Pasífae (ou en grego Πασιφάη) é unha lúa de movemento retrogrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta no ano 1908 por Philibert Jacques Melotte[4][5] e recibiría máis tarde o nome mitolóxico de Pasífae. Na mitoloxía grega, Pasífae era a muller de Minos e nai do Minotauro.

Datos rápidos Descubrimento, Descuberta por ...
Pasífae
Descubrimento
Descuberta por P. J. Melotte
Descuberta no 27 de xaneiro de 1908
Designación alternativa Xúpiter VIII
Características orbitais
Raio orbital medio 24.094.770 km[1]
Periapse 16.980.250 km[1]
Apoapse 31.209.300 km[1]
Excentricidade 0,2953[1]
Período orbital 764,082032 d (2,092 a)[1]
Inclinación 145,24° (respecto da eclíptica)
143,04° (respecto do ecuador de Xúpiter)[1]
Velocidade orbital 2,242 km/s
Satélite de Xúpiter
Características físicas
Raio medio 30 km[2]
18? km[3]
Área superficial ~11.300 km²
Volume ~113.000 km3
Masa ~3,0 x 1017 kg
Densidade media 2,6 g/cm3 asumida[2]
Gravidade superficial ~0,022 m/s2 (0,002 g)
Velocidade de escape ~0,036 km/s
Albedo 0,04 (asumido)[2]
0,10[3]
Temperatura ~124 K
Pechar

Foi vista por primeira vez nunha placa tomada no Royal Greenwich Observatory, na noite do 28 de febreiro de 1908. Na inspección de placas previas, sería detectada a lúa nunha placa tomada o 27 de xaneiro. Recibiu a designación provisional 1908 CJ, ó principio non estaba moi claro se era unha lúa de Xúpiter ou un asteroide. A confirmación de que era unha lúa de Xúpiter chegaría o 10 de abril.[6] Pasífae non recibiría o seu nome oficial ata o ano 1975;[7], antes dese ano era simplemente coñecida coma Xúpiter VIII. Foi chamada ás veces "Poseidón"[8] entre os anos 1955 a 1975.

Órbita

Thumb
Satélites irregulares retrógrados de Xúpiter.

Pasífae órbita Xúpiter nunha órbita retrograda cunha grande excentricidade e tamén cunha grande inclinación. Esta lúa dálle o seu nome ó grupo de satélites Pasífae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de quilómetros, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.[9] Os seus elementos orbitais foron tomados en xaneiro do ano 2000.[1] Pero estes parámetros están en continuo cambio debido as perturbacións solares e do propio planeta Xúpiter sobre a órbita de Pasífae. O diagrama ilustra a órbita de Pasífae en relación a outros satélites irregulares retrógrados de Xúpiter. Os segmentos amarelos representan a excentricidade orbital que se estenden dende o pericentro ó apocentro. A lúa de galileo máis exterior, Calisto, foi posta coma referencia.

Pasífae tamén é moi coñecida por estar nunha resonancia orbital secular con Xúpiter (facendo coincidir a lonxitude da súa periapse coa lonxitude do perihelio de Xúpiter).[10]

Características físicas

Cun diámetro estimado de 58 km, Pasífae é a lúa retrógrada irregular máis grande de Xúpiter e a terceira máis grande entre tódalas lúas irregulares de Xúpiter, só por detrás das lúas Himalia e Elara.

As medicións espectroscópicas no infravermello indican que Pasífae ten un espectro semellante ós dalgún dos tipos de asteroides existentes, o cal fai sospeitar dunha posible orixe asteroidal. De feito pénsase que esta lúa podería se-lo fragmento dun asteroide capturado, así coma as outras lúas do grupo de satélites Pasífae.[11][12]

No espectro visible, Pasífae aparece gris (índices de cor B-V=0.74 V-R=0.38), de xeito semellante ós asteroides tipo C.[13]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.