From Wikipedia, the free encyclopedia
O quenya (pronunciado [ˈkʷɛn.ja]),[1] é unha das linguas ficticias inventadas por J. R. R. Tolkien e a usada polos elfos na súa saga literaria da Terra Media. Tolkien comezou a desenvolver a lingua dende 1910 e reestruturou a gramática varias veces até que o quenya alcanzou o seu estado final. O vocabulario permaneceu relativamente estable ó longo do proceso de creación. Ademais, o nome da lingua foi cambiado repetidamente por Tolkien, de elfin e qenya a quenya. A lingua finesa foi a principal fonte de inspiración, mais Tolkien tamén estaba familiarizado latín, co grego e coas linguas xermánicas antigas cando comezou a construír o quenya.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Quenya | ||
---|---|---|
Creado por: | John Ronald Reuel Tolkien | c. 1910-1973 |
Emprego e uso: | ||
Total de usuarios: | Mundo ficticio da Terra Media | |
Categoria (propósito): | Linguas artificiais | |
Escrita: | Alfabeto latino Tengwar Cirth Sarati | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: |
| |
ISO 639-3: | qya
| |
Mapa | ||
Status | ||
O corpus de textos que constitúen as fontes de coñecemento actual sobre o quenya inclúen o poema Namárië, coñecido como O lamento de Galadriel, o texto orixinal máis extenso nesta lingua, extraído da obra capital de Tolkien: O Señor dos Aneis.
Coñécese a existencia do quenya polo menos desde a primeira guerra mundial, cando Tolkien tiña pouco máis de vinte anos. A lingua foi desenvolvida ó longo da vida de Tolkien, acadando unha etapa que algúns estudosos cualifican como "madura" a partir de O Señor dos Aneis. Tolkien quixo dar unha aparencia de lingua clásica ó quenya, de xeito que intentou que tivese unha semellanza visual co latín, o que conseguiu en certo modo usando unha forma característica de transcribir o quenya ó noso alfabeto. Os dous inspiradores do quenya son pois, o latín, e o finés, sendo posible tamén algunha influencia do galés e do grego, como no caso do xenitivo plural -on e o nexo "nai" (que), posiblemente do grego "na". Todas estas influencias non foron directas de ningún modo, pois non xeraron vocabulario. Máis ben trátase dunha inspiración estética moi forte en Tolkien, - "fonoestética" segundo el mesmo.
Átaremma i ëa han ëa
na aire esselya
aranielya na tuluva
na care indómelya cemende tambe Erumande
ámen anta síra ilaurëa massamma
ar ámen apsene úcaremmar sív' emme apsenet tien i úcarer emmen.
Álame tulya úsahtienna mal áme etelehta ulcullo
násie.
O quenya ten 10 vogais básicas, diferenciadas tanto como en lonxitude como en calidade. Estas vogais son:
Pronúncianse como en galego, agás as seguintes:
As palabras en negra son termos en quenya
A sílaba tónica non se marca de forma gráfica (o til indica o alongamento da vogal na transcrición en alfabeto latino), senón que obedece ás regras de prosodia:
Considéranse longas as sílabas con:
Cando unha palabra quenya termina en -a e a seguinte empeza por vogal, o -a pode desaparecer, e ambas palabras pronúncianse como unha. En caracteres latinos represéntase mediante un apóstrofo. Elen síla lumenn'omentielvo (Unha estrela brilla na hora do noso encontro; A Irmandade do Anel).
O quenya é un idioma flexivo, o que significa que a función da palabra na frase ou caso gramatical está determinada por unha serie de afixos. As seguintes táboas amosan as inflexións.
Singular | lassë | cirya | meldo | elen | nat |
Nominativo | lassë | cirya | meldo | elen | nat |
Acusativo | lassë | cirya | meldo | elen | nat |
Xenitivo | lassëo | ciryo | meldo | eleno | nato |
Dativo | lassen | ciryan | meldon | elenen | naten |
Instrumental | lassenen | ciryanen | meldonen | elennen | natenen |
Posesivo | lasséva | ciryava | meldova | elenwa | nateva |
Locativo | lassessë | ciryassë | meldossë | elenessë | natessë |
Alativo | lassenna | ciryanna | meldonna | elenenna | natenna |
Ablativo | lassello | ciryallo | meldollo | elenello | natello |
Respectivo | lasses | ciryas | meldos | elenes | nates |
Dual | lassë | cirya | meldo | elen | nat |
Nominativo | lasset | ciryat | meldu | elenet | natu |
Acusativo | lasset | ciryat | meldu | elenet | natu |
Xenitivo | lasseto | ciryato | melduo | eleneto | natuo |
Dativo | lassent | ciryant | meldun | elenent | natun |
Instrumental | lassenten | ciryanten | meldunen | elenenten | natunen |
Posesivo | lassetwa | ciryatwa | melduva | elenetwa | natuva |
Locativo | lassetsë | ciryatsë | meldussë | elenetsë | natussë |
Alativo | lassenta | ciryanta | meldunna | elenenta | natunna |
Ablativo | lasselto | ciryalto | meldullo | elenelto | natullo |
Respectivo | lassetes | ciryates | meldus | elenetes | natus |
Plural | lassë | cirya | meldo | elen | nat |
Nominativo | lassi | ciryar | meldor | eleni | nati |
Acusativo | lassi | ciryar | meldor | eleni | nati |
Xenitivo | lassion | ciryaron | meldoron | elenion | nation |
Dativo | lassin | ciryain | meldoin | elenin | natin |
Instrumental | lassinen | ciryainen | meldoinen | eleninen | natinen |
Posesivo | lassiva | ciryaiva | meldoiva | eleniva | nativa |
Locativo | lassessen | ciryassen | meldossen | elenissen | natissen |
Alativo | lassennar | ciryannar | meldonnar | eleninnar | natinnar |
Ablativo | lassellon | ciryallon | meldollon | elenillon | natillon |
Respectivo | lassis | ciryais | meldois | elenis | natis |
Plural partitivo | lassë | cirya | meldo | elen | nat |
Nominativo | lasseli | ciryali | meldoli | eleneli | nateli |
Acusativo | lasseli | ciryali | meldoli | eleneli | nateli |
Xenitivo | lasselion | ciryalion | meldolion | elenelion | natelion |
Dativo | lasselin | ciryalin | meldolin | elenelin | natelin |
Instrumental | lasselínen | ciryalínen | meldolínen | elenelínen | natelínen |
Posesivo | lasselíva | ciryalíva | meldolíva | elenelíva | natelíva |
Locativo | lasselissë | ciryalissë | meldolissë | elenelissë | natelissë |
Alativo | lasselinna | ciryalinna | meldolinna | elenelinna | natelinna |
Ablativo | lasselillo | ciryalillo | meldolillo | elenelillo | natelillo |
Respectivo | lasselis | ciryalis | meldolis | elenelis | natelis |
O quenya conta con tres tipos de verbos, de acordo á súa terminación: en -a, en -u ou en consoantes, os así chamados "verbos primitivos"; tamén se poden distinguir cinco tempos (presente, aoristo, pasado, futuro e perfecto).
A conxugación fórmase por aglutinación, cunha orde de VSO; o suxeito pode ir implícito se xa está explicitado cun pronome separado ou se é expreso. O obxecto vai separado se o pronome tamén o está.
hautanyel (eu detéñote)= hauta (deter) + -nye (eu) + -l (te)
ou ben: Inye hauta le (eu detéñote a ti)
Primitivos | Verbos -A | Verbos -U | |
---|---|---|---|
Raíz | hir- | hauta- | allu- |
Significado | encontrar | deter | lavar |
Singular | hirë | hauta | allo |
Plural | hirir | hautar | allur |
Primitivos | Verbos -A | Verbos -U | |
---|---|---|---|
Raíz | hir- | cava- | palu- |
Significado | encontrar | escavar | estender |
Singular | híra | cávëa | pálua |
Plural | hírar | cávëar | páluar |
Primitivos | Verbos -A | Verbos -U | |
---|---|---|---|
Raíz | hir- | hauta- | allu- |
Significado | encontrar | deter | lavar |
Singular | hiruva | hautuva | allúva |
Plural | hiruvar | hautuvar | allúvar |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.