Tarence Kinsey
baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Tarence Anthony Kinsey, nado o 21 de marzo de 1984 en Tampa (Florida) é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga na posición de ala. Formado como xogador na Universidade de South Carolina, destacan entre os seus logros a nivel individual destcan o seu nomeamento como Rookie do Mes da Conferencia Oeste da NBA ou MVP das Finais da Liga Turca. Con vaias temporadas en equipos da NBA e a Euroliga, tamén posúe moitas distincións a nivel colectivo, como tres Ligas e dúas Copas turcas, unha Liga do Adriático, unha Liga de Serbia e unha Liga de Israel.
(2012) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1984 (40 anos) Tampa, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Thomas Jefferson High School (en) Universidade de Carolina do Sur | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 198 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 84 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2006 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 21 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nado Tampa, Florida, Kinsey formouse no Instituto Thomas Jefferson da súa cidade natal e posteriormente durante catro anos na Universidade de Carolina do Sur. A súa actuación no seu ano freshman non foi moi destcábel, promediendo 2,1 puntos por partido cun 36% de acerto no lanzamento e un 37,7 % en lanzamentos libres. Porén, nas dúas seguintes temporadas o seu rendemento aumentou de forma considerábel, onde fixo unha media de máis de 8 puntos por encontro con moito mellores porcentaxes. O salto deuno na súa última tempada, onde estivo atinxiu unha media de 15,8 puntos con 45,3% no lanzamento. Axudou aos Gamecocks de Carolina do Sur a alzarse con dous campionatos NIT consecutivos. É de destacar a súa actuación nos torneos do NIT, onde fixo unha media de 19,4 puntos, 4,2 rebotes, 3,2 asistencias e 2,6 roubos por partido, cunha porcentaxe en lanzamentos de campo do 53%. Da súa etapa universitaria é recordado o seu partido na final do NIT no seu ano júnior onde o seu equipo xogaba contra a Universidade de St. Joseph. Cado equdaban menos de seis segundos para a finalización do entontro, co partido empatado a 57, Kinsey recibiu un pase, percorreu toda a pista e lanzou de tres a falta de 1,3 segundos para dar o título o seu equipo (60–57).
Tras presentarse o Draft da NBA de 2006, onde non foi escollido, foi contratado polos Memphis Grizzlies como axente libre. Os seus primeiros meses na NBA pasaron sen pena nin gloria, mais os últimos dous valeronlle para gañarse un nome na liga. No mes de marzo fixo unha media de 9,9 puntos por partido, mentres que en abril aumentou até os 18,8 puntos, 5 rebotes e 3 asistencias por encontro. Destcaron os seus partidos ante os Minnesota Timberwolves, onde fixo 22 puntos, 9 rebotes, 7 asistencias e 3 roubos, e ante os Golden State Warriors e Denver Nuggets, onde anotou en ambos encontros 28 puntos. Este rendemento valeulle para ser nomeado Mellor Xogador Rookie do mes de Abril.[1] Na seguinte temporada, na que viuxou cos Grizzlies ao NBA Europe Live Tour en España, xogou tan só 11 partidos, nos que fixo unha media de 3,6 puntos e 1,1 rebotes en escasos minutos. Despois de ser despedido do equipo de Memphis, asinou un contrato co Fenerbahçe Ülker da BSL turca. Alí fixo unha media de 9,2 puntos por encontro en 14 partidos, sendo peza chave para a obtención do título de Liga. Ademais, contribuíu a que o seu equipo acadase os cuartos de final da Euroliga con 8,8 puntos (49,2% en lanzamentos de campo) e 2,8 rebotes por encontro. Tras finalizar a temporada regresou á NBA, asinando contrato cos Cleveland Cavaliers. Nos primeiros partidos de liga non participu no xogo, mais a súa contribución aumentou despois das lesións de Delonte West e Sasha Pavlović. Con todo, el acabou tamén por lesionarse e cando regresou foi nas mesmas condicións que ao comezo da campaña.
Tras finalizar a campaña na NBA, regresa a Europa e ao Fenerbahçe Ülker turco. No equipo de Istanbul volveu gañar a Liga, esta vez en dúas ocasións máis. De feito, no ano 2010, no que supoñía o seu terceiro título de Liga, foi nomeado MVP das Finais. Despois de tres anos no Fenerbahçe, en xullo de 2011 foi contrato por outro dos equipos importantes do baloncesto otomán, o Anadolu Efes (antes coñecido como Efes Pilsen). Despois de facer unha boa temporada, tenta regresar á NBA, asinando cos Golden State Warriors. Porén, finalmente non é contratado para xogar a Liga. Posteriormente, Kinsey regresa por terceira vez a Europa, aínda que esta vez o seu destino foi Italia, onde asinou co Scavolini Pesaro da Serie A. No Lega fixo unha media de 12,4 puntos por encontro até que en abril asina co Unicaja Málaga da Liga ACB para disputar a fin de temporada. No ano seguinte asina un ano de contrato co Partizan de Belgrado.[2] Alí destacou tanto polos seus números como polas súas espectaculares xogadas. Destacan no aspecto anotador o 32 puntos anotados ante o Lokomotiv Kuban da Euroliga, aportando ademais 5 puntos e 3 roubos. Os seus números en Euroliga foron de 14,8 puntos (moi cerca do máximo anotador da Euroliga) e 4,6 rebotes por partido. Despois de lesionarase cara ao final da temporada, non renova o seu contrato e acaba asinando polo tamén equipo de Euroliga Nizhny Novgorod. No equipo ruso volve a brillar en Euroliga con 13,8 puntos e 5,1 rebotes por partido. Ao ano seguinte o equipo non disputou a Euroliga, aínda que no mes de decembro regresa á competición ao asinar polo Crvena zvezda (Estrela Vermella) de Belgrado. En 2016 asina polo Hapoel Jerusalem, onde xoga dúas temporadas nas que é a peza fundamental para que o equipo gañe o título de Liga, rompendo a exemonia do Maccabi Tel Aviv. Tras finalizar a súa etapa no equipo israelí, o 1 de setembro de 2018 asina polo Cafés Candelas Breogán da Liga ACB.
Lenda | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
PX | Partidos xogados | PT | Partidos titular | MPP | Minutos por partido | ||
TC% | Porcentaxe en lanzamentos de campo | 3P% | Porcentaxe en lanzamentos de 3 | TL% | Porcentaxe en lanzamentos libres | ||
RPP | Rebotes por partido | APG | Asistencias por partido | RoPP | Roubos por partido | ||
TPP | Tapóns por partido | PPP | Puntos por partido | PIR | Valoración media | ||
Bold | Máximo na súa carreira |
Líder da Liga |
Ano | Equipo | PX | PT | MPP | TC% | 3P% | TL% | RPP | APP | RoPP | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2009 | Cleveland | 9 | 0 | 1.2 | .333 | .000 | 1.000 | .2 | .0 | .1 | .0 | .4 |
Carreira | 9 | 0 | 1.2 | .333 | .000 | 1.000 | .2 | .0 | .1 | .0 | .4 |
Ano | Equipo | PX | PT | MPP | TC% | 3P% | TL% | RPP | APP | RoPP | TPP | PPP | PIR |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2007–08 | Fenerbahçe | 12 | 0 | 22.0 | .402 | .226 | .727 | 2.8 | .8 | 1.4 | .2 | 8.8 | 7.6 |
2009–10 | Fenerbahçe | 10 | 8 | 24.7 | .474 | .400 | .731 | 3.0 | 1.3 | 1.1 | .1 | 10.1 | 9.9 |
2010–11 | Fenerbahçe | 14 | 2 | 22.3 | .485 | .250 | .645 | 2.8 | 1.1 | 1.4 | .1 | 8.4 | 8.0 |
2011–12 | Anadolu Efes | 9 | 7 | 25.0 | .417 | .278 | .692 | 3.8 | 1.1 | 1.6 | .4 | 8.2 | 8.0 |
2013–14 | Partizan | 16 | 13 | 31.6 | .429 | .355 | .821 | 4.6 | 1.6 | 1.8 | .4 | 14.8 | 14.2 |
2014–15 | Nizhny Novgorod | 17 | 16 | 30.9 | .415 | .370 | .786 | 5.1 | 1.8 | 1.6 | .2 | 13.8 | 13.6 |
2015–16 | Crvena zvezda | 16 | 15 | 23.2 | .312 | .129 | .878 | 2.2 | 1.1 | 1.4 | .2 | 9.6 | 8.1 |
Carreira | 94 | 61 | 25.6 | .376 | .294 | .776 | 3.5 | 1.4 | 1.4 | .2 | 10.9 | 9.7 |
Ano | Equipo | Liga | PX | MPP | TC% | 3P% | FT% | RPP | APP | RoPP | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2007-08 | Fenerbahçe Ülker | TBL | 14 | 21.0 | .415 | .366 | .727 | 4.8 | .8 | 1.2 | .1 | 9.2 |
2009-10 | 36 | 23.2 | .488 | .381 | .728 | 3.8 | 1.3 | 1.5 | .1 | 9.5 | ||
2010-11 | 20 | 20.4 | .427 | .225 | .813 | 3.1 | 1.5 | 1.3 | .0 | 5.9 | ||
2011-12 | Anadolu Efes S.K. | 28 | 21.8 | .520 | .373 | .765 | 3.0 | 1.5 | 1.0 | .2 | 8.1 | |
2012-13 | Scavolini Pesaro | Lega A | 16 | 29.6 | .466 | .209 | .875 | 6.6 | 1.0 | 2.1 | .3 | 12.4 |
Unicaja Málaga | Liga ACB | 5 | 14.8 | .286 | .000 | .750 | 3.2 | .6 | 1.4 | .2 | 2.2 | |
2013-14 | Partizan NiS | Adriatic League | 20 | 30.0 | .472 | .357 | .787 | 4.5 | 2.1 | 2.1 | .4 | 13.2 |
2014-15 | BC Nizhny Novgorod | VTB United League | 32 | 26.6 | .421 | .453 | .794 | 3.8 | 2.4 | 1.5 | .2 | 12.6 |
Ano | Equipo | PX | PT | MPP | TC% | 3P% | TL% | RPP | APP | RoPP | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2002–03 | South Carolina | 20 | 3 | 8.8 | .360 | .071 | .375 | .8 | .6 | .2 | .0 | 2.2 |
2003–04 | South Carolina | 33 | 25 | 21.9 | .402 | .318 | .700 | 3.2 | 1.3 | 1.1 | .2 | 8.3 |
2004–05 | South Carolina | 32 | 31 | 26.4 | .394 | .387 | .667 | 3.4 | 1.6 | 1.3 | .4 | 8.9 |
2005–06 | South Carolina | 38 | 37 | 34.8 | .453 | .378 | .843 | 4.6 | 2.3 | 1.6 | .3 | 15.8 |
Carreira | 123 | 96 | 24.9 | .421 | .357 | .817 | 1.3 | .5 | .0 | .6 | 9.8 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.