da Argólida, edificado no século IV a. C. para acoller as Asclepeia, concurso en honra do deus médico Asclepio. Foi o modelo de numerosos teatros gregos ao regularizar e perfeccionar a súa estrutura.
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Epidauro | |||
Localización | ||||
División administrativa | Epidavros Municipality, Grecia (en) | |||
Localización | Santuario de Asclepios en Epidauro | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 455 m | |||
Sitio arqueolóxico catalogado de Grecia | ||||
A principios do século IV a. C., tiña lugar unha festa panhelénica cada catro anos en Epidauro, no santuario de Asclepio, as Asclepeia, que combinaban probas ximnásticas[1] e musicais.[2] A uns 500 m ao sueste do santuario, sobre un lugar que permitiu encostar o koilon (conxunto de bancadas) no flanco dun outeiro, o arquitecto e escultor Policleto o novo comezou os traballos para erguer o teatro cara ao 350 a. C.[3]
O teatro e o santuario houberon sufrir diversos avatares pois foron saqueados en 267 polos hérulos, e despois en 395 polos godos de Alarico I. Con todo, os estragos quedaron limitados. Até principios do século XIX, o teatro considerábase desaparecido cando un viaxeiro inglés, W. Gell, revelou o plano das ruínas. Tamén este mítico lugar foi o sitio escolleito para proclamar a independencia de Grecia en 1822.
De todos os teatros antigos, o teatro de Epidauro é o mellor conservado, pois se atopaba ben conservado ao longo dos séculos por mor do piñeiral co que estaba recuberto e que conseguiu que non fose destruído. Restáurase parcialmente en 1954 e, dende 1955, celébrase un festival anual que reanimou o teatro. Unha das actuacións máis lembradas celebrouse o 24 de agosto de 1960 cando se representa a ópera, Norma de Vincenzo Bellini, con Maria Callas no papel principal.
O santuario de Epidauro -que inclúe o teatro, os templos de Artemisa e Asclepio, o Tholos, o Enkoimeterion, os Propileos, a sala de banquetes e os baños-, é un relevante exemplo da arquitectura helénica do século IV a.C., e dende 1988 está inscrito na Listaxe do Patrimonio Mundial da UNESCO.[4]
Sito na aba dunha montaña, tivo que erguerse un muro para evitar que a montaña se fendera. O teatro de Epidauro, ademais, conta con muros laterais de contención do terreo, necesarios polas súas grandes dimensións.
Circular, 120 m de diámetro. Divídese en tres partes: a orquestra (o núcleo ou parte central; a cávea, con forma de ferradura; e a escena, dividida en dúas partes, a escena (skene —de σκηνή— 'espazo escénico') propiamente dita, e o proscenio, que é onde actuaban os actores.
Partes
Os teatros estaban formados basicamente por tres partes claramente diferenciadas: nun desnivel natural (koilón) de 24 metros do terreo situábase a cávea, de 120 metros de diámetro, e que estaba dividida en dous niveis por un corredor medianeiro, ou diazomata. A parte inferior do hemiciclo estaba dividida en 12 cuneus con 34 ringleiras, mentres que na zona superior aparecen 22 cuneus con 21 ringleiras observándose a relación da proporción áurea.[5] As dúas partes máis afastadas da cávea superan o semicírculo e achéganse cara a escena.
O teatro estaba organizado arredor da orchestra, de 20 m de diámetro, era un círculo de terra batida sito entre a cávea e o o escenario, onde os membros do coro cantaban acompañados por frautas aquelas partes da traxedia ou da comedia que suscitaban comentarios, lamentos ou advertencias. No seu centro había unha pedra[5] que marcaba o lugar onde, anteriormente, estaba o altar adicado a Dioniso, pois os templos, orixinariamente, tiñan unha función relixiosa e celebrábanse ofrendas a este deus. A cávea rodeaba dúas terceiras partes da orquestra (superando o ángulo de 180º) e a parte restante estaba pechada polo que conformaba a escena.
En realidade, o teatro non tiña fachada propiamente dita e os actores entraban polos laterais, os párodos. Tense afirmado que o edificio da escena estaba composta dun pórtico de orde xónica de 4 m de altura por 2 m de profundidade. Tamén se debate sobre se o proscenio, ao que se accedía mediante dúas ramplas laterais, foi engadido con posterioridade. Nesta zona, habería unha estrutura de columnas xónicas sen frescos nin mosaicos. O escenario contiña un rudimentario mecanismo de panos para permitir o cambio dos actores ou dos decorados (pinake); este mecanismo, ao revés dos panos actuais, saía do chan e ocultábase a través dunhas aberturas practicadas no pavimento diante da propia escena.
Unha das principais vantaxes deste teatro, probablemente debido a un coidadoso cálculo do tamaño da escena e á curvatura da cávea, é que o son, amplificado pola perfecta acústica, permite escoitar os actores dende as bancadas máis elevadas. Estímase que este teatro puido chegar a ter unha capacidade de máis de 14.000 espectadores[6] en total, o cal o converte nun dos teatros antigos máis grandes e con maior capacidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.