From Wikipedia, the free encyclopedia
Samo, tamén coñecido como o rei Samo foi o primeiro gobernante eslavo do que se coñece o nome.[1] Ao parecer era un comerciante franco que, aproveitando unha derrota dos ávaros ante os bizantinos, sublevou aos eslavos contra os ávaros, formando, con axuda franca, un efémero reino que se estendía sobre gran parte das tribos eslavas (checos, moravos, eslovacos, eslovenos e algúns máis do sur), desde o Elba até as proximidades do Adriático.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 558 ↔ 623 Sens, Francia |
Morte | 658 (Gregoriano) |
Rei Samo's Empire (en) | |
623 – 658 | |
Actividade | |
Campo de traballo | Goberno |
Lugar de traballo | Reino franco |
Ocupación | comerciante, Xefe tribal |
Familia | |
Fillos | Moravod |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pomněnky ze slavných dob národa českého |
Como tal rei, identifícase como o fundador dos reinos nas historiografías de Bohemia e Eslovaquia. Pero é difícil separar o real do lendario. Achados arqueolóxicos indican que o Reino ou "Imperio" de Samo abarcaba os actuais territorios da República Checa, Eslovaquia, Austria, Lusacia, e Eslovenia.
Existe controversia sobre a súa nacionalidade. Segundo a historiografía francesa era franco, como afirma Fredegario no Fredegarii Chronicon, onde di que é do Pagus Senonagus, polo que a maioría dos autores antigos quixeron ver aí Senonico (rexión de Sens, Yonne, Francia).
Pero outros autores pensan doutra forma.[2][3][4][5]
Martin Bousquet explica que as notas marxinais que facían de Pago Senonago, pro senonico (o senonés) son erróneas e que el considera que Pago Senonago é Sengaw (o territorio do Senne), é dicir, Soignies, Hainaut, (Bélxica).
Et plerique in margine habent senonico: quod fortè senones, Sens, celebrum in Gallia populum hic designari putarent. At alii malunt hunc locum interpretari de pago senonago, sengaw, in hanonia, ubi Sonegia, nostris Soignies, habetur.Dom Martin Bousquet, Recueil des historiens de Gaules et de la France, Paris, 1739.
Porén, para outros, segundo a Conversio Bagoariorum et Carantanorum (Conversión dos bávaros e os carantanios), escrita ao redor do ano 872 en Salzburgo, Samo era un comerciante carantanio, isto é, esloveno.
Samo comerciaba coas tribos eslavas. Era un xefe de escolta militar das caravanas de mercadores.
Todos os anos, desde o final do século V, os ávaros entraban na terra dos eslavos para saqueala. Quedaban alí durante todo o inverno, reducindo aos eslavos como escravos e tomando ás súas esposas e fillas como concubinas.
Os eslavos organizan en 620 a súa defensa, e escollen a Samo como xefe.[6]. Cando os ávaros regresaron ao ano seguinte, foron completamente derrotados.
Samo decide quedar. Pagán ao igual que os seus compañeiros de combate, con eles vive como un líder militar ao servizo das tribos eslavas, encargado de organizar a súa defensa. As tribos que o recoñecen como Príncipe son os moravos e os checos, e pode que a extensión xeográfica alcanzase Eslovaquia, a Baixa Austria e Carintia. As fronteiras do reino de Samo son en realidade pouco coñecidas, pero probabelmente ían máis alá das fronteiras actuais da República Checa.
Sen dúbida as tribos pagaban tributo ao príncipe e aos seus exércitos, pero o groso dos recursos proviñan do saqueo dos países circundantes. Os eslavos, dirixidos polo rei Samo, lograron derrotar todos os ataques dos ávaros. Pero tamén se viron obrigados a loitar contra os francos, xa que houbo incidentes con comerciantes deste pobo asasinados, e aos que tamén se lles roubaran os bens.[7]
O acontecemento máis famoso do seu reinado foi a vitoria do seu exército contra o exército real dos francos dirixido polo mesmo rei, Dagoberto I, no ano 631. Samo é atacado no seu bastión de Wogastisburg, en latín castrum Wogastisburc (a situación exacta desta fortificación non se coñece), polo que se coñece como a batalla de Wogatisburgo. Como consecuencia da dura derrota dos francos, os sorabios abandonáronos e uníronse ao reino de Samo.
Samo tivo doce esposas e deixou á súa morte 22 fillos e 15 fillas. Pero o seu intento non prosperou, e o reino de Samo desapareceu sen rastro á súa morte en 658.[8]
Samo reinou desde o ano 623 até o 658, e estableceu o primeiro estado eslavo do que se ten rexistros históricos, unindo baixo o seu reino aos checos, sorabios, moravos (eslovacos) e carantanios (eslovenos).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.