En gramática, o caso gramatical é a forma que adquire unha palabra (substantivos, adxectivos, pronomes ou determinantes) dependendo da función sintáctica que desempeñe. Este concepto é aplicábel en principio ás linguas flexivas e ás linguas aglutinantes. Ao conxunto de casos que ten unha palabra dada chámaselle declinación. Así, por exemplo, en latín existían seis casos (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo, dativo e ablativo), en grego clásico cinco (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo e dativo). Nas dúas linguas existen tamén trazas dos antigos locativo e instrumental.
Os casos poderían clasificarse nos seguintes subtipos:
- caso formal: expresa unha relación puramente sintáctica entre o predicado e os sintagmas nominais. En latín sería o nominativo e o acusativo.
- caso relacional: establece unha relación entre dous sintagmas nominais ou entre un sintagma nominal e un verbo. En latín serían o xenitivo e o dativo.
- caso posicional: indica o lugar onde se dá ou ten lugar unha acción. En latín sería o ablativo.
Existen linguas cun sistema de casos posicionais moi desenvolvido, como o tabasarano, que posúe cincuenta e dous: entre eles o inlativo, o elativo, o ablativo, o adlativo, o sublativo, o delativo, o supralativo, o postlativo, o interlativo, o inesivo, o adesivo, o subesivo, o interesivo, o postesivo, ou o superesivo.
No grupo dos casos relacionais existen dous grandes sistemas nas linguas do mundo. Aquí do que se trata é de ver quen leva as marcas formais entre o suxeito dos verbos transitivos e intransitivos e o complemento directo dos verbos transitivos:
- Se se marca dalgún xeito o Complemento Directo estaremos ante un sistema acusativo (no que o suxeito se pon en nominativo e o Complemento Directo en acusativo) -este sería o caso do latín e, dalgún xeito, o do galego;
- Se o que se marca é o suxeito dos verbos transitivos e non o dos intransitivos nin o Complemento Directo, o primeiro irá en caso ergativo e os outros en absolutivo. É o que se chama un sistema de ergativo, propio entre outros do éuscaro.
Listaxe de casos
Esta é unha listaxe de casos tal e como se usan en varias linguas flexivas que teñen declinación.
Lugar e tempo
- Nota: a maioría dos casos que expresan lugar e movemento empréganse tamén para indicar tempo.
Lugar
Caso | Uso | Exemplo | Existe en |
---|---|---|---|
Adesivo | lugar adxacente | cerca de/xunto a/onda a casa | estoniano | finés | húngaro | lituano |
Inesivo | dentro de algo | dentro da casa | erzya | estoniano | finés | húngaro |
Locativo | lugar | na casa | belaruso | checo | húngaro (só nalgúns topónimos tradicionais) | saami inari | letón | lituano | saami setentrional | polaco | sánscrito | serbio | eslovaco | turco |
Temporal | (só usado con expresións de tempo) especifica un momento | ás sete | húngaro |
Superesivo | na superficie | enriba da casa | húngaro |
Movemento
Caso | Uso | Exemplo | atópase en |
---|---|---|---|
Ablativo | movemento desde algo | desde a casa | erzya | estoniano | finés | húngaro | inuktitut | sánscrito | turco |
Adlativo | en húngaro e en finés: movemento cara a (cerca de) algo en finés: movemento cara a algo | cara a casa á casa |
erzya | estoniano | finés | húngaro | lituano | turco | oseto |
Delativo | movemento desde a superficie | desde (o alto d)a casa | húngaro |
Egresivo | marca o inicio dun movemento ou tempo | empezando desde a casa | udmurt |
Elativo | fóra de algo | fóra da casa | erzya | estoniano | finés | húngaro |
Inlativo | movemento cara a dentro de algo | cara a dentro da casa | erzya | estoniano | finés | húngaro | saami inari | lituano | saami setentrional |
Lativo | movemento cara a un lugar | á casa | erzya | finés | turco |
Prolativo | movemento usando unha superficie ou vía | a través da casa | erzya | estoniano | finés |
Prosecutivo | por | pola estrada | kalaallisut |
Sublativo | movemento cara a superficie | arriba cara a casa | húngaro |
Terminativo | marca o final dun movemento ou tempo | ata a casa | estoniano | húngaro |
Vial | por, por medio de | por medio da casa | inuktitut |
Cadro resumo dos principais casos
interior | superficie | adxacencia | |
desde | Elativo | Delativo | Ablativo |
onda | Inesivo | Superesivo | Adesivo |
cara a | Ilativo | Sublativo | Adlativo |
Nivel morfosintáctico
Para os significados dos termos axente, paciente, experimentador, e instrumento, ver papeis theta.
Caso | Uso | Exemplo | atópase en |
---|---|---|---|
Absolutivo (1) | paciente, experimentador | empurrou a porta e abriuna | éuscaro |
Absolutivo (2) | paciente, experimentador involuntario | ela cruzou o xeo; el esvarou | linguas nominativo-absolutivas |
Absolutivo (3) | paciente, experimentador; instrumento | el empurrou a porta coa súa man e abriuna | inuktitut |
Acusativo (1) | paciente | ela abriu a porta | checo | erzya | Esperanto | finés | alemán | húngaro | saami inari | latín | lituano | saami setentrional | polaco | ruso | sánscrito | serbio | eslovaco |
Acusativo (2) | complemento directo dun verbo transitivo; feito de; acerca de; por un tempo | eu véxoa | inuktitut | persa | turco |
Ergativo | axente | el empurrou a porta e abriuna | éuscaro | checheno | xeorxiano | samoano |
Ergativo-xenitivo | axente, posesión | el empurrou a porta e abriuna; o seu can. | inuktitut |
Instrumental/Instrutivo | instrumento | por medio da casa | belaruso | checo | finés | xeorxiano | lituano | polaco | ruso | sánscrito | serbio | eslovaco |
Instrumental-comitativo | instrumento, na compaña de algo | coa casa | húngaro |
Nominativo (1) | axente | el empurrou a porta e abriuna | linguas nominativo-acusativas |
Nominativo (2) | axente; experimentador voluntario | el abriu a porta; ela parou | linguas nominativo-absolutivas |
Obxectivo | complemento directo ou indirecto dun verbo ou réxime dunha preposición; un caso xeral para calquera situación non sendo nominativo ou xenitivo | eu vina; eu deille o libro; con ela. | inglés |
Oblicuo | caso xeral; calquera situación excepto nominativo | en relación á casa | hindi |
Pasivo ou paciente | suxeito dun verbo intransitivo ou complemento lóxico dun verbo transitivo | a porta abriuse | linguas caucásicas |
Relación
Caso | Uso | Exemplo | atópase en |
---|---|---|---|
Ablativo | caso indirecto xeral | en relación coa casa | inuktitut | latín | lituano |
Benefactivo | para, en beneficio de | para a casa | éuscaro | quechua |
Causal | por, a causa de | a causa da casa | quechua |
Causal-final | causa eficiente ou final | pola casa | húngaro |
Comitativo | na compaña de algo | coa casa | estoniano | finés | saami inari | saami setentrional |
Dativo | mostra dirección ou destinatario | para a casa | belaruso | checo | erzya | xeorxiano | alemán | hindi | húngaro | inuktitut | latín | lituano | polaco | romanés | ruso | sánscrito | serbio | eslovaco |
Dedativo (Respectivo) | relacionado con | relacionado coa casa | quenya |
Distributivo | distribución en anacos | casa por casa | finés | húngaro |
Distributivo-temporal | con que frecuencia ocorre algo | diariamente; os domingos | húngaro |
Xenitivo | mostra relación, posesión | da casa | belaruso | checo | neerlandés | erzya | estoniano | finés | xeorxiano | alemán | grego | saami inari | latín | lituano | saami setentrional | polaco | romanés | ruso | sánscrito | serbio | eslovaco | sueco |
Posesivo | posesión directa de algo | posuído pola casa | inglés | quenya |
Sociativo | xunto con algo | coa casa | húngaro |
Semántica
Caso | Uso | Exemplo | atópase en |
---|---|---|---|
Disxuntivo | usado cando o suxeito se repite por énfase ou para especificar un suxeito plural | a casa e o coche, ámbolos dous están aquí | francés (só nos pronomes) |
Partitivo | usado para cantidades | tres (das) casas | estoniano | finés | saami inari |
Preposicional | cando unha preposición precede ao nome | en/con/para a casa | ruso |
Vocativo | usado para chamar a alguén, con ou sen preposición | ou, casa! O casa! casa! |
árabe | belaruso (raro) | checo | xeorxiano | grego | hindi | latín | lituano | polaco | romanés | sánscrito | serbio |
Estado
Caso | Uso | Exemplo | atópase en |
---|---|---|---|
Abesivo | falta de algo | sen a casa | erzya | estoniano | finés | saami inari |
Esivo | estado temporal de existencia | como a casa | estoniano | finés | saami inari | inuktitut | exipcio medio | saami setentrional |
Esivo-formal | marca unha condición como cualidade | como unha casa | húngaro |
Esivo-modal | marca unha condición como cualidade | como unha casa | húngaro |
Excesivo | marca unha transición desde unha condición | a partir de ser unha casa | estoniano | finés |
Translativo | cambio dunha condición a outra | (chegando a estar) na casa | erzya | estoniano | finés | húngaro |
Véxase tamén
Outros artigos
- Flexión.
- Declinación (gramática).
Bibliografía
- Case (1994), de Barry J. Blake, editado en Cambridge University Press (ISBN 0-521-44661-9)
- The Oxford handbook of case: studies in honor of Bernard Comrie (2008), editado por Greville G. Corbett, Michael Noonan en John Benjamins Publishing Company, Amsterdam & Philadelphia (ISBN 978-90-272-2994-6)
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.