A Sociedade Nazonalista Pondal foi unha asociación independentista galega de Buenos Aires entre os anos 1927 e 1938.

Datos rápidos Tipo, Ideoloxía ...
Sociedade Nazonalista Pondal
Tipoasociación
Ideoloxíaindependentismo
Data de fundación1927
Nomeado en referencia aEduardo Pondal
SedeBuenos Aires
PaísArxentina
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar
Thumb
Insignia da Sociedade Nazonalista Pondal, 1929

Traxectoria

En 1927 a Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires converteuse na asociación cultural Sociedade d'Arte Pondal, que axiña adoptou o novo nome de Sociedade Nazonalista Pondal. Fundada por Moisés da Presa, Bernardo Souto, Clemente López Pasarón, Lino Pérez e Bieito Fernández Álvarez. Posuía un voceiro chamado A Fouce, o cal saíu ata 1938.[1]

A Sociedade Nazonalista Pondal foi a unha das primeiras asociacións importante que avogou pola plena independencia de Galicia, e mesmo tratou de promover un partido independentista en Galicia, sen moito éxito. A persoa en quen ía recaer en Galicia a creación dese partido sería Álvaro de las Casas, quen impulsara en febreiro de 1932 os primeiros grupos Ultreya.[2]

En 1938 autodisolveuse para favorecer a unidade do galeguismo mentres Galicia permanecese baixo un réxime ditatorial, e a maioría dos seus membros integráronse no Grupo Galeguista de Bos Aires. A SNP contou nos seus anos de existencia con arredor de 100 socios.

Entre 1938 e 1941 os seus membros participaron da reorganización patriótica galega no exilio, poñendo a súa experiencia militante ao servizo da mesma. Os tres vogais da primeira directiva da Irmandade Galega foron antigos membros da SNP (Vicente Barros, Pedro Campos Couceiro e Xohán González). No 1941 relanzouse A Fouce, que se volveu publicar ata 1944 [1] e da que Vicente Barros, foi o novo director.[3]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.