From Wikipedia, the free encyclopedia
A Serbia Branca ou Bojka (en serbio Белa Србиja; arcaico Бојка, en grego antigo Boĩki), é o mítico fogar dos devanceiros dos serbios, dos serbios brancos (en serbio Бели Срби, Beli Srbi).[1][2]
Unha zona adxacente á Serbia Branca coñécese como Croacia Branca, na que os croatas tamén din teren a súa orixe.
A Serbia Branca e os seus habitantes poden interpretarse con cualificativos como serbios "non bautizados" ou "pagáns" (precristiáns), de acordo co De Administrando Imperio.[1]
O termo Serbia Branca (Bela Srbija) está relacionado con Беларусь Belarús (ou Rusia Branca), neste caso pode referirse a que sexa unha terra "sen bautizar", en relación cos serbios dos Balcáns que eran cristiáns.[Cómpre referencia]
Bojka, (Boĩki, usado en grego antigo, derivado do protoeslavo *bojь = batalla, guerra, loita) pode relacionarse co grupo étnico ucraíno, os Boyko, e coa tribo celta dos Boii, que vivían no século II a.C. na conca danubiana.[Cómpre referencia]
A localización da Serbia Branca é controvertida. Foi descrita como situada en:
Os serbios brancos eran unha tribo de polabios eslavos[10] que vivían en Europa Central, ao lado da Croacia Branca.
A tribo era gobernada por un arconte, que foi sucedido por dous fillos, un deles, o chamado Arconte Descoñecido, levou a unha parte da súa tribo en armas contra terras bizantinas durante o goberno do emperador Heraclio (610-641). Mentres Heraclio loitaba contra os persas os ávaros convertéronse nunha gran ameaza nas fronteiras do Imperio bizantino, tomando cidades como Singidunum (Belgrado), Viminacium (Kostolac), Naissus (Niš), Sardica (Sofía) e ocasionando a destrución de Salona en 614.
Neste momento os serbios entraran en contacto co emperador. Os serbios brancos recibiron do emperador Heraclio, en primeiro lugar, a zona de Serbia grega (en grego Σέρβια, Serbia) na provincia de Tesalónica como un agasallo tras a súa vitoria contra os ávaros de Dalmacia.
Os serbios brancos estableceron pronto contacto co stratego bizantino de Singidunum (a moderna Belgrado) e establecéronse nas terras serbias, hoxe Bosnia e Hercegovina, Croacia, Montenegro e Serbia Central, administraddsas mediante as župas de Pagania, Rascia, Travunia, Doclea, Bosnia e Zachlumia, territorios incorporados todos eles, no século XIV, ao Imperio serbio.
Os descendentes dos serbios brancos (ou protoserbios) son os serbios actuais e os sorbios de Lusacia (que en lingua soraba é Serbja).[11][12]
Fredegario, cronista do Imperio carolinxio, meciona a Dervano ( Dervanus) na súa crónica como "dux gente Surbiorum que ex genere Sclavinorum ("gobernador do pobo dos serbios, da nación dos eslavos (esclavenos)"[13]
Este é o primeiro gobernante da tribo que aparece mencionado polo seu nome en toda a historia. Fredegario di que fora un subordinado dos francos durante moito tempo. Despois da derrota do rei franco Dagoberto I polo rei eslavo Samo cerca de Wogastisburgo en 631-632 Dervano declarou a súa independencia dos francos e "el e o seu pobo pasaron ao Imperio de Samo".
Dervano uniuse a Samo nas súas posteriores guerras contra os francos. Novos informes de Fredegario indican que Dervano e a súa xente vivían ao leste do saxón Saale. A referencia a Dervano en 631/632 tamén é a primeira confirmación escrita da presenza dos eslavos ao norte de Erzgebirge.
Dervano loitou contra os Thuringii (turinxios) en 631-634, e foi finalmente derrotado polo duque Randulf, gobernador de Turinxia no 636.
A seguinte mención dos sorbios é o Estado de Miliduch e o seu duque Nussito, que liberou os sorbios do Imperio franco, pero posteriormente foi asasinado durante as campañas dos francos en 806 por Carlos o Novo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.