organización política galeguista da Arxentina From Wikipedia, the free encyclopedia
A Irmandade Galega de Bos Aires foi unha organización política galeguista da Arxentina que se fundou en 1941 pola unión do Grupo galeguista de Buenos Aires e membros da Sociedade Nazonalista Pondal.
Irmandade Galega | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 1941 |
Sede | Buenos Aires |
País | Arxentina |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nun primeiro momento estivo dirixida por Manuel Puente, Rodolfo Prada e Xosé Abraira, máis tarde virou cara a esquerda e o independentismo dirixida por Moisés da Presa, Bieito Cupeiro, Manuel Pedreira, Bernaldo Souto e Ricardo Flores.
Comezou a editar o periódico A Nosa Terra en xuño de 1942. Ese mesmo ano instituíu o 17 de agosto como Día dos Mártires en recordo do fusilamento de Alexandre Bóveda e a represión contra os galeguistas durante a guerra civil española e a posguerra.
Houbo seccións da IG en Buenos Aires, La Plata, Mar del Plata, Rosario, Mendoza e fóra da Arxentina en Montevideo e Santiago de Chile.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.