lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Tomiño From Wikipedia, the free encyclopedia
Riás é un lugar da parroquia de Piñeiro, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 51 habitantes (24 homes e 27 mulleres). É o lugar máis próximo á parroquia tudense de Pexegueiro.
Riás | |
---|---|
Parroquia | Piñeiro |
Concello | Tomiño |
Coordenadas | 42°01′26″N 8°41′59″O |
Poboación | 51 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Comparte con ese lugar un anaco de ribeira do río Furnia, río troiteiro que agora está ameazado pola instalación dunha estación depuradora de augas residuais. Neste río atópase unha ponte romana que comunica as parroquias de Piñeiro e Sobrada. A cada lado dela hai dous muíños, cunha repartición de uso en horas.
Neste lugar tamén se sitúa un centro terapéutico de drogodependentes, denominado "Alborada". Hai un lavadoiro que agora non se utiliza. Ó carón atópase a poza de Parada que se usa para regar os campos lindeiros.
Lugares da parroquia de Piñeiro no concello de Tomiño (Pontevedra) | |
---|---|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.