From Wikipedia, the free encyclopedia
Sinope (ou en grego Σινώπη), é unha lúa de movemento retrogrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por Seth Barnes Nicholson dende o Observatorio Lick no ano 1914,[4] e recibiu máis tarde o nome de Sinope, procedente da mitoloxía grega. Sinope non recibiría o seu nome oficial ata o ano 1975,[5][6] antes dese ano era simplemente coñecida coma Xúpiter IX. Foi chamada ás veces "Hades"[7] entre os anos 1955 a 1975.
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | S. B. Nicholson |
Descuberta no | 21 de xullo de 1914 |
Designación alternativa | Xúpiter IX |
Características orbitais | |
Raio orbital medio | 23.540.000 km[1] |
Periapse | 18.237.600 km |
Apoapse | 30.191.200 km |
Excentricidade | 0,25[1] |
Período orbital | 724,1 d (1,95 a)[1] |
Inclinación | 128,11° (respecto da eclíptica) 153,12° (respecto do ecuador de Xúpiter)[1] |
Velocidade orbital | 2,252 km/s |
Satélite de | Xúpiter |
Características físicas | |
Raio medio | ~19 km[2][3] |
Área superficial | ~4.500 km² |
Volume | ~28.700 km3 |
Masa | ~7,5 x 1016 kg |
Densidade media | 2,6 g/cm3 asumida[2] |
Gravidade superficial | ~0,014 m/s2 (0,001 g) |
Velocidade de escape | ~0,023 km/s |
Albedo | 0,04 (asumido)[2][3] |
Temperatura | ~124 K |
Sinope era a lúa máis afastada de Xúpiter, antes de que se descubrirá a Megaclite no ano 2000. Actualmente a lúa máis afastada de Xúpiter é a lúa designada temporalmente coma S/2003 J 2.
Sinope orbita Xúpiter nunha órbita retrograda cunha grande excentricidade e tamén cunha grande inclinación. Os seus elementos orbitais foron tomados en xaneiro do ano 2000.[1] Pero estes parámetros están en continuo cambio debido as perturbacións solares e do propio planeta Xúpiter sobre a órbita de Sinope. Normalmente é asignada ó grupo de satélites Pasífae,[3] pero dada a inclinación que ten e que a súa cor difire da cor da meirande parte dos membros do grupo, Sinope podería ser un obxecto independente, capturado por separado, e sen ter relación coa colisión e esnaquizamento do obxecto proxenitor do grupo Pasífae.[8] O diagrama ilustra os elementos orbitais de Sinope en relación cos outros satélites do grupo.
Sinope tamén é coñecida por estar nunha resonancia orbital con Xúpiter, de xeito semellante a Pasífae. Pero Sinope pode escapar desta resonancia, tendo períodos de resonancia e non resoantes que abarcan escalas de tempo de 107 anos.[9]
Estimouse que o diámetro de Sinope é duns 38 km (asumindo un albedo de 0,04)[3] A lúa é de cor vermella (índices de cor B-V=0,84 V-R=0,46),[8] caso contrario ó de Pasífae que é de cor gris. O seu espectro infravermello é semellante ó dos asteroides tipo D, que difire tamén do espectro de Pasífae, que é semellante ó dos asteroides tipo C.[10] Estas diferenzas nos parámetros físicos suxiren unha orixe diferente respecto dos membros do núcleo do grupo de satélites Pasífae.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.