xornalista e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Moisés Presa Esmerode, coñecido como Moisés da Presa, nado en Vigo o 11 de maio de 1904 e morto en Buenos Aires o 4 de xaneiro de 1981, foi un escritor e galeguista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de maio de 1904 Vigo, España |
Morte | 4 de xaneiro de 1981 (76 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
En 1920, con 15 anos, emigrou cos seus pais a Arxentina. De inclinación galeguista e independentista foi membro de sociedades galegas, estivo presente na formación da Sociedade Nazonalista Pondal (1925) e colaborou na súa revista A Fouce. Na década de 1930 adheriuse á Federación de Sociedades Gallegas, pero pouco despois foi expulsado. Foi membro do Consello de Galiza. Co alcume de Lourenzo Fragoso escribiu para A Nosa Terra de Buenos Aires e tamén colaborou en Opinión Gallega, Vieiros e no boletín do Consello de Galiza. Entre 1942 e 1947 reeditou A Fouce. Visitou Galicia en 1951, e retornou novamente en 1966; na súa estancia en Vigo contactou cos galeguistas da editorial Galaxia. Nos últimos anos integrouse na Hermandad Gallega. En 1972 publicou en Edicións Nós de Buenos Aires o libro de relatos Chuvia... e outras narracións e deixou inédita a novela Historia dunha saudade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.